Estadio de Mestalla
O Estadio de Mestalla, oficialmente "Mestalla, camp del València", é o estadio do Valencia Club de Fútbol. O seu nome débese á quenlla de Mestalla que pasa por baixo do campo. Está situado entre a Avenida de Suecia e a Avenida de Aragón, no barrio de Mestalla da cidade de Valencia. Anteriormente, entre 1969 e 1974, chamouse Estadio Luis Casanova. Posúe unha capacidade de 55.000 espectadores todos sentados.
Mestalla | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Páxina | Q12231035 ![]() ![]() | |||
Localización | Valencia ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 20 de maio de 1923 ![]() | |||
Inauguración | 20 de maio de 1923 | |||
Acontecementos | ||||
Mundial de Fútbol España 1982 ![]() | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 55.000 espectadores | |||
Tipo superficie | Céspede | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Valencia CF | |||
Arquitecto/a | Francisco Almenar Quinzá | |||
Operador/a | Valencia CF ![]() | |||
Ocupante | Valencia CF ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Valencia CF | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | valenciacf.com… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Actualmente está en construción o Nou Mestalla, que substituirá o Estadio de Mestalla.
Inauguración
editarO Camp de Mestalla foi inaugurado o 20 de maio de 1923, tras ser bendicido o terreo de xogo, o alcalde de Valencia, Juan Artal, fixo o saque de honra previa ao partido inaugural entre Valencia CF e Levante FC. O resultado final foi de 1-0 vitoria para os propietarios con gol marcado por Arturo Montesinos Cebriá (Montes).
Eventos
editarPara o Mundial de Fútbol España 1982 foi elixido como sede da selección española para a disputa dos partidos desta na primeira fase. Igualmente aloxou os xogos da primeira rolda para o equipo nacional español nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Para a temporada 2008-09 o Estadio de Mestalla albergou a final da Copa do Rei o 13 de maio de 2009.