Mitsubishi (三菱グループ, Mitsubishi Gurūpu) tamén coñecido como Mitsubishi Group Companies ou Mitsubishi Companies é un conglomerado internacional de empresas independentes xaponesas.

Mitsubishi

Editar o valor en Wikidata
TipoConglomerado empresarial
Fundación1870
LocalizaciónToquio, Xapón
FundadorYataro Iwasaki
Persoas claveKen Kobayashi (CEO)
IndustriaAutomomoción
Telecomunicacións
Enerxía
Naval
ProdutosElectrónica
Telecomunicacións
Coches
Buques
Número de empregados350.000 (en 2010)
Na rede
mitsubishi.com… Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O grupo de empresas Mitsubishi forma unha entidade independente, Mitsubishi Keiretsu (grupo de empresas afíns). En xeral, todas estas empresas descenden dos zaibatsu do mesmo nome (literalmente: camarilla financeira). As 25 principais empresas son tamén membros da Kin'yōkai Mitsubishi, o "Club Venres", que se reúne mensualmente.

O nome e a icona de Mitsubishi significa tres diamantes.

Historia

editar
 
Yatarō Iwasaki, fundador de Mitsubishi.

O espírito Mitsubishi

editar

As compañías que forman parte de Mitsubishi comparten un forte sentimento de responsabilidade corporativa e social. Ese sentimento ten a orixe no seu fundador samurai, hai máis de 140 anos. Koyata Iwasaki fixou estes principios nos anos 1930 e, máis de 80 anos despois, o espírito e os valores desta "Sankoryo" seguen vivos e vixentes na actualidade.

Mitsubishi baséase en tres principios:

  • 所期奉公 "Shoki Hoko"= Responsabilidade corporativa e social. Esforzarse para enriquecer a sociedade, tanto material como espiritualmente, ao tempo que se contribúe á conservación do ambiente mundial.
  • 处事光明 "Shoji Komei" = Integridade e xustiza. Manter os principios de transparencia e honestidade, a realización de negocios con integridade e beneficio mutuo.
  • 立业贸易 "Ritsugyo Boeki" = Comprensión mundial a través dos negocios. Expandir os negocios, baseado nunha perspectiva global que abrangue todo.

As orixes de Mitsubishi están nunha empresa navieira, Tsukumo Shokai, que comezou a operar con tres vellos barcos de vapor. A empresa medrou rapidamente e foi trocando de nome co tempo: Mitsukawa Shokai, Shokai Mitsubishi, Mitsubishi Jokisen Kaisha (Compañia de Vapores Mitsubishi) e Yubin Kisen Kaisha Mitsubishi (Compañia de Vapores Correo Mitsubishi).

A Compañía de Vapores Mitsubishi inaugurou o servizo a China e foi a primeira empresa xaponesa en ter ruta comercial co estranxeiro. En 1880 o goberno xaponés permitiu que outra empresa fixese a mesma ruta e as dúas empresas estiveron a piques de pechar. O goberno xaponés mediou na fusión das dúas empresas. Mitsubishi diversificou o negocio adicándose á minería e á construción naval, mercando o estaleiro de Nagasaki en 1884 e, máis tarde, iniciando a produción de aceiro alí. A partir de 1893, a empresa entrou noutros negocios como o papeleiro, mercando unha fábrica en Kobe, a actual Mitsubishi Paper Mills. Fundouse Asahi Glass, o primeiro fabricante de cristal no Xapón que tivo éxito. Ao iniciarse a primeira guerra mundial Mitsubishi fixo un chamamento a tódolos traballadores pedíndolles un compromiso de integridade e imparcialidade.

A partir de 1916 Mitsubishi modernizouse aínda máis, incorporado empresas semiautónomas, como Koyata Mitsubishi, dirixida ao liderado en sectores como a maquinaria, equipamentos eléctricos e produtos químicos. Son as empresas que máis tarde se converteron en Mitsubishi Heavy Industries, fabricante de automóbiles, avións, tanques e autobuses, e Mitsubishi Electric, que tamén chegou a ser un líder en maquinaria eléctrica e aparellos electrodomésticos.

Mitsubishi na segunda guerra mundial

editar
 
Avión Mitsubishi A6M "Zero".

Durante a segunda guerra mundial, Mitsubishi fabricou avións baixo a dirección do Dr. Jiro Horikoshi. O mítico Mitsubishi A6M ("Zero") foi un avión caza empregado principalmente pola armada xaponesa na segunda guerra mundial. Empregárono os pilotos da Armada Imperial Xaponesa durante toda a guerra, incluso en ataques kamikazes durante as etapas posteriores. Os pilotos norteamericanos estaban abraiados pola súa manobrabilidade, e foi un grande éxito no combate ata que os aliados idearon tácticas para empregar a súa potencia de fogo e a velocidade.

Mitsubishi empregou traballadores forzados e escravos durante a guerra. Os traballadores eran prisioneiros de guerra aliados, chineses e cidadáns coreanos. Na posguerra, presentáronse demandas e esixencias de compensacións contra a Corporación Mitsubishi, en particular polos ex traballadores escravos chineses.

Mitsubishi estivo involucrada no tráfico de opio en China durante este período[1].

Posguerra

editar

Ao finalizar a guerra, os norteamericanos esixiron a división da empresa e o abandono de moitos dos seus negocios. Co tempo, as empresas foron volvendo a medrar xurdindo as anteriores relacións entre o grupo de empresas que formaba Mitsubishi.

Empresas do grupo

editar
 
Tokyo Building, sede de Mitsubishi Electric Corporation en Tokyo.
  • Asahi Glass Co.
  • The Bank of Tokyo-Mitsubishi UFJ
  • Kirin Brewery Co., Ltd.
  • Meiji Yasuda Life Insurance Company
  • Mitsubishi Corporation
  • Mitsubishi Aircraft Corporation
  • Mitsubishi Electric Corporation
  • Mitsubishi Estate Co.
  • Mitsubishi Heavy Industries, Ltd.
  • Mitsubishi Materials Corporation (MMC)
  • Mitsubishi Logistics
  • Mitsubishi Motors (automóbiles: fabricación e vendas)
  • Mitsubishi Paper Mills, Ltd.
  • Mitsubishi Plastics, Inc.
  • Mitsubishi Rayon Co., Ltd.
  • Mitsubishi Research Institute, Inc.
  • Mitsubishi Shindoh Co., Ltd.
  • Mitsubishi Steel Mfg. Co., Ltd.
  • MSSC Inc.
  • Mitsubishi UFJ Trust and Banking Corporation (parte de Mitsubishi UFJ Grupo Financeiro)
  • Mitsubishi UFJ Securities
  • Nikon Corporation
  • Nippon Oil Corporation
  • NYK Line (Nippon Yusen Kabushiki Kaisha)
  • P.S. Mitsubishi Construction Co., Ltd.
  • Tokio Marine & Nichido Fire Insurance Co., Ltd.

Esas compañías son membros de Mitsubishi Kinyokai (o Friday Club), que se reúne mensualmente.

  1. Hastings, Max (2007). Retribution. New York: Vintage. p. 413. ISBN 978-0-307-27536-3. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar