Abrir o menú principal

José Francisco Molina

futbolista español

José Francisco Molina Jiménez, nado en Valencia o 8 de agosto de 1970, é un ex-futbolista español e actual adestrador de fútbol. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española. Actualmente adestra o Atlético de Kolkata.

José Francisco Molina
Jose Francisco Molina 29abr2007.jpg
Información persoal
Nome completo José Francisco Molina Jiménez
Nacemento 8 de agosto de 1970 (49 anos)
Lugar Valencia, España
Altura 1,85 m
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Atlético de Kolkata (adestrador)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1991 Alzira 0 (0)
1991–1994 Valencia B 18 (0)
1993–1994Villarreal (cedido) 18 (0)
1994–1995 Albacete 23 (0)
1995–2000 Atlético de Madrid 189 (0)
2000–2006 Deportivo da Coruña 169 (0)
2006–2007 Levante 34 (0)
Total 451 (0)
Selección nacional
1996–2000 España 9 (0)
Adestrador
2009–2011 Villarreal C
2011 Villarreal B
2011–2012 Villarreal
2013–2014 Getafe B
2014–2015 Kitchee
2016– Atlético de Kolkata
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Índice

TraxectoriaEditar

Empezou xogando no Unión Deportiva Alzira onde atraeu a atención dos observadores do Valencia. Tras un par de tempadas nas categorías inferiores foi cedido ao Villarreal Club de Fútbol. En 1994 foi traspasado ao Albacete, co que debutou en Primeira División. Tras unha irregular tempada foi fichado polo Atlético de Madrid co que gañou a Liga, a Copa do Rei e o Trofeo Zamora na primeira tempada.

No Atlético permaneceu 5 tempada ata que o club descendeu a Segunda División. No ano 2000 foi vendido ao Deportivo da Coruña, co que gañou unha Copa do Rei e dous Supercopas.

O 15 de outubro de 2002 anunciou que padecía un cancro de testículo, o cal lle obrigou a retirarse indefinidamente do deporte. Tras pasar por varias sesións de quimioterapia conseguiu superar a enfermidade, anunciando a súa recuperación en xaneiro de 2003.

No 2006 fichou polo Levante UD. No comezo da tempada 2006/07 estivo no banco do equipo levantino, feito que só durou 4 partidos, tras os cales se gañou a titularidade indiscutible até o final da tempada. No verán de 2007 retirouse. O seu ultimo partido foi contra o Athletic Club de Bilbao onde tivo unha actuación maxistral na primeira metade reafirmándose na negativa a ceder ante a presión dos seus compañeiros para que o Levante UD deixárase perder o partido e o Athletic Club de Bilbao permanecese un ano máis en Primeira División en detrimento do Celta de Vigo. Ao final perdeu por 2-0 e o partido amañado levouse a cabo. Este feito está a ser investigado na actualidade.

Como adestradorEditar

O 18 de marzo de 2012 foi destituído como adestrador do Villarreal CF, debido aos malos resultados.[1]

Selección nacionalEditar

Foi internacional coa Selección de fútbol de España en 9 ocasións. O seu debut como internacional se produciu o 24 de abril de 1996 no partido Noruega 0:0 España. Curiosamente non debutou como porteiro xa que era un amigable e cos cambios de xogadores de campo esgotados lesionouse un xogador polo que tivo que saír ocupando a posición de interior zurdo. Disparou unha vez a porta e o balón saíu fóra a escasos centímetros da portaría.

Participou coa Selección española na Copa Mundial de Fútbol de Francia de 1998 como porteiro suplente, aínda que non chegou a xogar ningún minuto, tamén disputaría a Eurocopa de 2000 na que tras unha desafortunada actuación no partido inaugural contra Noruega non volvería vestir a camiseta da selección.

PalmarésEditar

Atlético de Madrid
Deportivo da Coruña
Individual

NotasEditar

Véxase taménEditar