SK Rapid Wien

club de fútbol austríaco

O Sportklub Rapid Wien, coñecido como Rapid Viena, é un club de fútbol austríaco con sede en Viena. Fundado en 1897, é o club máis laureado da Bundesliga austríaca, con 32 títulos, incluída a edición inaugural na tempada 1911/12. Ademais gañou 14 veces a Copa de Austria e trala anexión de Austria pola Alemaña nazi, proclamouse vencedor do campionato alemán de 1941. O Rapid chegou en dúas ocasións á final da Recopa de Europa, en 1985 e 1996, perdendo en ambas as ocasións. Disputa os seus partidos como local no estadio Gerhard Hanappi, en Hütteldorf, no distrito vienés de Penzing.

Rapid Viena
NomeSportklub Rapid Wien
Fundación22 de xullo de 1897 (126 anos)
EstadioAllianz Stadion,
Viena, Austria
Inauguración2016
Capacidade28,345
PresidenteAustria Martin Bruckner
AdestradorAustria Ferdinand Feldhofer
LigaBundesliga austríaca
2022/234.º
Na rede
skrapid.at
Facebook: skrapid Twitter: skrapid Instagram: skrapid1899 Youtube: UCq5b1tgLbHM4DWzXdxxM1yQ Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Historia

editar
 
O 1. Arbeiter FC en 1898.

O club foi fundado en Viena en 1897 co nome de Erster Wiener Arbeiter-Fußball-Club ("Primeiro Club de Fútbol Obreiro de Viena"). As cores orixinais do equipo eran o vermello e o azul, que o club aínda adoita usar a miúdo nos partidos como visitante. O 8 de xaneiro de 1899 recibiu o seu actual nome de Sportklub Rapid Wien, seguindo o exemplo do Rapide Berlin.[1] En 1904 as cores do equipo foron cambiadas a verde e branco. O club gañou o primeiro campionato nacional de Austria na tempada 1911/12 por un só punto,[2] e revalidou o título na tempada seguinte.[3]

Período de entreguerras

editar

O Rapid foi o club dominante do fútbol austríaco durante o período de entreguerras, unha época na que Austria era unha das principais nacións futbolísticas do continente europeo. Entre 1919 a 1921 gañou tres campionatos consecutivos.[4] Despois da anexión de Austria pola Alemaña nazi en 1938, o Rapid uniuse ao sistema de fútbol alemán, xogando na primeira división rexional Gauliga Ostmark xunto con clubs como o Wacker Wien e o Admira Vienna. En 1938, o Rapid proclamouse campión da Tschammerpokal, predecesora da actual DFB-Pokal, en cunha vitoria por 3-1 sobre o FSV Frankfurt, e en 1941 conquistou o campionato alemán ao derrotar na final ao Schalke 04, o mellor club alemán da época. O equipo foi capaz de remontar un 3-0 adverso na parte final do partido, con catro goles en 11 minutos, tres deles obra de Franz Binder.

Posguerra

editar

Como campión austríaco da tempada 1954/55, o Rapid foi o representante do país na edición inaugural da Copa de Europa. No primeiro encontro goleou por 6-1 ao PSV, cun triplete de Alfred Körner, o que lle serviu para pasar á segunda fase, a pesar de perder 1-0 no partido de volta. No partido de ida dos cuartos de final empatou 1-1 na casa contra o Milan, antes de caer goleado por 7-2 na volta en San Siro, quedando así eliminado.[5]

A mellor actuación do Rapid na Copa de Europa tivo lugar na tempada 1960/61, cando chegou ás semifinais, onde foi eliminado polo Benfica, posterior vencedor do torneo.[5]

 
Gráfico histórico do rendemento en liga do Rapid Wien.

O club viuse envolto nun episodio polémico en 1984 cando eliminou ao Celtic dos oitavos de final da Recopa de Europa. O Celtic gañaba 4-3 no resultado global e cando quedaban 14 minutos de eliminatoria o Rapid concedeu un penalti. Mentres os xogadores do Rapid protestaban ante os árbitros, o seu defensa Rudolf Weinhofer caeu ao chan e afirmou que fora alcanzado por unha botella lanzada dende a bancada. Con todo, as imaxes televisivas mostraron claramente que se lanzou unha botella ao terreo de xogo pero que esta non golpeou a Weinhofer. O partido rematou 4-3, pero o Rapid apelou á UEFA para que se repetise e ambos os equipos foron multados. O recurso de repetición foi rexeitado inicialmente, pero o Rapid apelou por segunda vez. Nesta ocasión duplicouse a multa ao Rapid pero a UEFA tamén estipulou que o partido se repetise a máis de 160 km do estadio do Celtic. O partido disputouse o 12 de decembro de 1984 en Old Trafford, Manchester, e o Rapid gañou 1-0 mediante un gol de Peter Pacult.[6]

 
Estadio Ernst-Happel

O Rapid continuou avanzando fases e acadou a final, que acabou perdendo por 3-1 ante o Everton en Rotterdam. Volveu chegar a unha final da mesma competición 11 anos despois, volvendo perder, esta vez por 1-0 ante o Paris Saint-Germain en Bruxelas.[7]

O Rapid alcanzou a fase de grupos da Liga de Campións por última vez na edición de 2005/06 tras vencer na previa ao F91 Dudelange de Luxemburgo por un resultado global de 9-3 e ao Lokomotiv Moscova por 2-1. Finalmente quedaron últimos do seu grupo tras perder todos os seus partidos contra o Bayern de Múnic, a Juventus e o Club Brugge.[5]

Estadio

editar
 
Steffen Hofmann celebrando a Bundesliga de 2008.
 
Foto do equipo da tempada 2010-2011

O Rapid disputa os seus encontros como local no Allianz Stadion, inaugurado en 2016. Anteriormente, dende 1977, xogou no estadio Gerhard Hanappi, situado no mesmo lugar e que levaba o nome do seu arquitecto, Gerhard Hanappi, que ademais fora xogador do club de 1950 a 1965.[8] Durante o tempo que durou a construción do novo estadio, o o Rapid xogou os seus partidos como local no estadio Ernst Happel.

Palmarés

editar
  • Bundesliga de Austria (32): 1911–12, 1912–13, 1915–16, 1916–17, 1918–19, 1919–20, 1920–21, 1922–23, 1928–29, 1928–29, 31, 3, 3, 3 –38, 1939–40, 1940–41, 1945–46, 1947–48, 1950–51, 1951–52, 1953–54, 1955–56, 1956–57, 1956–57, 1951–69 61 61 61 61, 1967–68, 1981–82, 1982–83, 1986–87, 1987–88, 1995–96, 2004–05, 2007–08.

Adestradores

editar
  1. "Stein der Erinnerung für Wilhelm Goldschmidt". skrapid.at (en alemán). 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  2. "Austria 1911/12". rsssf.org (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  3. "Austria 1912/13". rsssf.org (en alemán). Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  4. "Austria - List of Champions". rsssf.org (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "SK Rapid Wien". UEFA (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  6. "Erinnerungen an Hassduell". sportv1.orf.at (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  7. "European Champions' Cup Finals 1961-99". rsssf.org (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  8. "Das grün-weiße Jahrhundertprojekt: Unser neues Stadion". skrapid.at (en inglés). 10 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2014. Consultado o 7 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar