Miguel Ángel Lotina
Miguel Ángel Lotina Oruechebarría, nado en Meñaka (Biscaia) o 18 de xuño de 1957 é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba na demarcación de dianteiro e destacou no desaparecido Logroñés, club do que é o máximo goleador histórico.
Miguel Ángel Lotina | |||
---|---|---|---|
![]() Lotina como adestrador do Deportivo (2007–2011) | |||
Información persoal | |||
Nome | Miguel Ángel Lotina Oruechebarría | ||
Nacemento | 18 de xuño de 1957 (66 anos) | ||
Lugar de nacemento | Meñaka | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1976–1977 | Munguía | ||
1977–1978 | Gernika | ||
1978–1981 | Logroñés | 113 | (38) |
1981–1983 | Castellón | 30 | (3) |
1983–1988 | Logroñés | 113 | (48) |
Adestrador | |||
1990–1992 | Logroñés B | ||
1992 | Logroñés | ||
1993–1996 | Numancia | ||
1996 | Logroñés | ||
1997–1998 | Badajoz | ||
1998–1999 | Numancia | ||
1999–2002 | Osasuna | ||
2002–2004 | Celta de Vigo | ||
2004–2006 | Espanyol | ||
2006–2007 | Real Sociedad | ||
2007–2011 | Deportivo da Coruña | ||
2012 | Villarreal | ||
2014 | Omonoia | ||
2014 | Al-Shahania | ||
2015–2016 | Al-Shahania | ||
2016–2018 | Tokyo Verdy | ||
2019–2020 | Cerezo Osaka | ||
2021 | Shimizu S-Pulse | ||
2022 | Vissel Kobe | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria Editar
Como xogador Editar
En Meñaka pasou a súa infancia Miguel Ángel Lotina, o menor de oito irmáns. Aprendeu castelán no colexio ben entrada a súa mocidade. Futbolista desde os 20 anos, sempre foi seguidor do Athletic de Bilbao. Dúas das súas irmás, Francisca e Begoña, eran misioneiras do Sagrado Corazón e estiveron en Kenya e o Camerún.
Empezou xogando no CD Munguía e no Gernika Club, en Terceira División, para pasar logo ao CD Logroñés. Militou oito tempadas no club rioxano, ascendendo de Segunda B a Primeira División e converténdose no máximo goleador da historia do club, con 102 goles.[1] Tamén xogou dúas tempadas no CD Castellón entre 1981 e 1983.
Como adestrador Editar
Xa como técnico, leva máis de 30 anos adestrando equipos de fútbol de tódalas categorías. Saltou á primeira plana cando dirixía ao CD Numancia, que entón militaba en Segunda B, despois de que na tempada 1995-1996 tivese unha incríbel racha na Copa do Rei eliminando a tres "primeiras" (Real Sociedad, Racing de Santander e Sporting) e tras estar a piques de eliminar tamén ao FC Barcelona. Lotina gañou un prestixio como adestrador, onde xa se estreara con anterioridade no CD Logroñés B durante tres tempadas. Precisamente foi este equipo quen o contratou para darlle a oportunidade de debutar como adestrador de Primeira División na campaña 1996-97.
Máis tarde dirixiu o CD Badajoz (1997-98), outra vez ó CD Numancia (1998-99), co que logrou o ascenso a Primeira; despois ao Osasuna, equipo que tamén levou a Primeira División (1999-2002); o Celta de Vigo, equipo que levou á Liga de Campións por primeira e única vez na historia (2002-2004), e o RCD Espanyol co que conseguiu a Copa do Rei (2004-06), onde demostrou humildemente o seu bo facer no complicado mundo dos bancos.
Non tan exitosa foi a súa tempada na Real Sociedad (2006-07), onde chegou iniciada a tempada e co equipo que antes adestrara José Mari Bakero nunha lamentable situación. Lotina tratou de reconducir a situación pero salvo Sávio o resto de fichaxes realizadas no inverno foron un auténtico fracaso (Herrera, Víctor López e Jesuli). Ademais en Donostia non chegaron nunca a entender o excesivo conservadorismo das súas formulacións coa gran necesidade de puntos que tiña o equipo, o cal unido ao primeiro descenso realista en 40 anos provocou a saída pola porta de atrás do adestrador.
Tras deixar a Real Sociedad ficha polo Deportivo da Coruña. Na súa primeira tempada consegue unha gran segunda volta e clasifica ó equipo para xogar a Copa Intertoto, competición na que se proclamaría campión, conseguindo unha praza para a Copa da UEFA do ano seguinte. O 23 de maio de 2011 anunciou a súa renuncia, despois do descenso do Deportivo á Segunda División, deixando unha amarga lembranza entre os seareiros branquiazuis pola súa formulación excesivamente defensiva e a pouca confianza que expresaba.[2]
O 19 de marzo de 2012, o Villarreal CF confirmou a súa contratación tras despedir a José Francisco Molina debido aos malos resultados e á posición do equipo na clasificación. Así, Lotina chegou co obxectivo de intentar manter en primeira división ao conxunto amarelo.[3] Ao final da tempada o equipo descendeu a Segunda División.[4]
Palmarés Editar
Como adestrador Editar
- Espanyol
- Copa do Rei: 2005–06
- Deportivo
Notas Editar
- ↑ Zautúa, Israel (3 de novembro de 2021). "Lotina: “Mi padre lloró el día que Las Gaunas cantó 'Loti, Loti' ante el Madrid de Boskov”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ "Lotina confirma a súa marcha do Dépor"
- ↑ El Villareal confía su suerte a Lotina
- ↑ "¡Desciende el Villarreal! y el Sporting le acompaña"