Rally Illas Canarias
O Rally Illas Canarias é unha proba de rally que se celebra anualmente dende 1977 na illa de Gran Canaria, España, organizado polo equipo Canarias Sport Club.
Nome oficial | Rally El Corte Inglés Rally Islas Canarias - El Corte Inglés |
---|---|
Tipo | evento deportivo recorrente |
Deporte | rally |
Patrocinador | El Corte Inglés |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1977 – |
Outro | |
Páxina web oficial | rallyislascanarias.com… |
Inicialmente chamábase Rally El Corte Inglés, nome que proviña do seu principal patrocinador, ata que no 2002 pasou a chamarse Rally Illas Canarias. O evento é puntuable para o Campionato de Europa de Rally, Campionato de España de Rallys e o Súper Campionato de España de Rallys. Tamén foi puntuable para o IRC entre 2011 e 2012.
Historia
editarComezou a disputarse en 1977 e nos anos 80 xa formaba parte do calendario do Campionato de España e do Campionato de Europa. O primeiro gañador foi Medardo Pérez que gañou as dúas primeiras edicións cun BMW 2002 Alpina. Logo o vasco-francés Marc Etchebers fixo o propio en 1979 e 1980. O vigués Beny Fernández foi o primeiro gañador dos anos 80, década que dominaría Carlos Sainz, ao lograr cinco vitorias consecutivas entre 1985 e 1989, con tres vehículos diferentes.
Os pilotos italianos Fabrizio Tabaton e Piero Liatti gañaron en 1990 e 1991 respectivamente e o uruguaio Gustavo Trelles fíxoo en 1993; os tres con cadanseu Lancia Delta. Entre 1995 e 2003, Canarias tivo coeficiente máximo no Campionato de Europa. En 1997 Jesús Puras obtivo a primeira das súas catro vitorias, case consecutivas, só interrompidas pola do francés Gilles Panizzi en 1998 e Salvador Cañellas no 2002.
En 2004 e 2005, a proba quedou fóra do Campionato de Europa e pasou a formar parte da Copa de Europa Occidental, xunto con Asturias e Azores entre outras. Entre 2006 e 2009 foi puntuable só para o Campionato de España. En 2008 saíron vencedores os irmáns Sergio e Diego Vallejo, que repetiron na edición seguinte.
A partir de 2010 a proba foi puntuable para o IRC e despois para o ERC. Os pilotos estranxeiros volveron dominar o rally con dúas vitorias para Jan Kopecký e unha para Juho Hänninen.
En 2013 perdeu a puntuación para o campionato de Europa debido ao recorte orzamentario en gran parte pola falta de apoio institucional aínda que en 2016 volveu ao calendario continental.[1][2]
Palmarés
editarNotas
editar- ↑ "El por qué no está el Rally Islas Canarias en el ERC 2014". revistascratch.com (en castelán). 22 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2013. Consultado o atodomotor.com.
- ↑ "El Rally Islas Canarias vuelve al ERC". atodomotor.com (en castelán). 5 de novembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "RALLYE I - 5 NOVIEMBRE 1977". Consultado o 29 de abril de 2019.[Ligazón morta]
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Web con información de la prueba.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "16º Rallye El Corte Inglés 1992.Ewrc.com (Inglés)".
- ↑ "17º Rallye El Corte Inglés 1993.Ewrc.com (Inglés)".
- ↑ "18º Rallye El Corte Inglés 1994.Ewrc.com (Inglés)".
- ↑ "22º Rallye El Corte Inglés 1998.Ewrc.com (Inglés)".
- ↑ "23º Rallye El Corte Inglés 1999.Ewrc.com (Inglés)".
- ↑ "Enrique García Ojeda y Raquel Fernández, vencedores". atodomotor.com (en castelán). 17 de abril de 2004. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Joan Vinyes y Xavi Lorza dominaron esta nueva edición". atodomotor.com (en castelán). 16 de abril de 2005. Consultado o 24 de novembro de 2020.
- ↑ Juan Carlos de Felipe, Canarias Sport Club; Javier Viera (2012). "36 Rally Islas Canarias" (PDF): 92. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de enero de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rally Illas Canarias |