Copa do Rei de fútbol 2021/22
A Copa do Rei de fútbol 2021-22 foi a 118ª edición da competición. Participaron un total de 116 equipos: os 20 equipos que xogaron a Primeira División a tempada anterior, os 22 equipos que xogaron a Segunda División a tempada anterior, 28 equipos que participaron en Segunda B, 32 equipos que participaron en Terceira División, os 4 equipos semifinalistas da Copa Federación e os 10 equipos, entre os 20 procedentes das primeiras divisións autonómicas, vencedores da eliminatoria previa.
Tipo | Copa do Rei de fútbol |
---|---|
Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2021-2022 |
Intervalo de tempo | 17 de novembro de 2021 – 23 de abril de 2022 |
Número de edición | 118 (2022) |
Competición | |
Primeiro posto | Real Betis Balompié (3º) |
O vencedor foi o Real Betis, que conquistou o seu terceiro título derrotando na final ao Valencia despois dunha prórroga e unha quenda de penaltis. O compostelán Borja Iglesias, dianteiro do Betis, foi o máximo goleador do torneo, con 5 tantos, e foi elixido mellor xogador da final.[1]
Formato
editar- 20 equipos de Primeira División. Os catro clasificados para a Supercopa de España entrarán na terceira eliminatoria (oitavos de final).
- 22 equipos de Segunda División.
- 28 equipos de Segunda División B.
- 32 equipos de Terceira División. Os 18 equipos que remataron en primeira posición dos subgrupos C máis os 14 segundos dos subgrupos C.
- 4 equipos semifinalistas da Copa RFEF .
- 10 equipos das primeiras divisións autonómicas. Saíron dunha eliminatoria previa entre os campións de cada unha das vinte federacións territoriais.
Para acceder á final disputaranse seis eliminatorias, todas elas a partido único agás as semifinais, que se disputarán en formato de ida e volta. Na primeira eliminatoria, os 10 equipos da Previa Interterritorial emparelláronse con 10 da Primeira División. Os 28 equipos restantes de Primeira e Segunda División emparelláronse cos 4 da Copa RFEF, os 21 de Terceira División e tres de Segunda B. Enfrontaranse o resto de equipos de Segunda B. Os equipos que participen na Supercopa quedan exentos ata os oitavos de final. En total disputaranse 56 partidos, con 112 equipos participantes. Os gañadores accederán á segunda rolda.
Todos os partidos se disputan no campo do equipo de menor categoría. No caso da mesma categoría, xógase no campo do primeiro equipo que saia no sorteo.
Calendario
editarRolda | Sorteo | Datas | Partidos | Clubs | Detalles |
---|---|---|---|---|---|
Preliminar | 28 de outubro de 2021 | 17 de novembro de 2021 | 10 | 20 → 10 (+102) | Incorporacións: 20 equipos territoriais de cada Federación Autonómica, dous no caso de Andalucía. Formato do sorteo: Os equipos, divididos en 4 grupos segundo criterios de proximidade xeográfica, emparelláronse a través dun puro sorteo. Equipo local: Os partidos disputáronse no campo do equipo cuxa bóla fose extraída en primeiro lugar. Tipo de eliminatoria: partido único |
Primeira rolda | 18 de novembro de 2021 | 30 de novembro, 1 e 2 de decembro de 2021 | 56 | 112 → 56 | Incorporacións: Todos os equipos participantes restantes agás os catro participantes na Supercopa de España. Formato do sorteo: Comezouse emparellando os 10 campións territoriais da categoría con equipos de Primeira División. A continuación, os 4 semifinalistas da Copa da RFEF emparelláronse con clubs de Primeira División e, finalmente, os dous equipos de Primeira restantes emparellaranse con equipos de Segunda RFEF. 21 equipos da Segunda RFEF emparelláronse con equipos da Segunda División. Os 9 clubs restantes de Segunda RFEF emparellaranse con equipos de Primeira RFEF e, finalmente, os 10 restantes de Primeira RFEF emparelláronse entre si. Equipo local: Os partidos disputaranse nas instalacións deportivas do club de categoría inferior (sempre que cumpran os requisitos mínimos establecidos pola RFEF) e, se son da mesma, nas dos clubs cuxa bóla fose extraída en primeiro lugar. Tipo de eliminatoria: partido único |
Segunda rolda | 3 de decembro de 2021 | 14, 15 e 16 de decembro de 2021 | 28 | 56 → 28 (+4) | Formato do sorteo: na medida do posible, os clubs de inferior categoría emparelláronse con clubs de maior categoría. Equipo local: Os partidos disputáronse nas instalacións deportivas do club de categoría inferior e, no caso de ser da mesma categoría, naquelas dos clubs cuxa bóla fose extraída en primeiro lugar. Tipo de eliminatoria: partido único |
Dezaseisavos de final | 17 de decembro de 2021 | 4, 5 e 6 de xaneiro de 2022 | 16 | 32 → 16 | Incorporacións: Os catro equipos participantes na Supercopa de España. Formato do sorteo: Os 4 clubs de Primeira División participantes na Supercopa de España emparelláronse cos equipos de Segunda División B e Terceira que pasaron a fase anterior, comezando polos de categoría inferior. Para os restantes clubs emparelláronse, na medida do posible, os de categoría inferior contra os de categoría superior. Equipo local: Os partidos disputáronse nas instalacións deportivas do club de categoría inferior e, no caso de ser da mesma categoría, naquelas dos clubs cuxa bóla fose extraída en primeiro lugar. Tipo de eliminatoria: partido único |
Oitavos de final | 7 de xaneiro de 2022 | Entre o 15 e o 20 de xaneiro de 2022 | 8 | 16 → 8 | Formato do sorteo: na medida do posible, os clubs de inferior categoría emparelláronse con clubs de categoría superior. Equipo local: Os partidos disputáronse nas instalacións deportivas do club de categoría inferior e, no caso de ser da mesma categoría, naquelas dos clubs cuxa bóla fose extraída en primeiro lugar. Tipo de eliminatoria: partido único |
Cuartos de final | 21 de xaneiro de 2022 | 2 e 3 de febreiro de 2022 | 4 | 8 → 4 | Formato de sorteo: sorteo puro, sen restricións Equipo local: Os partidos disputáronse nas instalacións deportivas dos clubs cuxa bóla foi extraída en primeiro lugar. Tipo de eliminatoria: Partido único |
Semifinais | 4 de febreiro de 2022 | 9 e 10 de febreiro de 2022 | 4 | 4 → 2 | Formato de sorteo: sorteo puro, sen restricións Equipo local: Os partidos de ida disputáronse nas instalacións deportivas dos clubs cuxa bóla foi extraída en primeiro lugar. Tipo de eliminatoria: Dobre partido |
2 de marzo de 2022 | |||||
Final | 23 de abril de 2022 | 1 | 2 → 1 | Partido único, no estadio de La Cartuja de Sevilla. O campión clasifícase para a fase de grupos da UEFA Europa League. |
Participantes
editarParticipan os 20 equipos de Primeira, os 22 de Segunda, 28 de Segunda B, 32 de Terceira da anterior tempada, ademais de dez equipos da máxima categoría territorial e os catro semifinalistas da Copa RFEF. Indícanse con (S) os equipos que participan na Supercopa e que se incorporan nos dezaseisavos de final.
Previa territorial
editarLocal | Resultado | Visitante | Ida | Volta |
---|---|---|---|---|
Xuventude de Cambados | 1–1 (4–5 pen.) | Victoria CF | ||
(1º) Hernani | Triangular | Aurrera de Vitoria (2º) / Zamudio (3º) | ||
Injerto | 4–3 | Oberena | 1–2 | 3–1 |
Carrión | 2–3 | Mora CF | 1–1 | 1–2 |
(1º) CFI Alicante | Liga | Castellonense (2º) / Buñol (3º) |
Previa interterritorial
editarNesta fase previa, que se disputou o 17 de novembro de 2021, participaron os campións de cada unha das vinte federacións territoriais, emparellados baixo criterios de proximidade xeográfica nun sorteo celebrado o xoves 28 de outubro de 2021.
Local | Resultado | Visitante |
---|---|---|
Aldeano | 1–3 | Unami |
Victoria CF | 1–0 | Hernani |
Nalón | 1–1 (3–4 pen.) | Solares-Medio Cudeyo |
Utrillas | 2–0 | Injerto |
Mollerussa | 1–0 | Penya Independent |
CFI Alicante | 7–1 | 6 de Junio |
Villa de Fortuna | 1–0 | Atlético Espeleño |
Huracán Melilla | 2–1 | Atarfe Industrial |
Laguna | 4–1 | Jaraíz |
San Agustín de Guadalix | 6–2 | Mora CF |
Primeira rolda
editarEsta rolda foi disputada por todos os equipos (excepto os catro participantes da Supercopa). O sorteo tivo lugar o 18 de novembro de 2021 e os partidos xogáronse entre o 30 de novembro e o 2 de decembro.[2]
Segunda rolda
editarEsta rolda foi disputada por 56 equipos. O sorteo tivo lugar o 3 de decembro de 2021 e os partidos xogáronse entre o 14 e o 16 de decembro.[2]
Local | Resultado | Visitante |
---|---|---|
Atlético Mancha Real | 1–0 | Granada |
Bergantiños | 1–3 | Rayo Vallecano |
Palencia Cristo Atlético | 1–2 | Espanyol |
Llanera | 0–6 | Mallorca |
Andratx | 1–1 (5–6 pen.) | Sevilla |
Arenteiro | 1–3 (pro.) | Valencia |
Albacete | 0–1 | Cádiz |
Atlético Baleares | 5–0 | Getafe |
Zamora | 0–3 | Real Sociedad |
Unionistas de Salamanca | 0–1 | Elche |
Deportivo da Coruña | 1–2 | Osasuna |
Alcoyano | 3–3 (3–1 pen.) | Levante |
Atlético Sanluqueño | 1–7 | Villarreal |
Talavera de la Reina | 2–4 (pro.) | Betis |
Linares Deportivo | 2–1 | Alavés |
Andorra | 1–2 (pro.) | Celta de Vigo |
Rayo Majadahonda | 1–0 | Málaga |
San Sebastián de los Reyes | 0–0 (4–5 pen.) | Fuenlabrada |
Cultural Leonesa | 2–3 (pro.) | Leganés |
Castellón | 1–2 | FC Cartagena |
Huesca | 0–1 | Girona |
Amorebieta | 1–2 | Almería |
Sporting de Gijón | 2–1 (pro.) | Alcorcón |
Ponferradina | 2–1 (pro.) | Eivissa |
Zaragoza | 2–0 | Burgos |
Tenerife | 1–2 | Eibar |
Valladolid | 3–1 | Las Palmas |
Lugo | 1–2 | Mirandés |
Dezaseisavos de final
editarEsta rolda foi disputada por 32 equipos. O sorteo tivo lugar o 17 de decembro de 2021 e os partidos xogáronse entre o 4 e o 6 de xaneiro de 2022.
Local | Resultado | Visitante |
---|---|---|
Atlético Mancha Real | 0–2 | Athletic Club |
Rayo Majadahonda | 0–5 | Atlético de Madrid |
Alcoyano | 1–3 | Real Madrid |
Linares Deportivo | 1–2 | FC Barcelona |
Atlético Baleares | 2–1 | Celta de Vigo |
Valladolid | 0–3 | Betis |
Almería | 1–2 | Elche |
Mirandés | 0–1 | Rayo Vallecano |
FC Cartagena | 1–2 | Valencia |
Sporting de Gijón | 2–1 | Villarreal |
Eibar | 1–2 | Mallorca |
Fuenlabrada | 0–1 | Cádiz |
Leganés | 2–3 | Real Sociedad |
Girona | 1–0 | Osasuna |
Zaragoza | 0–2 | Sevilla |
Ponferradina | 1–1 (1–3 pen.) | Espanyol |
Oitavos de final
editarEsta rolda foi disputada por 16 equipos. O sorteo tivo lugar o 7 de xaneiro de 2022 e os partidos xogáronse entre o 15 e o 20 de xaneiro de 2022.
Local | Resultado | Visitante |
---|---|---|
Atlético Baleares | 0–1 | Valencia |
Girona | 1–2 | Rayo Vallecano |
Sporting de Gijón | 0–0 (2–4 pen.) | Cádiz |
Elche | 1–2 (pro.) | Real Madrid |
Real Sociedad | 2–0 | Atlético de Madrid |
Betis | 2–1 | Sevilla |
Athletic Club | 3–2 (pro.) | FC Barcelona |
Mallorca | 2–1 | Espanyol |
Cuartos de final
editarEsta rolda foi disputada por 8 equipos. O sorteo tivo lugar o 21 de xaneiro de 2022 e os partidos xogáronse entre o 2 e o 3 de febreiro de 2022.
Local | Resultado | Visitante |
---|---|---|
Athletic Club | 1–0 | Real Madrid |
Real Sociedad | 0–4 | Betis |
Valencia | 2–1 | Cádiz |
Rayo Vallecano | 1–0 | Mallorca |
Semifinais
editarEsta rolda foi disputada por 4 equipos. O sorteo tivo lugar o 4 de febreiro de 2022 e os partidos xogáronse entre o 9 e o 10 de febreiro de 2022.
Local | Total | Visitante | Ida | Volta |
---|---|---|---|---|
Rayo Vallecano | 2–3 | Betis | 1–2 | 1–1 |
Athletic Club | 1–2 | Valencia | 1–1 | 0–1 |
Final
editarA final xogouse o 23 de abril de 2022 no estadio de La Cartuja de Sevilla, entre o Betis e o Valencia. O Betis conquistou o título na quenda de penaltis, despois de empatar a un gol.
Local | Resultado | Visitante |
---|---|---|
Betis | 1–1 (5–4 pen.) | Valencia |
Betis | 1 - 1 (Penaltis 5 - 4) |
Valencia | 23 de abril de 2022, 22:00 (CET) – La Cartuja, Sevilla Asistencia: 53.387 Árbitro: Hernández Hernández |
Iglesias 11' Willian José Joaquín Guardado Tello Miranda |
Informe |
Hugo Duro 30' Soler Račić Guedes Musah Gayà | |
Notas
editar- ↑ "Borja Iglesias, MVP de la final de la Copa". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de abril de 2022. Consultado o 24 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Estos son los emparejamientos de la Primera Eliminatoria de la Copa Del Rey". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). 18 de novembro de 2021. Consultado o 30 de novembro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sorteo da primeira rolda na canle de Youtube da Real Federación Española de Fútbol (en castelán).