Olympique de Marseille
O Olympique de Marseille é un club de fútbol francés, da cidade de Marsella. Foi fundado en 1899 e xoga na Ligue 1 francesa.
Olympique de Marseille | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Nome | Olympique de Marseille | |||
Alcume(s) | L'OM, les Phocéens, les Marseillais | |||
Fundación | 1899 | |||
Estadio | Stade Vélodrome, Marsella, Francia | |||
Inauguración | 13 de xuño de 1937 | |||
Capacidade | 67.186 | |||
Presidente | ![]() | |||
Adestrador | ![]() | |||
Liga | Ligue 1 | |||
2016–17 | 5º | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Na rede | ||||
http://www.om.net/ | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
| ||||
O club xoga os seus partidos de local no Stade Vélodrome desde 1938 e dentro do seu palmarés conta con 9 títulos da Ligue 1, 10 Copas de Francia, 3 Copas da Liga, 2 Supercopas de Francia e unha Liga de Campións da UEFA obtida en 1993.
Historia
editarO Olympique de Marseille foi fundado en 1899 como club oficial e en 1902 como equipo de baloncesto e balonmán.
En 1924 o equipo consegue o seu primeiro título, a Copa de Francia, e en 1937 gaña a súa primeira Liga.
Na tempada 1992-93 o equipo consegue a Liga de Campións, ante o AC Milan italiano, converténdose no único equipo de Francia en conseguir devandito título.
Os seus títulos máis recentes son a Ligue 1 e unha Copa da Liga, ambas conseguidas en 2010.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta branca con vivos celestes, mangas brancas con bandas celestes, pantalón branco con bandas celestes, medias brancas cunha raia celeste e unha raia azul mariño.
- Uniforme alternativo: Camiseta celeste, pantalón celeste con bandas azul mariño nos laterais, medias azuis cunha raia azul mariño.
- Terceiro uniforme: Camiseta negra con bandas amarela nas mangas, pantalón negro con bandas amarela nos laterais, medias negras con raias amarela.
Estadio
editarO Olympique de Marseille xoga de local no Stade Vélodrome desde 1938, cando abandona o antigo Stade de l'Huveaune que pertencía ao equipo.
- Artigo principal: Stade Vélodrome.
O Vélodrome foi construído en 1937, ampliado en 1984 e 1998, na actualidade conta cunha capacidade de 60.031 espectadores. Albergou 2 partidos do Mundial 1938, 7 partidos do Mundial 1998, 2 partidos da Eurocopa 1960 e 2 partidos da Eurocopa 1984.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 59
- Tempadas en 2ª: 12
- Mellor posto na Ligue 1: 1º (1929, 1937, 1948, 1971, 1972, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993 e 2010)
- Peor posto na Ligue 1: Último (1959 e 1963)
- Maior goleada conseguida:
- En campionatos nacionais: Marsella 10-2 Roubaix (1948, liga), Marsella 8-0 Alès (1948, liga) e Marsella 19-0 Saint-Raphaël (1933, Copa)
- En torneos internacionais:: Marsella 7-1 Luxemburgo (03-10-1973) (Copa da UEFA) e Marsella 6-0 CSKA Moscova (17-03-1993) (Liga de Campións)
- Maior goleada encaixada:
- En campionatos nacionais: Olympique Lyonnais 8-0 Marsella (tempada 96-97)
- En torneos internacionais: Colonia 6-0 Marsella (06-11-1973) (Copa da UEFA)
- Maior racha sen perder: 23 partidos (Xornada 15ª 83/84 (D2) a 1ª 84/85 (D1))
- Máximo de partidos gañados nunha tempada de liga: 24 (1970-71)
- Máximo de partidos gañados consecutivamente nunha tempada de Ligue 1: 8 (Tempadas 1936/37 e 1998/99)
- Maior número de partidos consecutivos sen perder en casa: 38
- Marca de imbatibilidade en casa: 2940 días (2 anos e 23 días)
- Maior número de goles marcados nunha tempada: 95 (1948-49)
- Máximo goleador: Gunnar Andersson con 187 goles
- Máis partidos disputados: Roger Scotti con 453 partidos
Xogadores
editarCadro actual
editar- Actualizado o 31 de agosto de 2012.
|
|
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Ligue 1 (9): 1937, 1948, 1971, 1972, 1989, 1990, 1991, 1992, 19931, 2010
- Subcampión da Ligue 1 (11): 1938, 1939, 1970, 1975, 1987, 1994, 1999, 2007, 2009, 2011, 2013
- Ligue 2 (1): 1995
- Subcampión da Ligue 2 (3): 1966, 1984, 1996
- Copa de Francia (10): 1924, 1926, 1927, 1935, 1938, 1943, 1969, 1972, 1976, 1989
- Subcampión da Copa de Francia (8): 1934, 1940, 1954, 1986, 1987, 1991, 2006, 2007
- Copa da Liga (3): 2010, 2011, 2012
- Copa Charles Drago (1): 1957
- Supercopa de Francia (3): 1971, 2010, 2011
- Subcampión da Supercopa de Francia (2): 1969, 1972
- O Olympique de Marseille, campión naquela tempada, foi desposuído do título e descualificado da competición por un asunto de corrupción, e iso antes de que a xustiza chegue a un veredicto. O Paris Saint-Germain rexeito o título para non ser participe da polémica.
Torneos internacionais
editar- Liga de Campións da UEFA (1): 1993
- Subcampión da Liga de Campións (1): 1991
- Copa Intertoto (1): 2005
- Subcampión da Copa da UEFA (2): 1999, 2004
Torneos amigables
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olympique de Marseille |