Luís Moya

copiloto galego de rally

Luís Rodríguez Moya, nado na Coruña o 23 de setembro de 1960, é un copiloto de rallys galego. É o cuarto copiloto máis laureado da historia do Campionato do Mundo de rallys, e é coñecido sobre todo polos catorce anos que competiu xunto a Carlos Sainz.

Infotaula de personaLuís Moya

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Luís Rodríguez Moya Editar o valor em Wikidata
23 de setembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncopiloto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992Campionato do Mundo de Rally (1º)
1990Campionato do Mundo de Rally (1º)
1988Campionato de España de Rallys (1º)
1987Campionato de España de Rallys (1º) Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: lmoya_oficial Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a súa actividade deportiva en 1983 debutando no rally das Rías Baixas sendo o navegante de José Mariñas nun Renault 5 Copa. Formou equipo con José Mora, co que gañou o campionato galego de rallys en 1985 e 1986. Neste último conseguiron tamén o segundo posto na Copa de España da especialidade.

En 1987 pasou a acompañar a Guillermo Barreras, xa dentro do equipo oficial de Renault, e só un ano despois debutou con Carlos Sainz, co que estivo ata o final do ano 2002 e co que logrou dous títulos mundiais, catro subcampionatos e cinco terceiros postos. Con 24 vitorias no Mundial é o copiloto máis laureado da historia do Campionato do Mundo de rallys.

En decembro de 2002 pasou a traballar como director deportivo de Subaru no Mundial de rallys.

Binomio con Sáinz editar

Xunto con Sainz viviu un dos seus peores momentos deportivos co abandono en 1998 do RAC Rally de Inglaterra[1] a tan só 700 metros da meta. Naquel abandono Luis Moya golpeou impotente o Toyota Corolla WRC tras berrar a coñecida frase: "Trata de arrancarlo, Carlos; Por Dios Carlos, trata de arrancarlo", ó quedar o seu coche avariado, impedíndolles no último momento proclamárense campións mundiais por terceira vez.

Despois da súa retirada seguiu vencellado ó Mundial de Rallys como director xeral do equipo Subaru, co que conseguiu un mundial de pilotos co noruegués Petter Solberg.

No 2007 retomou os labores de copilotaxe de modo ocasional. Unha delas foi con Manuel Quijano, cantante do grupo Café Quijano, probando fortuna en raids a bordo dun Toyota Pick-Up. A outra ocasión foi con Carlos Sainz na disputa do XVII Rally Shalymar, en Madrid. A bordo dun Sköda Fabia WRC conseguiron a vitoria nos tramos da Serra Madrileña.

O 11 de outubro de 2007 Luís Moya cruzou o estreito de Xibraltar a nado, en beneficio da organización non gobernamental da Cociña Económica da Coruña[2], que fora presidida polo seu pai. Tardou en percorrer os 14 km do estreito 5:35'[3].

Palmarés editar

  • 1985: Campión galego de rallys. Xunto a José Mora nun Renault 5 Turbo 1.
  • 1986: Campión galego de rallys. Xunto a José Mora nun Renault Supercinco GT Turbo.
  • 1988: 10º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Sierra Cosworth.

Abandono en Portugal (problemas co motor); 5º en Córsega; 6º en Finlandia (rally dos Mil Lagos); 5º en Italia (rally de San Remo); 7º en Inglaterra (RAC rally).

  • 1989: 8º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Celica GT4.

Abandono en Montecarlo (accidente); Abandono en Portugal (accidente); Abandono en Córsega (problemas co motor); Abandono en Grecia (rally da Acrópole, problemas de chasis); 3º en Finlandia; 3º en Italia; 2º en Inglaterra.

  • 1990: no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Celica GT4.

2º en Montecarlo; Abandono en Portugal (problemas coa transmisión); 4º no rally Safari (Kenya); 2º en Córsega; 1º en Grecia; 1º en Nova Zelandia; 2º na Arxentina; 1º en Finlandia; 2º en Australia; 3º en Italia; 1º en Inglaterra.

  • 1991: 2º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Celica GT4.

1º en Montecarlo; 1º en Portugal; Abandono en Kenya (problemas co motor); 1º en Córsega; 2º en Grecia; 1º en Nova Zelandia; 1º na Arxentina; 4º en Finlandia; Abandono en Australia (accidente); 6º en Italia; Abandono en Cataluña (problema eléctrico); 3º en Inglaterra.

  • 1992: no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Celica 4WD.

2º en Montecarlo; 3º en Portugal; 1º en Kenya; 4º en Córsega; Abandono en Grecia (accidente); 1º en Nova Zelandia; 2º na Arxentina; 3º en Australia; 1º en Cataluña; 1º en Inglaterra.

  • 1993: 8º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Lancia HF Integrale.

14º en Montecarlo; Abandono en Portugal (accidente); 4º en Córsega; 2º en Grecia; Abandono na Arxentina (problemas co motor); 4º en Nova Zelandia; Abandono en Australia (accidente); descalificado en Italia (combustible); Abandono en Cataluña (problema eléctrico).

  • 1994: 2º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Subaru Impreza.

3º en Montecarlo; 4º en Portugal; 2º en Córsega; 1º en Grecia; 2º na Arxentina; Abandono en Nova Zelandia (problemas co motor); 3º en Finlandia; 2º en Italia; Abandono en Inglaterra.

  • 1995: 2º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Subaru Impreza.

1º en Montecarlo; Abandono en Suecia (motor); 1º en Portugal; 4º en Córsega; Abandono en Australia (problemas co motor); 1º en Cataluña; 2º en Inglaterra.

  • 1996: 3º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Escort RS Cosworth.

2º en Suecia; Abandono en Kenya (chasis); 1º en Indonesia; 3º en Grecia; 2º na Arxentina; Abandono en Finlandia (caixa de cambios); 3º en Australia; 2º en Italia; Abandono en Cataluña (accidente).

  • 1997: 3º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Escort WRC.

2º en Montecarlo; 2º en Suecia; Abandono en Kenya (problemas cunha roda); Abandono en Portugal (transmisión); 10º en Cataluña; 2º en Córsega; Abandono na Arxentina (motor); 1º en Grecia; 2º en Nova Zelandia; Abandono en Finlandia (caixa de cambios); 1º en Indonesia; 4º en Italia; Abandono en Australia (motor); 3º en Inglaterra.

  • 1998: 2º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Corolla WRC.

1º en Montecarlo; 2º en Suecia; Abandono en Kenya (problemas coa suspensión); 2º en Portugal; Abandono en Cataluña; Abandono en Córsega; 2º na Arxentina; 4º en Grecia; 1º en Nova Zelandia; 2º en Finlandia; 4º en Italia; 2º en Australia.

  • 1999: 4º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Toyota Corolla WRC.

Abandono en Montecarlo (saída de pista); 2º en Suecia; 3º en Kenya; 2º en Portugal; Abandono en Cataluña; 3º en Córsega; 5º na Arxentina; 2º en Grecia; 6º en Nova Zelandia; 3º en Finlandia; 3º na China; Abandono en Italia; 2º en Australia; Abandono en Inglaterra.

  • 2000: 3º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Focus.

2º en Montecarlo; Abandono en Suecia; 4º en Kenya; 3º en Portugal; 3º en Cataluña; Abandono na Arxentina; 2º en Grecia; 3º en Nova Zelandia; 14º en Finlandia; 1º en Chipre; 3º en Córsega; 5º en Italia; Descualificado en Australia; 4º en Inglaterra.

  • 2001: 6º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Focus.

2º en Montecarlo; 3º en Suecia; 2º en Portugal; 5º en Cataluña; 3º na Arxentina; 3º en Chipre; Abandono en Grecia; Abandono en Kenya; 6º en Finlandia; 4º en Nova Zelandia; 4º en Italia; Abandono en Córsega; 8º en Australia.

  • 2002: 3º no Campionato do Mundo de rallys. Xunto a Carlos Sainz nun Ford Focus.

3º en Montecarlo; 3º en Suecia; 6º en Córsega; Abandono en Cataluña; 11º en Chipre; 1º na Arxentina; 3º en Grecia; Abandono en Kenya; 4º en Finlandia; 8º en Alemaña; Abandono en Italia; 4º en Nova Zelandia; 4º en Australia; 3º en Inglaterra.

Vitorias no campionato do mundo de rallyes (WRC) editar

# Tempada Rally País Copiloto Vehículo
1 1990 37º Rally da Acropole   Grecia   Luís Moya Toyota Celica GT-4 ST165
2 1990 20ºRally de Nova Zelandia   Nova Zelandia   Luís Moya Toyota Celica GT-4 ST165
3 1990 40º Rally dos 1000 lagos   Finlandia   Luís Moya Toyota Celica GT-4 ST165
4 1990 46º Rally do Reino Unido   Reino Unido   Luís Moya Toyota Celica GT-4 ST165
5 1991 59º Rally de Monte Carlo   Mónaco   Luís Moya Toyota Celica GT-4 ST165
6 1991 25º Rally de Portugal   Portugal   Luís Moya Toyota Celica GT-4 ST165
7 1991 35º Tour de Corsega   Francia   Luís Moya Toyota Celica GT-4 ST165
8 1991 21º Rally de Nova Zelandia   Nova Zelandia   Luís Moya Toyota Celica GT-4 ST165
9 1991 11º Rally da Arxentina   Arxentina   Luís Moya Toyota Celica GT-4 ST165
10 1992 40º Rally Safari   Kenya   Luís Moya Toyota Celica Turbo 4WD ST185
11 1992 22º Rally de Nova Zelandia   Nova Zelandia   Luís Moya Toyota Celica Turbo 4WD ST185
12 1992 28º Rally de Cataluña   España   Luís Moya Toyota Celica Turbo 4WD ST185
13 1992 48º Rally do Reino Unido   Reino Unido   Luís Moya Toyota Celica Turbo 4WD ST185
14 1994 41º Rally da Acropole   Grecia   Luís Moya Subaru Impreza 555
15 1995 63º Rally de Monte Carlo   Mónaco   Luís Moya Subaru Impreza 555
16 1995 29º Rally de Portugal   Portugal   Luís Moya Subaru Impreza 555
17 1995 31º Rally de Cataluña   España   Luís Moya Subaru Impreza 555
18 1996 21º Rally de Indonesia   Indonesia   Luís Moya Ford Escort RS Cosworth
19 1997 44º Rally da Acropole   Grecia   Luís Moya Ford Escort WRC
20 1997 22º Rally de Indonesia   Indonesia   Luís Moya Ford Escort WRC
21 1998 66º Rally de Monte-Carlo   Mónaco   Luís Moya Toyota Corolla WRC
22 1998 28º Rallye de Nova Zelandia   Nova Zelandia   Luís Moya Toyota Corolla WRC
23 2000 28º Rally de Chipre   Chipre   Luís Moya Ford Focus WRC 00
24 2002 22º Rally da Arxentina   Arxentina   Luís Moya Ford Focus RS WRC 02

Notas editar

Véxase tamén editar