Supercopa de España de fútbol

competición de fútbol
(Redirección desde «Supercopa de España de Fútbol»)

A Supercopa de España é unha competición de fútbol, organizada pola Real Federación Española de Fútbol. Foi creada en 1982 coma unha competición de dous equipos: o campión de liga de Primeira División contra o campión da Copa do Rei. En 2019 adoptou o seu actual formato de catro equipos: os gañadores e subcampións de Liga e Copa. O FC Barcelona é o seu actual campión e equipo máis laureado (14 títulos).

Modelo:Competición deportivaSupercopa de España de fútbol
Imaxe
Tiposupertaça nacional de futebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol Editar o valor en Wikidata
Número de participantes4 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísArabia Saudita e España Editar o valor en Wikidata
Vixencia1982 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaxaneiroEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Número de edición30+ Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoFC Barcelona
(1983, 1991, 1992, 1994, 1996, 2005, 2006, 2009, 2010, 2011, 2013, 2016, 2018, 2023)

Real Madrid CF
(1988, 1989, 1990, 1993, 1997, 2001, 2003, 2008, 2012, 2017, 2020, 2022)

Deportivo da Coruña
(1995, 2000, 2002)

Atlético de Madrid
(1985, 2014)

Athletic Club
(1984, 2015, 2021)

Valencia CF
(1999)

Real Zaragoza
(2004)

Sevilla FC
(2007)

RCD Mallorca
(1998)

Real Sociedad
(1982)
Editar o valor en Wikidata

Sistema de competición

editar

A Supercopa dispútase desde 2020 a modo de eliminatoria con semifinais e final entre os dous equipos finalistas da Copa do Rei e os dous mellores clasificados no campionato de liga de Primeira División. En caso de que algún equipo copase praza en ambas competicións, accederá á Supercopa o ou os mellores clasificados no campionato de liga que non disputaran a final da Copa do Rei. O campión de copa enfróntase ao subcampión de liga, e o campión de liga enfróntase ao subcampión de copa, coa excepción se deben participar os mellores clasificados de liga, en cuxo caso os partidos decídense mediante sorteo.[1][2]

Anteriormente xogouse desde os seus inicios por eliminación directa a dobre partido (excepto en 2018, que se disputou a partido único en territorio neutral): o primeiro encontro no estadio do campión de Copa e o partido de volta no campo do campión de Liga. As únicas edicións nas que a orde dos partidos invertíronse foi nas de 1983, 1988 e 1992. O equipo que lograba maior diferenza de goles en ambos encontros proclamábase campión del torneo. En caso de empate, os goles anotados en campo contrario tiñan maior valor xerando así un punto a favor do equipo visitante. Se aínda así persistía o empate, disputábase unha prórroga e, en última instancia, o título decidíase mediante lanzamentos de penalti.

Historia

editar

A actual Supercopa de España ten os seus antecedentes históricos en tres torneos que enfrontaban aos campións da Liga Española e da Copa do Xeneralísimo:

  • Copa de Campións (1939–1940)
  • Copa de Ouro Arxentina (1944–1945)
  • Copa Eva Duarte (1946–1953)

En xullo de 1982 a asemblea da Real Federación Española de Fútbol, a proposta do entón presidente do FC Barcelona, Josep Lluís Núñez, aprobou a creación dunha Supercopa que enfrontase anualmente aos campións de Liga e Copa[3].

Nos seus inicios o torneo disputábase a metade da tempada. A dificultade de atopar datas libres no calendario obrigou a suspender algunhas edicións, como en 1986]] e 1987. Tampouco houbo final en 1984 e 1989, xa que o campión de Liga e da Copa nesas tempadas foi o mesmo equipo, adxudicándose o título automaticamente.

Para potenciar o torneo, a partir de 1994 a RFEF decidiu adiantar a Supercopa no calendario, situándoa entre o final da pretemporada e o inicio do campionato de Liga[4].

Así mesmo, en 1996 a Federación Española acordou que, no caso que un equipo lograse o dobrete, o título da Supercopa disputaríano o campión de Liga fronte ao subcampión de Copa. Esta situación produciuse en 1996, 1998 e 2009[5], 2016 e 2018.

En xuño de 2021 anunciouse unha extensión do acordo co reino de Arabia Saudita por 10 anos, polo que a Supercopa seguirase disputando nese país alo menos até 2029.[6]

Historial

editar

Excepto nas edicións de 1983, 1988 e 1992, o primeiro partido xogouse sempre no estadio do campión de Copa. A edición de 2018 foi a primeira que xogouse a partido único e nun campo fóra de territorio español (Tánxer).

Formato de dous equipos

editar
Ano Campión Gañador da Subcampión Gañador da Resultado
1982 Real Sociedad Liga 1981–82 Real Madrid Copa do Rei 1981–82 0–1, 4–0
1983 Barcelona Copa do Rei 1982–83 Athletic Club Liga 1982–83 3–1, 0–1
1984 Athletic Club Liga e Copa 1983–84 Outorgado automaticamente ao gañar os dous torneos.
1985 Atlético de Madrid Copa do Rei 1984–85 Barcelona Liga 1984–85 3–1, 0–1
1986 Real Madrid e Zaragoza non xogaron.
1987 Real Madrid e Real Sociedad non xogaron.
1988 Real Madrid Liga 1987–88 Barcelona Copa do Rei 1987–88 2–0, 1–2
1989 Real Madrid Liga e Copa 1988–89 Outorgado automaticamente ao gañar os dous torneos.
1990 Real Madrid Liga 1989–90 Barcelona Copa do Rei 1989–90 1–0, 4–1
1991 Barcelona Liga 1990–91 Atlético de Madrid Copa do Rei 1990–91 1–0, 1–1
1992 Barcelona Liga 1991–92 Atlético de Madrid Copa do Rei 1991–92 3–1, 2–1
1993 Real Madrid Copa do Rei 1992–93 Barcelona Liga 1992–93 3–1, 1–1
1994 Barcelona Liga 1993–94 Zaragoza Copa do Rei 1993–94 2–0, 4–5
1995 Deportivo da Coruña Copa do Rei 1994–95 Real Madrid Liga 1994–95 3–0, 2–1
1996 Barcelona Finalista da Copa 1995–96 Atlético de Madrid Liga e Copa 1995–96 5–2, 1–3
1997 Real Madrid Liga 1996–97 Barcelona Copa do Rei 1996–97 1–2, 4–1
1998 Mallorca Finalista da Copa 1997–98 Barcelona Liga e Copa 1997–98 2–1, 1–0
1999 Valencia Copa do Rei 1998–99 Barcelona Liga 1998–99 1–0, 3–3
2000 Deportivo da Coruña Liga 1999–00 Espanyol Copa do Rei 1999–00 0–0, 2–0
2001 Real Madrid Liga 2000–01 Zaragoza Copa do Rei 2000–01 1–1, 3–0
2002 Deportivo da Coruña Copa do Rei 2001–02 Valencia Liga 2001–02 3–0, 1–0
2003 Real Madrid Liga 2002–03 Mallorca Copa do Rei 2002–03 1–2, 3–0
2004 Zaragoza Copa do Rei 2003–04 Valencia Liga 2003–04 0–1, 3–1
2005 Barcelona Liga 2004–05 Betis Copa do Rei 2004–05 3–0, 1–2
2006 Barcelona Liga 2005–06 Espanyol Copa do Rei 2005–06 1–0, 3–0
2007 Sevilla Copa do Rei 2006–07 Real Madrid Liga 2006–07 1–0, 5–3
2008 Real Madrid Liga 2007–08 Valencia Copa do Rei 2007–08 2–3, 4–2
2009 Barcelona Liga e Copa 2008–09 Athletic Club Finalista da Copa 2008–09 2–1, 3–0
2010 Barcelona Liga 2009–10 Sevilla Copa do Rei 2009–10 1–3, 4–0
2011 Barcelona Liga 2010–11 Real Madrid Copa do Rei 2010–11 2–2, 3–2
2012 Real Madrid Liga 2011–12 Barcelona Copa do Rei 2011–12 2–3, 2–1
2013 Barcelona Liga 2012–13 Atlético de Madrid Copa do Rei 2012–13 1–1, 0–0
2014 Atlético de Madrid Liga 2013–14 Real Madrid Copa do Rei 2013–14 1–1, 1–0
2015 Athletic Club Finalista da Copa do Rei 2014–15 Barcelona Liga 2014–15 e Copa do Rei 2014–15 4–0, 1–1
2016 Barcelona Liga 2015–16 Sevilla Copa do Rei 2015–16 0–2, 3–0
2017 Real Madrid Liga 2016–17 Barcelona Copa do Rei 2016–17 1–3, 2–0
2018 Barcelona Liga 2017–18 Sevilla Copa do Rei 2017–18 2–1

Formato de catro equipos

editar
Ano Campión Resultado Subcampión Semifinalistas Recinto
2019–20 Real Madrid
(terceiro posto na Liga 2018–19)
0–0 (prór.)
(4–1 pen.)
Atlético Madrid
(subcampións da Liga 2018–19)
Valencia
(campións da Copa 2018–19)
  Cidade Deportiva Rei Abdullah, Jeddah
Barcelona
(subcampións de Liga 2018–19 e Copa 2018–19)
2020–21 Athletic Club
(subcampións da Copa 2019–20)[a]
3–2 (prór.) Barcelona
(subcampións da Liga 2019–20)
Real Sociedad
(campións da Copa 2019–20)[a]
  Estadio de La Cartuja, Sevilla
Real Madrid
(campións da Liga 2019–20)
2021–22 Real Madrid
(subcampións da Liga 2020–21)
2–0 Athletic Club
(subcampións da Copa 2020–21)
Barcelona
(campións da Copa 2020–21)
  Estadio Rei Fahd, Riyadh
Atlético de Madrid
(campións da Liga 2020–21)
2022–23 Barcelona
(subcampións da Liga 2021–22)
3–1 Real Madrid
(campións da Liga 2021–22)
Valencia
(subcampións da Copa 2021–22)
  Estadio Rei Fahd, Riyadh
Real Betis
(campións da Copa 2021–22)
  1. 1,0 1,1 O resultado da final da Copa do Rei 2020 non se coñecía no momento de xogarse a Supercopa de España 2020-21, chegando a outorgar a clasificación a ambos finalistas.

Palmarés

editar
Pos. Equipo Campión Subcampión Títulos (anos)
1 Barcelona 13 10 1983, 1991, 1992, 1994, 1996, 2005, 2006, 2009, 2010, 2011, 2013, 2016, 2018
2 Real Madrid 10 5 1988, 1989, 1990, 1993, 1997, 2001, 2003, 2008, 2012, 2017
3 Deportivo 3 0 1995, 2000, 2002
4 Atlético de Madrid 2 4 1985, 2014
5 Athletic Club 2 2 1984, 2015
6 Valencia 1 3 1999
7 Zaragoza 1 2 2004
Sevilla 1 2 2007
8 Mallorca 1 1 1998
10 Real Sociedad 1 0 1982
11 Espanyol 0 2
12 Betis 0 1

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar