Estadio de La Romareda
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2024.) |
O Estadio de La Romareda é o estadio de fútbol do Real Zaragoza. Pertence ó concello da cidade de Zaragoza e foi inaugurado o 8 de setembro de 1957 cun partido fronte ó Osasuna, no que os locais gañaron por 4-3.
La Romareda | |
---|---|
Vista exterior | |
Datos | |
Coordenadas | 41°38′12″N 0°54′07″O / 41.636592, -0.901822 |
Localización | Zaragoza |
Construción | |
Inauguración | 8 de setembro de 1957 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 34.596 |
Propietario | Concello de Zaragoza |
Operadora | Real Zaragoza |
Localía | Real Zaragoza |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O estadio foi remodelado varias veces. En 1977 termináronse de construír os novos chanzos cubertos e en 1982 con motivo da Copa Mundial de Fútbol de 1982, construíronse as cubertas de xeral sentado. Finalmente en 1994 o campo alcanzou o seu aspecto actual tras a reforma que serviu para que todas as localidades fosen de asento.
Foi unha das sedes dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 para xogar partidos de fútbol.
A súa capacidade oficial é de 34.596, cunha afluencia media de 28.000 persoas nos partidos do Real Zaragoza.
A Romareda foi proposta como Estadio Olímpico na errada candidatura de Jaca aos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014.
Localización
editarO estadio está situado ao sur da cidade de Zaragoza, no barrio de La Romareda do distrito Universidad. O lateral oeste está na rúa Eduardo Ibarra, o fondo norte na rúa Luís Bermejo, o lateral leste no paseo Isabel a Católica e o fondo Sur na rúa Xerusalén.
Próximos ao estadio atópase o Campus Praza San Francisco da Universidade de Zaragoza, os hospitais Miguel Servet e Clínico Lozano Blesa, e o Auditorio de Zaragoza.
Outros usos
editarO estadio é usado esporadicamente para realizar concertos, tales como o de Michael Jackson en 1996, Bruce Springsteen en 1999, Metallica do ano 2004, Maná en 2007 ou Héroes del Silencio os días 10 e 12 de outubro do 2007.
Proxectos de novo estadio
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Os primeiros plans para construír un novo estadio en Valdespartera (aforas de Zaragoza) foron abandonados debido ao cambio da corporación municipal (2003); posteriormente pretendeuse reconstruílo na mesma localización, cunha capacidade de máis de 42.000 persoas, pero esta opción quedou truncada debido á admisión a trámite e suspensión cautelar das obras (17 de marzo de 2006) como consecuencia de dúas demandas xudiciais da oposición municipal. Finalmente, o proxecto foi paralizado en marzo de 2007.
En febreiro de 2008 o Concello de Zaragoza, tras un cambio na coalición de goberno, anunciou o acordo para que o novo campo se situase no distrito de San José. Segundo eses plans, La Romareda deixaría de ser o campo do Real Zaragoza aproximadamente en 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio de La Romareda |