Marc Martí Moreno, nado en Molins de Rei, Barcelona, o 1 de outubro de 1966, é un copiloto de rallys que traballou con pilotos como Carlos Sainz e, desde 2005, con Daniel Sordo.

Marc Martí
Nome completoMarc Martí Moreno
Nacemento1 de outubro de 1966
Lugar de nacementoMolins de Rei
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónenxeñeiro e copiloto
Na rede
Twitter: marcmarti_wrc Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A súa estrea profesional foi co piloto catalán Oriol Gómez en diferentes equipos, como Peugeot, Renault e SEAT, e gañou o Campionato de España en 1994. Máis tarde fichou polo equipo de Citroën e converteuse en copiloto de Jesús Puras, co que tamén chegou a gañar o Campionato de España en varias ocasións. No ano 2003, ao se retirar o copiloto de Carlos Sainz, Luís Moya, Marc Martí converteuse no seu substituto e participou con el no Campionato do Mundo de 2004, onde rematou en terceira posición e logrou algunhas vitorias, como o Rally de Turquía. A seguinte tempada rematou na cuarta posición e acadou a vitoria no Rally da Arxentina.

Coa retirada de Sainz no ano 2005, Marc copilotou para Daniel Sordo, co que foi campión mundial júnior e campión de España cun Citroën C2. Desde a tempada de 2006 Marc é o copiloto de Daniel Sordo no Campionato do Mundo co equipo oficial de Citroën.

No ano 2010, antes do Rally de Alemaña, Marc decidiu rematar a súa etapa con Dani Sordo e cedeu o posto a Diego Vallejo e algunhas semanas máis tarde volveu ao mundial co piloto andorrano Albert Llovera[1]. No ano 2010 foi copiloto do chileno Eliseo Salazar. No ano 2014 volveu formar equipo de novo con Daniel Sordo.

Notas editar

  1. "Martí regresa al WRC con Albert Llovera". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2016.