Abrir o menú principal

Club Polideportivo Mérida

(Redirixido desde "CP Mérida")

O Club Polideportivo Mérida foi un club de fútbol español da cidade de Mérida, en Estremadura. Foi fundado en 1912 e desapareceu no ano 2000. O seu sucesor actualmente é o seu antigo filial, o Mérida Unión Deportiva.

Mérida
NomeClub Polideportivo Mérida, S.A.D.
Alcume(s)Franjiverdes, Ilicitanos
Fundación28 de decembro de 1912
Desaparición2000
EstadioEstadio Romano,
Mérida, España
Inauguración1954
Capacidade14.600
Na casa
Fóra

Índice

HistoriaEditar

O 28 de decembro de 1912 fundouse a Sportiva Emeritense, o embrión do CP Mérida. En 1920, pasou a chamarse Club Catalanes debido á orixe dos militares do acuartelamento emeritense, mentres paralelamente, en 1921, empregados de Renfe fundan o Club M.Z.A. (Madrid-Zaragoza-Alacant).

Pouco despois, ambos os clubs fusiónanse e xorde o Club Emérita, que tivo como presidente a Juan Bohoyo. O Emérita participou por primeira vez nun campionato rexional na tempada 28-29 e xa na 31-32 foi campión rexional.

Durante a Guerra civil española, o fútbol en Mérida paralízase. Logo desta, en 1939, rexorde o club co nome Sociedad Deportiva Emeritense.

1940 ata 1970Editar

No seu primeiro ano foi subcampión rexional e na tempada 1943-44 participou por primeira vez en categoría nacional, Terceira División.

Tras catro anos en Terceira, na 46-47, baixa a Rexional. Dous anos despois (48-49), o Emeritense volve a Terceira, onde estará ata a 60-61. Nas campañas 54-55, 55-56 e 56-57, o club marcou un fito ao xogar tres fases de ascenso a Segunda.

Tras un ano en Rexional (61-62), o Emeritense sobe invicto de novo á Terceira División. O club permanece en Terceira ata a 70-71. Antes, en 1966, pasou a ser Mérida Industrial C.F.

Décadas dos setenta e oitentaEditar

Na 76-77, o Industrial volve a Terceira, ascendendo á recentemente creada Segunda División B na 79-80. O ascenso chegou o 11 de maio ao gañar 1-0 ao Vélez con gol de Paco, tendo o presidente José Fouto Carvajal só 26 anos.

A aventura durou un ano. Desde a 81-82 ata a 88-89, o Mérida seguiu en Terceira. Ao acabar a 84-85, pasou a ser Club Polideportivo Mérida. O 28 de maio de 1989 chega o segundo ascenso a Segunda B ao gañar 2-0 ao Coria con goles de Chovi e Edu Pla, con Fouto Carvajal na presidencia.

Desde 1990, a época dourada, ata a súa desapariciónEditar

Tras dous anos en Segunda B, o Mérida sobe a Segunda División o 22 de xuño de 1991 ao gañar 0-1 ó Osasuna Promesas con gol de Ricardo.

Desde a 91-92 ata a 99-00, o Mérida vive a súa etapa dourada: 2 anos en Primeira División e 7 en Segunda División. O primeiro ascenso á Primeira División chegou o 27 de maio de 1995 ao gañar 0-1 ao Eibar con gol de Cuéllar, converténdose no primeiro equipo Estremeño en alcanzar a máxima categoría do futbol español. O segundo chegou o 1 de xuño de 1997 ao gañar 2-0 ao Leganés con dobrete de Quique Martín.

Durante esta etapa o Mérida chegou en dúas ocasións ata os 1/4 de Final da Copa do Rei, a última no ano 2000, sendo eliminado polo Real Madrid na prórroga a 3 minutos do final do partido.

Os riscos ecónomicos provocados durante a xestión de José Fouto Carvajal abocaron na desaparición do Club Polideportivo Mérida o 31 de agosto de 2000, tomando a substitución a súa filial, o Mérida Promesas (3ª División), que pasou a chamarse Mérida Unión Deportiva.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro, medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón negro, medias vermellas.

EstadioEditar

Artigo principal: Estadio Romano.

Datos do clubEditar

Historial na ligaEditar

Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1943/44 10º
1944/45
1945/46 10º
1946/47  
1947/48 Rexional
1948/49 Rexional  
1949/50 16º
1950/51
1951/52
1952/53
1953/54
1954/55
1955/56
1956/57
1957/58
1958/59 11º
1959/60
1960/61 15º  
1961/62 Rexional  
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1962/63
1963/64 11º
1964/65
1965/66
1966/67
1967/68
1968/69 10º
1969/70
1970/71 17º  
1971/72 Rexional
1972/73 Rexional
1973/74 Rexional
1974/75 Rexional
1975/76 Rexional  
1976/77 15º
1977/78
1978/79
1979/80  
1980/81 2ªB 18º  
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1981/82
1982/83
1983/84
1984/85
1985/86
1986/87 12º
1987/88
1988/89  
1989/90 2ªB
1990/91 2ªB   3ª fase
1991/92 5ª fase
1992/93 5ª fase
1993/94 1/8 de final
1994/95   3ª fase
1995/96 21º   3ª fase
1996/97   2ª fase
1997/98 19º   1/4 de final
1998/99 10º 1ª fase
1999/00 1/4 de final

Xogadores destacadosEditar

AdestradoresEditar

PalmarésEditar

Véxase taménEditar