Guillermo Barreras

piloto galego de rallys

Guillermo Barreras Larramendi, nado en Vigo, é un expiloto galego de rallys. Foi campión de España de rallys de terra en 1985.

Infotaula de personaGuillermo Barreras
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Vigo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAna María Barbero Zurita Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Naceu en Vigo nunha familia vinculada aos estaleiros Barreras,[1] sendo seu avó o industrial e deputado José Barreras Massó. A afección ao motor veulle por parte familiar, pois seu pai competira en carreiras de sidecar, mentres que os seus irmáns máis vellos tamén competían en diferentes disciplinas de deportes de motor.[2] Comezou a competir nos anos 70, nalgunhas ocasións como piloto e noutras como copiloto.

Copiloto no Campionato de España de asfalto (1979-1984) editar

En 1979 disputou o Campionato de España de Rallys como copiloto de Mariano Lacasa, a bordo dun Opel Kaddet GT/E e correu tamén o Rallye des 1000 Pistes francés, como copiloto do cántabro Genito Ortiz, sobre un Simca 1200 TI.

Seat-Rothmans (1981) editar

En 1981 fichou como copiloto oficial do equipo Seat-Rothmans, formando parella co segoviano Pablo de Sousa.[2] A bordo dun Seat 124 2000 lograron bos resultados, que sumados á vitoria que logrou xunto a Genito Ortiz no Rally Cataluña, copilotando un Renault 5 Turbo,[3] fixeron que Barreras rematase cuarto entre os copilotos no Campionato de España.[4]

FASA Renault (1982) editar

En 1982 pasou a ser o copiloto oficial de Fasa Renault con Ortiz,[2] gañando o Rally de Gibralfaro, o Rally Vuelta a Aragón e o Rally Illas Canarias e conseguindo catro segundos postos. Por último, no Rally de Shalymar foi copiloto de José Antonio Zorrilla, rematando a tempada do campionato nacional como terceiro clasificado.[5]

Opel e nacional de terra (1983-1984) editar

En 1983 pasou a ser copiloto oficial de Opel no campionato nacional, estreando o novo Opel Manta 400 xunto a Juan Carlos Oñoro, co que quedaron terceiros no Rally San Agustín. Tamén ese ano disputou como piloto o Campionato de España de Rallys de Terra, cun Renault 5 Turbo e acompañado por seu irmán Luis como copiloto. Rematou na cuarta posición final despois de quedar segundo nas dúas últimas carreiras, en Zaragoza e Sigüenza.[6] En 1984 gañou a primeira edición do Rally RACE de Lugo, onde a pesar de envorcar conseguiu vencer marcando exactamente o mesmo tempo que Antonio Zanini, declarándose gañador a Barreras por ser o máis rápido no primeiro treito.[7] Venceu tamén no Rally RACE Madrid, de novo por diante de Zanini. Con todo, varios abandonos noutros rallys fixeron que só puidese ser cuarto na clasificación final do campionato, igual que o ano anterior.[8] Ademais disputou como copiloto o nacional de asfalto, xunto a Genito Ortiz, conseguindo varios podios e rematando en sétima posición.[8]

Campión de España de terra (1985-1986) editar

En 1985 deixou a súa faceta de copiloto, adicándose só a pilotar. Comezou o nacional de terra gañando as dúas primeiras probas, o Rally RACE Málaga e a segunda edición do Rally RACE Lugo. A continuación sufriu dous abandonos nas dúas seguintes carreiras, en Estremadura e Xèrica (Castelló) e gañou as dúas seguintes, o Rally RACE Soria e o Rally Terra de Cataluña, chegando á última proba, o Rally RACE Madrid, como líder do campionato, con Juan Carlos Oñoro como único rival para o título. A Barreras chegáballe con rematar entre os seis primeiros para lograr o título.[9] Finalmente quedou segundo en Madrid, proclamándose deste xeito campión de España de rallys de terra con 153 puntos, 17 máis que Oñoro.[10][11]

En 1986 disputou o nacional de asfalto cun Renault 11 e con Ramón Mínguez de copiloto, sufrindo numerosas avarías. Correron tamén o nacional de terra, a bordo do Renault 5 Turbo, e comezaron gañando a proba inaugural en Cardona. Con todo, o posto 41º nun duro Rally de Lugo[12] e os abandonos nas seguintes probas impedíronlle revalidar o título, que foi ese ano para Oñoro.[13]

Piloto oficial de Renault (1987) editar

En 1987 fichou como piloto oficial de Renault e disputou o campionato de España de asfalto cun Renault 11 oficial, tendo como copiloto a Luis Moya, campión galego da tempada pasada.[14] Estreáronse no Rally Costa Brava, onde tiveron que abandonar cando rodaban terceiros, despois de que se lles queimase a xunta da culata.[15] Tamén abandonaron no segundo rally, o Praia de Aro, despois de que lles rompese o turbo,[16] no terceiro, Serra Morena, onde sufriron unha saída de pista[17] e no cuarto, en Alacant. A continuación quedaron ás portas do podio no Rally Villa de Llanes, despois de picar unha roda no primeiro treito e protagonizar unha remontada,[18] e non participaron no seguinte, nas Illas Canarias.[19] Sumaron un novo abandono no Rally Príncipe de Asturias,[20] mentres que na seguinte proba, o Rally San Froilán, conseguiron o seu único podio da tempada, ao quedar segundos por detrás do Ford Sierra RS Cosworth de Carlos Sainz e Antonio Boto. Beny Fernández e José Luis Sala completaron o podio.[21] A finais de outubro disputou con Mínguez como copiloto, por estar Moya con gripe, o Rally Cataluña, penúltima proba do campionato, rematando en cuarta posición por detrás do italiano Dario Cerrato e de Pep Bassas e Chus Puras.[22] Finalmente sufriu problemas co turbo no Rally Valeo, tendo que abandonar de novo. Disputou tamén o Rally RACE de Madrid, derradeira proba do nacional de terra, finalizando en oitava posición despois de sufrir unha saída de pista.[23]

Regreso á terra (1988-1993) editar

En 1988 volveu á terra, disputando de forma íntegra o campionato de España cun Renault 5 Maxi Turbo e con Mínguez como copiloto. Sufriu tres abandonos e subiu ao podio en tres dos rallys, Avilés (3º), Toledo (2º) e Madrid (2º), rematando o campionato na cuarta posición, por detrás de Trelles, Zanini e Serviá. Ademais disputou o Campionato de España de Velocidade en Circuíto, rematando en quinta posición.[24] En 1989 gañou en Avilés[25] e obtivo catro segundos postos, cos que sumou 132 puntos, proclamándose subcampión de España, a 28 puntos do uruguaio Trelles.[26]

Nos seguintes anos correu o nacional de terra cun Citroën AX 4x4. En 1990 gañou o Rally de Madrid e en 1991 o de Balaguer, finalizando ese último ano o campionato como cuarto clasificado.[27] Nas dúas seguintes tempadas quedou como terceiro clasificado final, despois de gañar varios rallys como o de Lugo ou o de Madrid, ámbolos dous por terceira vez.[28][29][30]

Lancia Delta e retiro dos rallys (1994-actualidade) editar

En 1994 comezou a correr cun Lancia Delta HF Integrale, co que gañou ese ano o Rally de Terra da Rioxa e en 1996 o Rally RACC Calaf. As súas aparicións en rallys xa eran máis escasas neses anos e compaxinábaas con competicións de golf. Finalmente deixou os rallys e adicouse ao mantemento de campos de golf.[31] Foi tamén presidente do Real Aero Club de Vigo.[32]

Vida persoal editar

A súa esposa, Ana Barbero, tamén se adicou aos rallys, proclamándose vencedora do Campionato de Galicia de Rally de Terra en 1992,[33] mentres que a súa filla, Ana Barreras, compite en carreiras de monomarcas en circuítos,[34] disputando dende 2018 a Copa Kobe Motor.[35]

Notas editar

  1. "Una familia que bien vale un Campeonato de España histórico". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de novembro de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Un deportivo de lujo: El Opel Manta 400". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de agosto de 1983. p. 19. 
  3. "Palmarés do Rally Cataluña" (PDF). 16 de xuño de 2020 (en castelán). p. 7. Consultado o rallyracc.com. 
  4. "Excelente papel de los vigueses en los campeonatos de España". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de decembro de 1981. p. 37. 
  5. "Clasificacións nacionais de 1982" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  6. "Resultados nacionais de 1983" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  7. "Barreras ganó el rallye de tierra de Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xuño de 1984. p. 22. 
  8. 8,0 8,1 "Resultados nacionais de 1984" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  9. Arévalo, Fernando (30 de novembro de 1985). "Guillermo Barreras puede proclamarse hoy campeón nacional de rallys de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). p. 38. 
  10. "Clasificacións nacionais de 1985" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  11. Arévalo, Fernando (5 de decembro de 1985). "Barreras sucede a Zanini como campeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). p. 43. 
  12. "Oñoro ganó el rally «Ciudad de Lugo, puntuable para el Campeonato de España". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 25 de maio de 1986. p. 51. 
  13. "Serviá ganó y Pereira volcó dos veces en el rally de tierra de Soria". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 29 de setembro de 1986. p. 59. 
  14. "El Campeonato de España de rallies comenzará el jueves en Lloret de Mar con el «Costa Brava»". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de febreiro de 1987. p. 41. 
  15. "Buen comienzo de Salvador Serviá, que se impuso en el Rally Costa Brava". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de febreiro de 1987. p. 45. 
  16. "Tras ganar en Playa de Aro, Servia y Sabater se afianzan al frente del Campeonato de España de Rallys". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de abril de 1987. p. 42. 
  17. "Moratal rompió la racha de Serviá en el Sierra Morena". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 5 de maio de 1987. p. 42. 
  18. "Barreras, Bassas y Serviá no pudieron evitar el triunfo de Sainz en el Rally de Llanes". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 9 de xuño de 1987. p. 44. 
  19. "Con su triunfo en Las Palmas, Carlos Sáinz se colocó segundo en el Campeonato de España de Rallys". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de xullo de 1987. p. 43. 
  20. "Carlos Sáinz es líder del campeonato de España, tras su triunfo en el Príncipe de Asturias". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 22 de setembro de 1987. p. 42. 
  21. "Rotundo triunfo de Sáinz en el Rally San Frolián y buen actuación de Barreras y Beny". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 12 de outubro de 1987. p. 36. 
  22. "Carlos'Sáinz continúa en «Ford» y tomará parte en cinco rallies del campeonato mundial". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 27 de outubro de 1987. p. 48. 
  23. "Sainz y Boto ganaron claramente la última prueba del Campeonato de España de rallies de tierra". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 1 de decembro de 1987. p. 41. 
  24. "Resultados nacionais de 1988" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  25. "Guillermo Barreras lidera el Campeonato de Rallies de tierra tras ganar el de Aviles". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de maio de 1989. p. 47. 
  26. "Resultados nacionais de 1989" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  27. "Clasificacións finais de 1991" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  28. "Clasificacións finais de 1992" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  29. "Clasificacións finais de 1993" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  30. "Clasificacións finais de 1994" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  31. "Entrevistamos a Guillermo Barreras campeón de España de rally de tierra en 1985". La Voz de Galicia (Monográficos ed.). 6 de xullo de 2017. p. 10. 
  32. "El Torneo Ediprem reunirá a 200 jugadores en el Aero Club". Faro de Vigo (en castelán). 30 de maio de 2007. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  33. "Ana Barbero gana el gallego de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de decembro de 1992. p. 51. 
  34. "Ana Barreras persigue en Navidad su sueño de correr". As (en castelán). 4 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  35. "Clasificación 2018 Copa Kobe Motor". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar