Villarreal Club de Fútbol

(Redirección desde «Villarreal CF»)

O Villarreal Club de Fútbol (en valenciano: Vila-real Club de Futbol) é un club de fútbol español da cidade de Vila-real, na provincia de Castelló. Foi fundado no ano 1923 e compite na Primeira División.

Villarreal
NomeVillarreal Club de Fútbol
Alcume(s)Submarino Amarillo
Fundación1942
EstadioEstadio de la Cerámica,
Vila-real, España
Inauguración1923
Capacidade25.000
PresidenteEspaña Fernando Roig
AdestradorEspaña Unai Emery
LigaPrimeira División
2019–20
VestimentaXtep
Na rede
http://www.villarealcf.es/
Facebook: villarrealcf Twitter: VillarrealCF Instagram: villarrealcf Youtube: UC0MLWyQ0L7uEZY8wbkDSTkw TikTok: villarrealcf Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

En 2008 acadou o subcampionato de Liga e en 2021 conseguiu o seu primeiro título, gañando a final da Europa League contra o Manchester United. Anteriormente, na tempada 2005-06, chegou ata as semifinais na Liga de Campións da UEFA, converténdose no mellor equipo debutante da competición baixo ese nome, sendo adestrador Manuel Pellegrini, o técnico máis exitoso da historia do club, que tamén foi subcampión de liga.

Historia

editar

O equipo xogou en divisións inferiores ata que na tempada 1997–98 acabou cuarto da Segunda División. Na promoción de ascenso a Primeira División xogou contra o SD Compostela, empatando os dous partidos, pero grazas ao valor dobre dos goles en campo contrario ascendeu á primeira categoría. O gol que supuxo o ascenso fíxoo Alberto Saavedra. Debutou por primeira vez neste torneo o 31 de agosto de 1998 contra o Real Madrid CF.

Gañou a Copa Intertoto no verán de 2003 clasificándose así para a Copa da UEFA. Na seguinte tempada o Villarreal acadou as semifinais da Copa da UEFA 2003–04, perdendo ante o seu veciño e finalmente campión Valencia CF. Con todo, ese verán volveu gañar a Copa Intertoto de novo, clasificándose para a Copa da UEFA da seguinte tempada, na que lograrían un novo grande éxito.

Na tempada 2004–05 quedou terceiro na Primeira División, tralo FC Barcelona e o Real Madrid CF, o que lles levou a xogar a Liga de Campións. Na fase de grupos, conseguiu eliminar a clubs de prestixio mundial coma o Manchester United inglés, o Glasgow Rangers escocés, ou o Inter de Milán italiano. O soño da final quedou frustrado polo Arsenal que eliminou o Villareal nas semifinais.

Na tempada 2007–08 cun balance de 17 vitorias, 5 empate e 7 derrotas en 29 xornadas, o Villarreal asinou o seu mellor arranque ligueiro da historia, con 56 puntos, a tan só 6 puntos do Real Madrid CF. O 4 de maio de 2008, tras gañar ao Recreativo de Huelva no Nuevo Colombino (0–2), e tras a derrota do FC Barcelona no Santiago Bernabéu (4–1), o Villarreal asegurouse matematicamente o subcampionato ligueiro a falta de dúas xornadas, co que participarían por segunda vez na súa historia na Liga de Campións da UEFA, esta vez sen disputar a fase previa. E isto de man de Manuel Pellegrini.

 
Partido disputado entre o Deportivo da Coruña e o Villarreal CF.

Na tempada 2011–12, tras cambiar de adestrador en dúas ocasións (Juan Carlos Garrido comezou a campaña, sendo substituído por José Francisco Molina e este por Miguel Ángel Lotina) e tras xogar doce anos consecutivos na máxima categoría, o Villarreal CF retornou á Segunda División. O descenso consouse na derradeira xornada do campionato cunha derrota en El Madrigal contra o Atlético de Madrid (0–1).

O 6 de xuño de 2012 anunciouse que o adestrador na nova etapa en Segunda División sería Manuel Preciado, falecendo un día despois, sen chegar a ser presentado.[1] Finalmente foi Julio Velázquez o adestrador, que sería substituído logo dunha primeira volta irregular por Marcelino García Toral. O equipo acabou en segunda posición, volvendo a Primeira División só un ano despois do descenso.

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón amarelo e medias amarelas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis escuras.

Estadio

editar
 
Vista do Estadio de la Cerámica.
Artigo principal: Estadio de la Cerámica.

O estadio no que xoga o equipo é o estadio de la Cerámica. Inaugurouse o 17 de xuño de 1923 baixo o nome de Campo del Villarreal, cun partido entre o CD Castellón e o Cervantes. En 1925 pasou a chamarse El Madrigal, nome que mantería ata 2017, na honra dos antigos terreos onde se atopa o recinto deportivo. Actualmente ten unha capacidade de 25.000 espectadores e unhas dimensións de 105 por 68 metros.

Durante a súa historia sufriu varias remodelacións. A primeira remodelación levou a cabo no verán de 1952. Durante os anos 60 o club construíu unha pequena cuberta, e durante os anos 1971/72 as gradarías da parte sur do estadio foron terminadas. No 1988 a galería foi demolida para construír unha nova. Para o 75º aniversario do estadio, o club comezou novas renovacións. As gradarías do sur foron novamente demolidas, para instalar unhas novas con cuberta e un anfiteatro, tamén un centro VIP. A cabeceira norte foi reconstruída, culminando os traballos na Liga do ano 1999-00.

Datos do club

editar

Historial por tempadas

editar
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
de 29–30 Rexional
ata 55–56 Rexional
1956/57
1957/58
1958/59
1959/60 12º
1960/61 14º
from 61–62 Rexional
to 66–67 Rexional
1967/68
1968/69
1969/70 3ª Rolda
1970/71 16º 1/16
1971/72 17º 1/32
1972/73 12º 1/64
1973/74 12º 1/64
1974/75 1/64
1975/76 13º 1/64
1976/77 Rexional
1977/78 15º 1ª Rolda
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1978/79 13º 1/64
1979/80 1/64
1980/81 16º 1ª Rolda
1981/82
1982/83 14º
1983/84 13º
1984/85 14º
1985/86
1986/87 1/16
1987/88 2ªB 2ª Rolda
1988/89 2ªB 1ª Rolda
1989/90 2ªB 18º
1990/91 2ª Rolda
1991/92 2ªB 2ª Rolda
1992/93 13º 1/4
1993/94 16º 1/16
1994/95 10º 1/16
1995/96 15º 1/64
1996/97 10º 1/16
1997/98 1/64
Tempada Categoría Posto Copa do Rei LC UEFA
1998/99 18º 1/8
1999/00 1/8
2000/01 1/64
2001/02 15º 1/4
2002/03 15º 1/32
2003/04 1/8 1/2
2004/05 1/32 1/4
2005/06 1/8 1/2
2006/07 1/8
2007/08 1/4 1/16
2008/09 1/16 1/4
2009/10 1/8 1/16
2010/11 1/4 1/2
2011/12 18º 1/16 1/16
2012/13 2ª Rolda
2013/14

Xogadores

editar
Categoría principal: Xogadores do Villarreal CF.

Cadro actual

editar
Actualizado a 30 de xaneiro de 2020.
Posto País Xogador
1 POR   Sergio Asenjo
2 DEF   Mario Gaspar
3 DEF   Raúl Albiol
4 DEF   Pau Torres
6 DEF   Ramiro Funes Mori
7 MED   Gerard Moreno
8 MED   Santi Cazorla
9 DIA   Carlos Bacca
10 MED   Vicente Iborra
11 MED   Samuel Chukwueze
13 POR   Andrés Fernández
14 MED   Manu Trigueros
Posto País Xogador
15 MED   Manu Morlanes
16 DEF   Xavi Quintillà
17 DIA   Paco Alcácer
18 DEF   Alberto Moreno
19 MED   André-Frank Zambo Anguissa
20 DEF   Rubén Peña
21 MED   Bruno Soriano
22 DEF   Sofian Chakla
23 MED   Moi Gómez
24 MED   Javi Ontiveros
25 POR   Mariano Barbosa
26 MED   Ramiro Guerra

Palmarés

editar

Torneos rexionais

editar
  • Campionato Rexional de Afeccionados (1): 1951

Torneos nacionais

editar

Torneos internacionais

editar

Premios e distincións

editar
  • Mellor equipo do mundo do mes de decembro de 2004 segundo a IFFHS.[2]
  • Premio ó Fomento e Promoción do Deporte en 2007 para a Escola de Fútbol do Villarreal na Iª Edición dos Premios Nostresport.[3]

Filiais

editar

Villarreal B

editar
Artigo principal: Villarreal B.

O Villarreal Club de Fútbol B é o primeiro equipo filial do Villarreal. Foi fundado no ano 1999 e xurdiu coa idea de fornecer xogadores para o primeiro persoal do club. Debutou en Terceira División na tempada 2003-2004, ascendeu a Segunda División B na 2006-2007 e a tempada 2008-2009 ascendeu a Segunda División A. En 2012 descendeu novamente a Segunda B polo descenso do primeiro equipo a Segunda.

Villarreal C

editar
Artigo principal: Villarreal CF C.

O Villarreal Club de Fútbol C é o segundo equipo filial do Villarreal. Foi fundado no ano 2002. Debutou en Rexional Preferente na tempada 2004-2005 e ascendeu a Terceira División na 2006-2007.

  1. ""Muere Manolo Preciado que acababa de fichar por el Villarreal"". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 07 de xuño de 2012. 
  2. "O Club do Mes do Mundo" (en español e inglés). IFFHS. Consultado o 21 de xaneiro de 2008. 
  3. "Iª Edición dos Premios Nostresport". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2008. Consultado o 13 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar