Campionato de España de Rallys de Terra

O Campionato de España de Rallys de Terra, tamén coñecido como CERT, é un campionato de rally que se celebra anualmente a nivel nacional desde 1983 en España, organizado pola Real Federación Española de Automobilismo. Dispútase por tramos exclusivamente de terra. O concurso naceu da man do RACE que tamén organizaba case todas as probas incluídas no calendario. É habitual que se celebren dúas carreiras en cada proba.

Campionato de España de Rallys de Terra
Tempada actual Tempada 2020
CategoríaRally
FundaciónRACE[1]
Tempada inicial1983
ÁmbitoNacional
SuperficieTerra
Sitio webhttps://www.rallyesdetierra.es/

Cada tempada dispútanse o campionato de pilotos, o campionato de marcas, o de copilotos, así como diferentes copas e trofeos promocionais e segundo as diferentes categorías de coches admitidos. A regulación deste evento caracterízase por ser aberta, o que permitiu a participación de vehículos prototipos e categorías que perderon a homologación, no caso do grupo B, que non poden participar noutros campionatos. Nalgunhas edicións o CERT compartiu datas co Campionato de España de Rallys Todo Terreo.

No certame teñen triunfado pilotos como Antonio Zanini, Juan Carlos Oñoro, Guillermo Barreras, Txus Jaio, Pedro Diego, Amador Vidal, Xavi Pons ou Alex Villanueva e en moitas ocasións atraeu a pilotos estranxeiros como os uruguaios Gustavo Trelles e Gabriel Méndez ou o mexicano Benito Guerra. Os vehículos de tracción ás catro rodas son os dominadores da disciplina, principalmente das marcas Mitsubishi e Lancia.

Historia Editar

A primeira edición celebrouse en 1983, organizada polo RACE, chamándose inicialmente I Copa RACE de Ralis de Terra, pouco despois reconvertida como Campionato de España de Rallys de Terra .

Triunfaron na cita pilotos que compiten regularmente no campionato de asfalto, como Antonio Zanini, que gañou a segunda edición cando xa gañara oito campionatos de asfalto, José María Bardolet, tamén gañador de ambos campionatos, ou máis recentemente Xavi Pons en 2008, piloto habitual en rallys de asfalto. Tamén tiveron éxito pilotos de fóra de España, como os uruguaio Gustavo Trelles, que gañou o título catro veces e Gabriel Méndez, vencedor en 1995, ou o mexicano Benito Guerra, vencedor en 2010.

Calendario Editar

 
O piloto andorrano Joan Vinyes no Rally de Cabanas 2008.

Actualmente hai oito probas puntuables para o Campionato de España de Rallyes:

Outras probas Editar

  •   Rally RACE-Zaragoza/Rally de Zaragoza (1983, 1994-1996, 1999-2001)
  •   Rally RACE Sevilla/Rally Kärcher Salón de Sevilla/Rally Salón del Automóvil de Sevilla (1984, 1996-1998)
  •   Rally de Terra de Lugo (1984-1987, 1989-1993)
  •   Rally RACE Catalunya/Rally Terra de Catalunya/Rally de Tierra de Cataluña (1984-1985, 1995)
  •   Rally RACE Cantabria/Rally de Tierra de Santander-Cantabria/Rally de Tierra de Cantabria (1986-1987, 1992, 2002-2004)
  •   Rally RACE Balaguer/Rally de Balaguer/Rally de Tierra de Balaguer (1987-1988, 1990-1991)
  •   Rally de Tierra de Lloret de Mar/Rallye Camel - Lloret de Mar (1988-1989)
  •   Rally RACE Cósta Cálida/Rally de Tierra de Costa Cálida-Lorca (1988-1989, 1991)
  •   Rally RACE-La Rioja/Rally de Tierra de La Rioja (1988, 1994, 2002, 2010)
  •   Rally RACE Avilés (1988-1989)
  •   Rally de Toledo (1988-1989)
  •   Rally de Córdoba/Rally de Tierra de Córdoba (1989, 1991-1992)
  •   Rally de Vigo/Rally de Terra de Vigo/Rally Salón do Automóbil de Vigo (1990-1991, 1994, 1997-1998, 2001)
  •   Rally Ciudad de Cuenca (1994-1997)
  •   Rally Artesa de Segre (1997-2000)
  •   Rally de Requena (1998-2000)
  •   Rally BBK de Gernika-I Gernika de Tierra (1998-2001)
  •   Rally Palma del Río/Rally Ciudad de Palma del Río (2002-2003, 2005, 2007, 2009, 2011)
  •   Rally da Gudiña-Ourense/Rally de Terra de Ourense (2005-2007)[2]
  •   Rally de Guijuelo (2006-2010)
  •   Rally de Terra de Cabanas (2007-2010)
  •   Baja España (2011-2012)
  •   Baja Andalucía (2011-2012)[3]
  •   Rally de Tierra del Bierzo (2013-2017)
  •   Rallye de Tierra Riolobos (2013-2014)
  •   Rally de Tierra Norte de Extremadura (2015-2017)
  •   Critérium de Málaga - Rallye de Tierra (2015-2016)


Palmarés Editar

 
Amador Vidal, campión en 2014 e 2015, durante un rally no 2008.
 
O mexicano Benito Guerra en 2008, gañador do certame en 2010.
Ano Piloto Copiloto Automóbil
1983   Ricardo Muñoz[4]   Carlos Hernández Citroën Visa Trophée
1984   Antonio Zanini[5]   Josep Autet Talbot Samba Proto
1985   Guillermo Barreras[6]   Ramón Mínguez Renault 5 Turbo
1986   Juan Carlos Oñoro[7]   Juanjo Lacalle Opel Manta 400
1987   Juan Carlos Oñoro[8]   Manuel Ortiz-Tallo Lancia Delta S4
1988   Gustavo Trelles[9]   Manuel Ortiz-Tallo Lancia Delta S4
1989   Gustavo Trelles[10]   Arturo Fdez. De la Puente Lancia Delta S4
1990   Gustavo Trelles[11]   Arturo Fdez. De la Puente Lancia Delta S4
1991   José María Bardolet[12]   Antonio Rodríguez Ford Sierra Cosworth 4X4
1992   Gustavo Trelles[13]   Jorge del Buono Lancia Delta HF Integrale
1993   Enric Burrull[14]   Miquel Escamilla Citroën AX 4x4
1994   Claudio Aldecoa[15]   Juan Breda Ford Sierra Cosworth 4X4
1995   Gabriel Méndez[16]   Jordi Mercader Lancia Delta HF Integrale
1996   Pedro Diego[17]   Marc Martí Lancia Delta HF Integrale
1997   Pedro Diego[18]   Tomás Aguado Subaru Impreza 555
1998   Pedro Diego[19]   Tomás Aguado Toyota Celica 4WD
1999   Pedro Diego[20]   Tomás Aguado Ford Escort WRC
2000   Carles Solé[21]   Alberto Sanchis Mitsubishi Lancer Evo VI
2001   Marc Blázquez[22]   Jordi Mercader Seat Córdoba WRC
2002   Txus Jaio[23]   Lucas Cruz Ford Focus WRC
2003   Txus Jaio[24]   Lucas Cruz Ford Focus WRC
2004   Flavio Alonso[25]   Víctor Pérez Seat Ibiza 4x4
2005   Samuel Lemes[26]   Jonathan Lemes Mitsubishi Lancer Evo VIII
2006   Alex Villanueva[27]   Arielle Tramont Mitsubishi Lancer Evo VIII
2007   Dani Solà[28]   Óscar Sánchez Mitsubishi Lancer Evo IX
2008   Xavi Pons[29]   Xavi Amigo Mitsubishi Lancer Evo IX
2009   Yeray Lemes   Samuel Vega Mitsubishi Lancer Evo IX
2010   Benito Guerra   Dani Cué Mitsubishi Lancer Evo X
2011   Oscar Fuertes[30]   Dani Cué Mitsubishi Lancer Evo X
2012   Xavi Pons[31]   Xavi Amigo Mitsubishi Lancer Evo X
2013   Xavi Pons   Xavi Amigo Mitsubishi Lancer Evo X
2014   Amador Vidal   Francis Lema Volkswagen Polo N1
2015   Amador Vidal   Francis Lema Volkswagen Polo N1
2016   Alex Villanueva   Óscar Sánchez Citroën DS3 R5
2017   José Antonio Suárez   Cándido Carrera Peugeot 208 N5
2018   Xavi Pons   Rodrigo Sanjuan Peugeot 208 T16
Škoda Fabia R5
2019   Xavi Pons   Rodrigo Sanjuan Škoda Fabia R5
Ford Fiesta R5
2020   Nil Solans   Xavi Amigo Škoda Fabia Rally2 evo

Škoda Fabia R5

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Notas Editar

  1. Álvarez, Diego; González, Urbano (Marzo de 2011). "Historia del nacional de tierra". Crono Motor: 76. 
  2. www.ewrc-results.com. "Spain Gravel 2007" (en inglés). Consultado o 14 de octubre de 2013. 
  3. www.ewrc-results.com. "Spain Gravel 2012" (en inglés). Consultado o 14 de octubre de 2013. 
  4. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1983". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  5. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1984". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  6. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1985". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  7. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1986". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  8. de Miguel, C. (23 de novembro de 1987). "Oroño se proclamó campeón de España de Rallyes Tierra". Hemeroteca ABC. Consultado o 27 de xuño de 2020. 
  9. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1988". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  10. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1989". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  11. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1990". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  12. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1991". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  13. "Deportes en breve". Hemeroteca ABC. 26 de octubre de 1992. Consultado o 10 de abril de 2012. 
  14. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1993". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  15. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1994". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  16. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1995". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  17. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1996". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  18. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1997". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  19. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1998". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  20. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 1999". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  21. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2000". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  22. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2001". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  23. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2002". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  24. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2003". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  25. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2004". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  26. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2005". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  27. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2006". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  28. [Ligazón morta]
  29. Gregorio Espartosa. "Resultados rallyes 2008". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  30. Dept. Redacción. "Oscar Fuertes campeón de España Rallyes de Tierra 2011". Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  31. rfeda.es (22 de septiembre de 2012). "RALLYES DE TIERRA Y TODO TERRENO - TIERRAS DEL CID". Arquivado dende o orixinal o 26 de septiembre de 2012. Consultado o 23 de septiembre de 2012. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar