Primeira división española 1997/98


A tempada 1997/98 da Primeira división española de fútbol, que foi a 67ª edición do campionato, comezou o 30 de agosto de 1997 e rematou o 16 de maio de 1998. O FC Barcelona logrou o seu 15º título de liga, tras catro anos de seca. Os azulgrana, ademais, lograron o dobrete ao conquistar tamén a Copa do Rei.

Modelo:Competición deportivaPrimeira división española 1997/98
TipoPrimeira División Española Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorSegunda división española 1997/98 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes20 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 1997-1998 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo30 de agosto de 1997 – 15 de maio de 1998 Editar o valor en Wikidata
Número de edición67 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoFC Barcelona Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos380 Editar o valor en Wikidata
Goles1.009 Editar o valor en Wikidata

Participantes e estadios

editar

Por primeira vez na historia, a Primeira División reduciu o seu número de participantes. Vinte equipos tomaron parte este ano, dous menos que o ano anterior.

Equipo Cidade Estadio Asistencia media
Athletic Club Bilbao San Mamés
35.053
Atlético de Madrid Madrid Vicente Calderón
27.789
FC Barcelona Barcelona Camp Nou
71.579
Real Betis Balompié Sevilla Benito Villamarín
41.263
Celta de Vigo Vigo Balaídos
21.748
SD Compostela Santiago de Compostela San Lázaro
-
Deportivo da Coruña A Coruña Riazor
18.947
RCD Espanyol Barcelona Sarrià
20.421
RCD Mallorca Palma Lluís Sitjar
17.228
CP Mérida Mérida Romano José Fouto
-
Real Oviedo Oviedo Carlos Tartiere
14.895
Racing de Santander Santander El Sardinero
15.631
Real Madrid CF Madrid Santiago Bernabeu
70.526
Real Sociedad de Fútbol Donostia Anoeta
23.112
UD Salamanca Salamanca Helmántico
12.641
Sporting de Gijón Xixón El Molinón
-
CD Tenerife Santa Cruz de Tenerife Heliodoro Rodríguez López
17.737
Valencia CF Valencia Mestalla
43.605
Real Valladolid Valladolid José Zorrilla
18.762
Real Zaragoza Zaragoza La Romareda
19.868

Clasificación final

editar
Pos Equipo X G E P GF GC DG Ptos
1 FC Barcelona 38 23 5 10 78 56 22 74
2 Athletic Club 38 17 14 7 52 42 10 65
3 Real Sociedad 38 16 15 7 60 37 23 63
4 Real Madrid * 38 17 12 9 63 45 18 63
5 RCD Mallorca * 38 16 12 10 55 39 16 60
6 Celta de Vigo 38 17 9 12 54 47 7 60
7 Atlético de Madrid 38 16 12 10 79 56 23 60
8 Real Betis 38 17 8 13 49 50 -1 59
9 Valencia CF 38 16 7 15 58 52 6 55
10 RCD Espanyol 38 12 17 9 44 31 13 53
11 Real Valladolid 38 13 11 14 36 47 -11 50
12 Deportivo da Coruña 38 12 13 13 44 46 -2 49
13 Real Zaragoza 38 12 12 14 45 53 8 48
14 Racing de Santander 38 12 19 17 46 55 -9 45
15 UD Salamanca 38 12 9 17 46 46 0 45
16 CD Tenerife 38 11 12 15 44 57 -13 45
17 SD Compostela 38 11 11 16 56 66 -10 44
18 Real Oviedo 38 9 13 16 36 51 -15 40
19 CP Mérida 38 9 12 17 33 53 -20 39
20 Sporting de Gijón 38 2 7 29 31 80 -49 13

  1. O Real Madrid clasifícase para a Liga de Campións da UEFA por ser o vixente campión do torneo.
  2. O RCD Mallorca clasifícase para a Recopa de Europa como subcampión da Copa do Rei, xa que o campión deste torneo, o FC Barcelona, accede á Liga de Campións da UEFA.

Liga de Campións da UEFA (fase de grupos)
Liga de Campións da UEFA (rolda previa)
Recopa de Europa
Copa da UEFA
Copa Intertoto
Promoción de permanencia en Primeira
Descenso a Segunda

Na súa primeira e única tempada na Primeira División de España, o italiano Christian Vieri, do Atlético de Madrid, logrou o Trofeo Pichichi como máximo goleador do torneo, a pesar de disputar só 24 partidos.

 
Christian Vieri logrou 24 goles en 24 partidos.
# Xogador Equipo Goles
  Christian Vieri Atlético de Madrid 24
  Rivaldo FC Barcelona 19
  Luis Enrique FC Barcelona 18
  Darko Kovačević Real Sociedad 17
  Luboslav Penev SD Compostela 16
  Pauleta UD Salamanca 15
  Fernando Correa Racing de Santander 14
  Juan Eduardo Esnáider RCD Espanyol 13
  Alen Peternac Real Valladolid 13
  Gabriel Amato RCD Mallorca 13

Tras gañar o Trofeo Zamora de Segunda División catro anos antes, Toni repetiu como porteiro menos, agora da Primeira División. Para optar ao premio foi necesario disputar 60 minutos en, como mínimo, 28 partidos.

# Xogador Equipo Goles Partidos Media
  Toni Jiménez RCD Espanyol 31 37 0,84
  Alberto López Real Sociedad 37 38 0,97
  Bogdan Stelea UD Salamanca 32 30 1,07
  Imanol Etxeberria Athletic Club 42 38 1,11
  Andoni Zubizarreta Valencia CF 40 34 1,18

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar