Rally Princesa de Asturias

O Rally Princesa de Asturias Cidade de Oviedo é un rally que se celebra anualmente en Asturias dende 1964, organizado polo Automóvil Club Principado de Asturias (ACPA). É puntuable para o Súper Campionato de España de Rallys e o Campionato de Asturias de Rallys e no pasado tamén o foi para o Campionato de España de Rallys e o Campionato de Europa de Rally (1983-1986, 1993-1998, 2004-2005, 2009-2012) e o Intercontinental Rally Challenge (2008-2009). A sede do rally sitúase xeralmente en Oviedo aínda que nalgunhas edicións trasladouse a Cangas del Narcea.

Rally Princesa de Asturias
Saída do Rally Príncipe de Asturias de 2011.
Fundación1964
RexiónAsturias Asturias
CopaEspaña, Asturias
Máis laureadoEspaña Jesús Puras (5)
OrganizadorAutomóvil Club Principado de Asturias

A proba naceu en 1964 baixo o nome de Rally Gran Premio de Oviedo. Posteriormente pasou a denominarse Rally Cidade de Oviedo ata a década de 1970, cando se cambiou por Rally Príncipe de Asturias Cidade de Oviedo, nome que mantivo ata 2015, cando adoptou o nome actual.

Historia editar

 
Alberto Hevia no Rally Príncipe de Asturias 2009.

Comezou a celebrarse en 1964, sendo unha das probas máis antigas celebradas en España. Naquela primeira edición a inscrición ascendía a 800 pesetas, cun importe en premios de 30.000 pesetas.

A proba é puntuable para o Campionato de España e o de Asturias e foino para o Campionato de Europa. O 19 de xullo de 2007 confirmouse o acordo con Eurosport para a inclusión no calendario do Intercontinental Rally Challenge, do que formou parte en 2008 e 2009.

En abril de 2013, o Rally Príncipe de Asturias caeu do calendario debido á falta de apoio institucional,[1] pero días despois do anuncio da súa cancelación, a organización anunciou a celebración da proba tras obter o apoio do concello de Cangas del Narcea.[2]

O 29 de xuño de 2013 celebrouse o primeiro "Rally Formula Príncipe de Asturias", cuxo obxectivo era recadar diñeiro para o rally. O evento celebrouse no circuíto "Toño Fernández" na parroquia de Cibuyo, no concello de Cangas del Narcea, e os días 14, 15 e 16 de setembro celebrouse a 50ª edición do rally,[3][4] cuxo gañador foi Luis Monzón (Mini John Cooper Works WRC), seguido de Sergio Vallejo (Porsche 997) e Óscar Palacio (Porsche 911).[5]

En 2015, debido aos cambios ocorridos na xefatura de Estado, decidiu cambiar o nome do evento por Rally Princesa de Asturias Ciudad de Oviedo, así como cambiar o epicentro do evento á cidade de Oviedo, despois de dúas edicións celebradas en Cangas del Narcea.[6]

Palmarés editar

Ano Edición Piloto Copiloto Automóbil Series
1964 1º Rallye Gran Premio Oviedo   Luis Huerta   José Luis Tuya Ford Cortina Lotus
1965 2º Rallye Gran Premio Oviedo   Luis Fernández Travanco   Fernando G. Corujedo Austin Morris 1100
1966 3º Rallye Gran Premio Oviedo   Pedro Puche   Pedro Mengual Saab 96 Sport España
1967 4º Rallye Gran Premio Oviedo   Roter Baron Ben   Ricardo Muñoz Porsche 911 España
1968 5º Rallye Premio Cidade de Oviedo   Bernard Tramont   Ricardo Muñoz Renault Alpine A110-1440 España
1969 6º Rallye Premio Cidade de Oviedo   Bernard Tramont   Luis Blasco Renault Alpine A110-1440 España
1970 7º Rallye Premio Cidade de Oviedo   Eladio Doncel   Juan Antonio Conde Porsche 911 España
1971 8º Rallye Premio Cidade de Oviedo   Alberto Ruiz-Giménez   Juan Antonio Conde Porsche 911 España
1972 9º Rallye Cidade de Oviedo   Estanislao Reverter   Antonio Reverter Alpinche España
1973 10º Rallye Cidade de Oviedo   Juan Ignacio Villacieros   José Antonio Lobo Renault Alpine A110-1525
1974 11º Rallye Cidade de Oviedo   Salvador Cañellas   Daniel Ferrater Seat 1430-1800 España
1975 12º Rallye de Asturias   Antonio Zanini   Eduardo M. Adam Seat 1430-1800 España
1977 14º Rally Príncipe de Asturias   José María Puig   Enrique Pérez Caso Seat 124/1800 España
1978 15º Rally Príncipe de Asturias   Tino Suárez   José Bernardo Pino Seat 124 FL-80 España
1979 16º Rally Príncipe de Asturias   Aladino Martínez   Manuel López Seat 124/2000 España
1980 17º Rally Príncipe de Asturias   José Antonio López-Fombona   Luis Menéndez Fiat 131 Abarth España
1981 18º Rally Príncipe de Asturias   Genito Ortiz   Susi Cabal Renault 5 Turbo 2 España
1982 19º Rally Príncipe de Asturias   Antonio Zanini   Víctor Sabater Talbot Sunbeam Lotus España
1983 20º Rally Príncipe de Asturias   Genito Ortiz   Ramón Mínguez Renault 5 Turbo España, ERC
1984 21º Rally Príncipe de Asturias   Salvador Serviá   Jordi Sabater Opel Manta 400 España, ERC
1985 22º Rally Príncipe de Asturias   Salvador Serviá   Jordi Sabater Lancia 037 Rallye España, ERC
1986 23º Rally Príncipe de Asturias   Fabrizio Tabaton   Luziano Tedeschini Lancia Delta S4 España, ERC
1987 24º Rally Príncipe de Asturias   Carlos Sainz   Antonio Boto Ford Sierra RS Cosworth España
1988 25º Rally Príncipe de Asturias   Alex Fiorio   Luigi Pirollo Lancia Delta HF Integrale España
1989 26º Rally Príncipe de Asturias   Pep Bassas   Antonio Rodríguez BMW M3 España
1990 27º Rally Príncipe de Asturias   Jesús Puras   José Arrate Lancia Delta Integrale I 16V España
1991 28º Rally Príncipe de Asturias   José María Ponce   José Carlos Déniz BMW M3 España
1992 29º Rally Príncipe de Asturias   Pedro Diego   Icíar Muguerza Lancia Delta HF Integrale 16V España
1993 30º Rally Príncipe de Asturias   Daniel Alonso   Salvador Belzunces Ford Escort RS Cosworth España, ERC
1994 31º Rally Príncipe de Asturias   Oriol Gómez   Marc Martí Renault Clio Williams España, ERC
1995 32º Rally Príncipe de Asturias   Luis Monzón   José Carlos Déniz Ford Escort RS Cosworth España, ERC
1996 33º Rally Príncipe de Asturias   Oriol Gómez   Marc Martí Renault Mégane Maxi España, ERC
1997 34º Rally Príncipe de Asturias   Jesús Puras   Carlos del Barrio Citroën ZX 16V España, ERC
1998 35º Rally Príncipe de Asturias   Jesús Puras   Carlos del Barrio Citroën Xsara Kit Car España, ERC
1999 36º Rally Príncipe de Asturias   Jesús Puras   Carlos del Barrio Citroën Xsara Kit Car España
2000 37º Rally Príncipe de Asturias   Jesús Puras   Marc Martí Citroën Xsara Kit Car España
2001 38º Rally Príncipe de Asturias   Luis Monzón   José Carlos Déniz Peugeot 206 WRC España
2002 39º Rally Príncipe de Asturias   Manuel Cabo   Eduardo González Citroën Saxo Kit Car Asturias
2003 40º Rally Príncipe de Asturias   Enrique García Ojeda   Raquel Fernández Peugeot 206 S1600 España
2004 41º Rally Príncipe de Asturias   Alberto Hevia   Alberto Iglesias Pin Renault Clio S1600 España, ERC
2005 42º Rally Príncipe de Asturias   Daniel Sordo   Marc Martí Citroën C2 S1600 España, ERC
2006 43º Rally Príncipe de Asturias   Dani Solà   Xavier Amigo Citroën C2 S1600 España
2007 44º Rally Príncipe de Asturias   Enrique García Ojeda   Jordi Barrabés Peugeot 207 S2000 España
2008 45º Rally Príncipe de Asturias   Giandomenico Basso   Mitia Dotta Fiat Grande Punto S2000 España, IRC
2009 46º Rally Príncipe de Asturias   Jan Kopecký   Petr Starý Škoda Fabia S2000 España, IRC, ERC
2010 47º Rally Príncipe de Asturias   Alberto Hevia   Alberto Iglesias Pin Škoda Fabia S2000 España, ERC
2011 48º Rally Príncipe de Asturias   Miguel Ángel Fuster   Ignacio Aviñó Porsche 997 GT3 RS 3.6 España, ERC
2012 49º Rally Príncipe de Asturias   Joan Vinyes[7]   Jordi Mercader Suzuki Swift S1600 España, ERC
2013 50º Rally Príncipe de Asturias   Luis Monzón   José Carlos Déniz Mini John Cooper Works WRC España
2014 51º Rally Príncipe de Asturias   Miguel Ángel Fuster   Ignacio Aviñó Ford Festa R5 España
2015 52º Rally Princesa de Asturias   Miguel Ángel Fuster   Ignacio Aviñó Porsche 997 GT3 RS 3.8 España
2016 53º Rally Princesa de Asturias   Iván Ares   José Antonio Pintor Škoda Fabia R5 España
2017 54º Rally Princesa de Asturias   Iván Ares   José Antonio Pintor Hyundai i20 R5 España
2018 55º Rally Princesa de Asturias   José Antonio Suárez   Cándido Carrera Hyundai i20 R5 CERA
2019 56º Rally Princesa de Asturias   José Antonio Suárez   Alberto Iglesias Pin Škoda Fabia R5 CERA
2020 57º Rally Princesa de Asturias   José Antonio Suárez   Alberto Iglesias Pin Škoda Fabia R5 CERA
2021 58º Rally Princesa de Asturias   José Antonio Suárez   Alberto Iglesias Pin Škoda Fabia R5 S-CER

Notas editar

  1. Nacho Villarín. "Última Hora: Asturias se queda sin 'Príncipe'". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2015. Consultado o 24 de abril de 2013. 
  2. Villarín, Nacho. "El 'Príncipe' salva sus bodas de oro" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  3. López, Pipo (1 de maio de 2013). As, ed. "El Príncipe de Asturias podrá celebrar su 50 aniversario" (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  4. "El Rally Príncipe de Asturias celebrará su 50 edición". As (en castelán). 1 de mayo de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  5. Curuxa Rallye, ed. (15 de setembro de 2013). "Oscar Palacio y Agustín Ramos, terceros en el 50º Rallye Príncipe de Asturias" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  6. "El Rallye Príncipe de Asturias cambia de nombre" (en castelán). 22 de maio de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  7. www.revistascratch.com. "Triste victoria de Joan Vinyes en el 49 Rallye Príncipe de Asturias". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 11 de octubre de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Casaprima Collera, Adolfo (1999). El Príncipe de los rallyes (Historia del Rallye Ciudad de Oviedo-Príncipe de Asturias, 1964-1998). (en castelán). Casaprima Editor. 

Ligazóns externas editar