Campionato de España de Rallys
O Campionato de España de Rallys foi a máxima competición nacional de rally sobre asfalto dende 1956 ata 2020. Estaba organizado pola Real Federación Española de Automobilismo.
Tipo | serie de competición de automobilismo |
---|---|
Deporte | rally |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1956 – |
Calendario
editarNa edición de 2020 do Campionato de España dispútanse 8 rallys, 2 deles en terras galegas:
Historia
editarAnos 1950-1960
editarAínda que xa existían probas de rally anteriormente España, como o Rally Costa Brava e o Rally Nacional do RACE, que levaban celebrándose ambas desde 1953, o Campionato de España non naceu ata 1956. Ese ano a Real Federación Española de Automobilismo creou as bases do que inicialmente chamou "Campionato de España de condutores de rallys" e que combinaba probas tanto de rally como de circuíto e montaña.
O gañador da primeira edición foi Javier Sanglas cun Alfa Romeo Giulietta Veloce co que venceu en probas como o Rally Ibérico.[1][2] Na segunda edición o campionato estaba limitado a condutores españois con licenza de condutor expedida polo Real Automóbil Club de España. O calendario estaba composto por seis probas: 2º Trofeo de Montaña (21 de abril), 5º Rally RACE (30 de maio - 2 de xuño), Volta a Cataluña (28-30 de xuño), Rally dos Pireneos (28 de setembro - 1 de outubro), 2º Rally Ibérico (17-20 de outubro) e circuíto descoñecido (3 de novembro). O certame tivo carácter anual e para proclamarse campión de España era obrigatorio participar no Rally RACE e no Rally Ibérico. O gañador foi Fernando Roqué cun Alfa Romeo Sprint Veloce. O campión de 1958 foi o militar Jaime Milans del Bosch a bordo dun SEAT 1400 B.
Víctor Sagi foi o gañador en 1960 cun Porsche 356, mentres que os BMW 700 de Juan Fernández e Mariano Lorente venceron nas dúas seguintes edicións. Os seguintes anos estiveron dominados pola familia Juncosa, proclamándose campión primeiro Jaime, e logo os seus fillos Jaime Jr. e Manuel, sumando catro títulos entre os tres. Tamén nesa época fixo a súa aparición o francés Bernard Tramont, que gañou o certame en dúas ocasións na modalidade GT cun Renault Alpine A110.
Anos 1970
editarEn 1971 configurouse como Campionato de España de Condutores de Rally e constou só de probas de rally. O calendario incluía 20 rallys: Rally Fallas, Rally Costa Brava, Rally Vasco-Navarro, Critérium Guillerías, Critérium Luis de Baviera, Ruta do Salmón-Cidade de Xixón, 500 km Nocturnos Bujías Bosch, Critérium da Rioxa, Rally de Ourense, Rally do Cid, Rally Rías Baixas, Rally Bosch, Rally Cidade de Oviedo, Rally do Sherry, Rally de España, Rally Firestone, Rally Barcelona-Andorra, Rally 2000 Viraxes e Rally Costa do Sol, que deron como vencedor a Lucas Sainz, copilotado por Juan Carlos Oñoro e a bordo dun Alpine 1490, con algunha incursión nun Renault R8 TS. Disputouse ao mesmo tempo o campionato de España feminino de rallys, certame que se organizou durante oito anos. Ata 1972 só se disputou el campionato de pilotos, introducíndose en 1973 o certame de marcas, sendo SEAT o primeiro vencedor. Durante os seguintes cinco anos o piloto catalán Antonio Zanini proclamouse campión sempre con modelos da casa SEAT. A partir de 1975 a Federación, para animar aos pilotos a participar en competicións internacionais, decidiu facer puntuables probas do estranxeiro, como o 24 Horas de Ypress, o Rally de Polonia, o Rally de Portugal ou o Rally de San Martino di Castrozza. En 1980 comezouse a premiar tamén a categoría de vehículos do Grupo N.
Anos 1980
editarO calendario sufriu moitos cambios na década de 1980, aumentando e reducindo o número de probas (28 en 1982, 10 en 1988). En 1983 creouse o Campionato de España de Rallys de Terra e o Campionato Internacional de Rally, co propósito de motivar aos pilotos a competir fóra de España. De 1984 a 1992 disputouse tamén a Copa de España de Rally, paralela ao Campionato de España.
Durante esta década Antonio Zanini elevou a súa cifra de títulos ata oito, gañando o último deles en 1984 cun Ferrari 308 GTB. Salvador Serviá gañou os dous seguintes campionatos cun Lancia Rally 037, mentres que Carlos Sainz cun Ford Sierra RS Cosworth foi o vencedor en 1987 e 1988, no segundo deles tendo como copiloto ao coruñés Luís Moya co que gañaría logo dous Campionatos do Mundo. O BMW M3 de Pep Bassas foi o vencedor en 1989.
Anos 1990
editarEntre 1990 e 2002, o cántabro Chus Puras igualou o récord de Antonio Zanini, logrando el título en oito ocasións e con dúas marcas diferentes: Lancia e Citroën, gañando con esta última en seis ocasións, dúas co Citroën ZX, tres co Citroën Xsara Kit Car e unha co Xsara WRC. Tan só en cinco ocasións outros pilotos puideron gañar o campionato entre 1990 e 2002, algúns aproveitando a non participación de Chus Puras: Ponce (1991), Bardolet (1993), Oriol Gómez (1994), Climent (1996) e Monzón (2001).
Anos 2000
editarA partir de 2003 comezaron a triunfar os vehículos da categoría Super 1600, logrando o campionato Miguel Ángel Fuster (2003), Alberto Hevia (2004), Dani Sordo (2005) e Dani Solá (2006) con estes automóbiles, para logo deixar paso a outra categoría, a Super 2000, que só cedeu un título fronte ao Porsche 997 dos irmáns lucenses Sergio e Diego Vallejo.
Anos 2010
editarNa década de 2010 Miguel ángel Fuster gañou catro títulos máis, elevando a súa conta ata 6, mentres que os irmáns Vallejo conquistaron o seu segundo campionato en 2014. O aragonés Cristian García e o piloto de Cambre Iván Ares coroáronse en 2016 e 2017 respectivamente, mentres que o madrileño Pepe López gañou cun Citroën C3 R5 as dúas derradeiras edicións do campionato, en 2019 e 2020.
En 2021 a RFEDA realizou modificacións nos campionatos, convertendo ao Súper Campionato de España no principal certame, combinando probas de aslfalto con probas de terra. Deste xeito desapareceron os antigos campionatos de asfalto e terra, e creándose no seu lugar a Copa de España de Rallys de Asfalto e a Copa de España de Rallys de Terra como certames de segundo nivel.[3][4]
Palmarés
editarNotas
editar- ↑ Gibert, Francisco de S. (1 de febreiro de 1957). "Automovilismo". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2021.
- ↑ "El I Rallye Automovilista Ibérico" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). 7 de novembro de 1956. Consultado o 11 de abril de 2021.
- ↑ "Calendario 2021 del Supercampeonato de España de Rallyes". todoformula1.net/ (en castelán). 29 de decembro de 2020. Consultado o 11 de abril de 2021.
- ↑ "En 2021 verán la luz sendas Copas de España, la de Rallyes de Asfalto y la de Rallyes de Tierra". motoralicante.com (en castelán). 16 de novembro de 2020. Consultado o 11 de abril de 2021.