Santiago Cañizares

futbolista español

José Santiago Cañizares Ruiz, nado en Puertollano (Cidade Real) o 18 de decembro de 1969, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.

Santiago Cañizares
Información persoal
Nome José Santiago Cañizares Ruiz
Nacemento 18 de decembro de 1969 (54 anos)
Lugar de nacemento Madrid e Puertollano
Altura 1,81 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1985–1988 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988–1990 Real Madrid B 35 (0)
1990–1991Elche (cedido) 7 (0)
1991–1992Mérida (cedido) 38 (0)
1992–1994 Celta 74 (0)
1994–1998 Real Madrid 41 (0)
1998–2008 Valencia 305 (0)
Total 500 (0)
Selección nacional
1985–1986 España sub-16 10 (0)
1987 España sub-17 1 (0)
1986–1988 España sub-18 8 (0)
1988–1989 España sub-19 5 (0)
1989–1990 España sub-20 6 (0)
1990–1991 España sub-21 3 (0)
1991–1992 España sub-23 6 (0)
1993–2006 España 45 (0)
Na rede
Twitter: santicanizares Instagram: santicanizares FIFA: 83431 UEFA: 4707 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Moita xente cre que naceu en Madrid, aínda que dende pequeno viviu na localidade manchega de Puertollano, o cal non é exacto. Dende ben pequeno comezou xogando no Severo Ochoa, pero aínda que o facía en todas as posicións, onde mellor se sentía era baixo os paus. O seu adestrador Eduardo Caturla foi o que o animou para que ingresara nas categorías inferiores do Real Madrid con só 16 anos.

Máis tarde foi pasando por diversos equipos: Elche CF (1990), CP Mérida (1991) e Celta de Vigo (1992); este último foi o equipo que o impulsou na súa carreira profesional. O 6 de setembro de 1992 debutou na Primeira División.

Na tempada 1994–95 tivo que volver ao equipo merengue, onde primeiro foi suplente de Paco Buyo e despois na temporada 1996–97 trala chegada de Fabio Capello, Illgner pechoulle a porta á titularidade. Aínda así logrou a Liga de Campións no ano 1998. Cando chegou a oferta do Valencia CF no verán do mesmo ano 1998, non soubo rexeitala. Co equipo "ché" gañou a liga na tempada 2003–04, gañando nesa mesma tempada unha Supercopa de España, unha Copa da UEFA e unha Supercopa de Europa.

Selección de fútbol editar

Foi internacional coa selección española nun total de 44 ocasións. O seu debut produciuse o 17 de novembro de 1993 nun decisivo partido en Sevilla ante a selección de Dinamarca na cal España xogaba a súa clasificación para o mundial de Estados Unidos 1994. O porteiro titular foi Andoni Zubizarreta pero debido a súa expulsión, Cañizares tivo que entrar no campo, sendo un dos xogadores determinantes do partido parando un penalti, conseguindo así a clasificación de España para o Mundial dos Estados Unidos.

Foi convocado para os mundiais de 1994, 1998 (nos que só disputou o primeiro partido do mundial de 1994 debido a sanción de Zubizarreta) e para o de 2002 no que se perfilaba como titular pero do que o apartou un curioso accidente doméstico cun frasco de colonia.

Posteriormente foi convocado tamén para as Eurocopas de 1996, 2000 e 2004.

Tamén foi convocado para o Mundial de Alemaña 2006.

Gardameta editar

A nivel individual gañou 4 trofeos Zamoras, o que o coloca como segundo mellor porteiro da historia da liga española só por detrás de Ramallets, ó que estivo a punto de igualar na tempada 2005–06, pero perdeu o Zamora no último partido.

Santiago Cañizares ademais de ser o autor dalgunhas das paradas máis expectaculares da historia do fútbol, destácase por unha especialidade moi particular, parar penaltis. Parou 14 penaltis en partidos oficiais, todo un récord.

Rally editar

En 2010 competiu por primeira vez nunha proba puntuable para o Campionato de España de Rallys, no Rally Sierra Morena, cun Suzuki Swift e levando de copiloto a Dani Cué. En 2011 formou parte do equipo Suzuki Ibérica Motor Sport co que segue pilotando un Suzuki Swift co mesmo copiloto. Ademais, tamén participa en probas de rally clásicos.

Vida privada editar

No verán de 1992 casou coa súa primeira muller Marina Conchello Estébanez, coa que tivo tres fillos (Carlota, Lucas e Olivia) e estivo casado 15 anos. No verán de 2008 casou con Mayte García[1], coa que tivo a Sofía e aos trixemelgos India, Martina e Santi[2].

Notas editar

  1. "Hola, de 6/7/2008.". Arquivado dende o orixinal o 10/07/2012. Consultado o 27/02/2015. 
  2. El Mundo, de 22/2/2013.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar