Marc Etchebers

farmacéutico e piloto de rally francés

Marc Etchebers, nado en Donibane Garazi o 22 de xaneiro de 1947, é un farmacéutico e expiloto de rally vasco-francés.[1]

Infotaula de personaMarc Etchebers
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Saint-Jean-Pied-de-Port, Francia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor en Wikidata
Deporterally Editar o valor en Wikidata

Competiu durante gran parte da súa carreira en España, case sempre ligado á marca Porsche e coa súa muller Marie-Christine Etchebers-Rives como copiloto. Participou no Campionato de España de Rallys de 1969 a 1984 logrando 39 vitorias e 79 podios. Foi subcampión en 1975, terceiro en 1974 e 1979 e cuarto en 1976, 1977, 1978, 1982 e 1983.[2] Foi subcampión da Copa de España en 1985 e 1988 e participou regularmente en rallys do País Vasco e de Galicia, como o Rally Botafumeiro, que gañou tres veces.

Aínda que nunca foi campión é un dos pilotos con máis vitorias (39) e podios (79) no campionato de España. Entre os seus triunfos destacan as nove vitorias no Rally Vasco Navarro, cinco no Rally de Ourense, cinco no Rally Costa do Sol, catro no Rally de Ferrol e tres no Rally Rías Baixas.

Traxectoria

editar

Comezou a súa carreira participando en probas de Francia, como o Critérium des Cévennes, Rallye Bayonne - Côte Basque ou o Tour de Corse con modelos da marca NSU.

Debutou no Campionato de España en marzo de 1969, participando no Rally Vasco Navarro sobre un NSU 1000 TTS, co que rematou en sétima posición.[3] Ese mesmo ano correu o Rally Firestone cun Porsche 911 S, logrando a súa primeira vitoria no campionato. Ao ano seguinte participou de novo no Rally Vasco Navarro, logrando a súa segunda vitoria en España e a primeira das oito que lograría en dito rally. Ademais foi terceiro no Firestone, conducindo un Alpine-Renault A110 1600 e coa súa muller Marie-Christine como copiloto, coa que correría a maior parte da súa carreira deportiva. As súas participacións neses anos limítanse principalmente ás probas celebradas no País Vasco ou próximas e sempre con resultados positivos.

Anos 1970

editar

En 1971 subiu ao podio en terceira posición co Porsche 911 S no Rally Vasco Navarro e no Firestone e quedou quinto no Rally Costa do Sol. Competiu ademais cun BMW 2002 Ti, co que acabou cuarto no Rally do Cid e oitavo no Rally Rías Baixas.[4] Continuou co BMW na primeira parte da seguinte tempada, logrando dous podios máis (Vasco Navarro e Rally dos Cavas), mentres que para a parte final da tempada correu co 911, subindo ao podio no Bosch e no Rías Baixas e logrando a vitoria no Rally Aniversario Escudería La Restringa.[5] En 1973 disputou cinco probas do campionato de España logrando catro podios e correu a Volta Automobilista a España onde foi segundo por detrás de Julio «Roter Fogel» Gargallo, ambos con senllos Porsche 911.[6]

Ao ano seguinte participou en oito probas do calendario nacional logrando a vitoria en seis: Rally Vasco Navarro, Critérium Montseny-Guilleries, Critérium Luís de Baviera, Rally de Ourense, Rally Cataluña e Rally Costa do Sol e o segundo posto no Rally Fallas e o 2000 Viraxes. Con todo só puido ser terceiro na clasificación final por detrás de Antonio Zanini e Juan Carlos Pradera a tan só catro puntos do vencedor.[7] En 1975 obtivo o seu mellor resultado no nacional no que alternou o Porsche 911 co BMW 2002. Logrou cinco triunfos (Vasco Navarro, Ourense, Ferrol, 2000 Viraxes e Costa do Sol) e a súa regularidade permitiulle finalizar subcampión, de novo por detrás de Zanini que avantaxou ao francés esta vez en seis puntos de diferenza.[8] No mes de xullo dese ano debutou no Rally de Portugal, única proba do campionato do mundo á que acudiría durante a súa carreira. Fíxoo co BMW 2002 finalizando nun meritorio décimo quinto posto.[9] En 1976 foi cuarto no campionato de España, de novo subíndose ao máis alto do podio en varias probas do calendario: Vasco Navarro, por cuarta vez, Fallas, 500 Km Nocturnos de Alacante, Ferrol, 2000 Viraxes e Costa do Sol. Acabou a 2,5 puntos de Jorge de Bagration (3º) e a 7,5 do galego Beny Fernández (2º) pero a case 180 puntos do campión, Zanini.[10] Ao ano seguinte repetiu o cuarto posto no campionato con dúas vitorias, Vasco Navarro e Critérium da Rioxa, e varios podios.[11] Na penúltima cita, Cataluña, sufriu un accidente con José Ramón Amorena como copiloto, mentres que na última, na Costa do Sol, sumou outro abandono. En 1978 sumou unha nova vitoria nos 500km Nocturnos de Alacante e seis podios, rematando a tempada de novo no cuarto lugar.[12] En 1979 o calendario ampliouse até as vinte e unha probas e Etchebers acudiu a oito delas vencendo en seis (Vasco Navarro, 500 km de Alacante, Ferrol, Rías Baixas, El Corte Inglés e 2000 Viraxes) e quedando segundo nas outras dúas (Fallas e Critérium da Rioxa). Finalizou terceiro da xeral a vinte puntos do segundo clasificado, José Luís Sallent e a 130 do campión, Jorge de Bagration.[13]

Anos 1980

editar

En 1980 logrou a súa sétima vitoria no Rally Vasco Navarro e logo acudiu ao Critérium Montseny-Guilleries onde foi excluído por non pararse no control horario do último tramo da primeira etapa, cando rodaba na segunda posición por detrás de Zanini.[14] Venceu no Rally Sachs e foi segundo nos 500km Nocturnos de Alacante e o Critérium Luís de Baviera. Sumou un abandono por avaría mecánica na Rioxa e logo encadeou catro vitorias consecutivas: Rías Baixas, Ferrol (cuarta e última vitoria), El Corte Inglés e o 2000 Viraxes. Acabou a tempada en quinta posición, a máis de 200 puntos de Antonio Zanini, que sumaba o seu sexto título.[15]

 
Etchebers participou case toda a súa carreira con modelos da marca Porsche, similares ao da imaxe, de maneira privada ou semioficial case sempre co patrocinio de Rothmans.

En 1981 cambiou o seu Porsche 911 SC polo Porsche 924, preparado polo francés Bernard Vara, no que mantiña moitas esperanzas. O seu debut fíxose esperar xa que o seu desenvolvemento atrasouse e non puido debutar con el até o mes de abril nunha proba local do País Vasco tipo rallysprint onde logrou a vitoria con máis dun minuto sobre o segundo clasificado, Olaizola, cun Alpine A110. A primeira cita do nacional que correu foi o Rally Maspalomas, cuarta do calendario, que ademais foi puntuable para o Campionato de Europa. Etchebers non tiña ritmo e só puido ser quinto (cuarto no nacional) grazas en gran medida aos abandonos dos rivais. Na seguinte proba, un duro Rally CS, produciuse o abandono de varios Porsche, entre eles o de Etchebers.[16] Esta avaría impediulle acudir ao Rally Fallas pero logo logrou un bo resultado no Critérium Luís de Baviera subindo ao terceiro caixón do podio.[17] En Ourense repetiu posición, sen poder facer nada fronte aos dominadores do rally, Beny Fernández e Zanini. Na Rioxa abandonou moi rápido, tras envorcar o Porsche 924 no primeiro tramo disputado. Isto non lle impediu participar unha semana despois nunha proba local, o Rally de La Encina, onde logrou a vitoria. A fraxilidade do Porsche viuse na seguinte carreira, o Príncipe de Asturias, onde non puido tomar a saída ao romper o delco antes de chegar a Oviedo. No Corte Inglés, a última carreira onde participaría co 924, só puido ser noveno, moi lonxe do Porsche 911 SC do vigués Beny. Na seguinte cita canaria, o Rally Illa de Tenerife decidiu participar cun Opel Ascona 2000 co que logrou a quinta posición, e no Rally Sachs recorreu ao Porsche 911 SC do grupo 4 co que foi cuarto.[1]

En 1982 continuou a súa andanza polo nacional co 911 SC co que logrou de novo varios triunfos. Tras un abandono no Vasco Navarro foi quinto no Rally Sol, e sumou a súa primeira vitoria do ano no Sierra Morena. Logo foi segundo no Rally Volta a Aragón e abandonou de novo en Ourense por unha avaría no alternador. A partir de aí subiu ao podio en catro das cinco probas que disputou: foi segundo na Rioxa e no Rías Baixas, mentres que venceu no Rally Sachs Vila de Mena e no Rally Costal do Sol. Rematou a tempada cun novo cuarto posto, por detrás de Antonio Zanini, Genito Ortiz e Beny Fernández.[18] En 1983 só logrou unha vitoria, no Vasco Navarro, mentres que sumou catro podios: Fallas, Llanes, Rioxa e o Príncipe de Asturias. Por segundo ano consecutivo e quinto en total, foi cuarto na clasificación final do campionato de España, por detrás de Genito Ortiz, Beny Fernández e Carlos Piñeiro.[19] En 1984 disputou só catro probas con tres podios e un triunfo. Gañou no Rally Cidade de Pamplona, pertencente ao campionato vasco e quedou segundo no Rally Rías Baixas e terceiro no Rally El Corte Inglés. En 1985 correu seis probas da Copa de España, vencendo en dúas (Rally de Cantabria e Rally de Ourense) e sendo segundo nas outras catro, en todas por detrás de Carlos Alonso-Lamberti. Rematou como subcampión da Copa por detrás do piloto canario.[20]

En 1986 quedou segundo no Rally de Cantabria e obtivo a súa novena e última vitoria no Rally Vasco Navarro.[21][22] En 1987 gañou o Rally Botafumeiro, así como o Rally de Ourense o Rally Costa do Sol, estes dous últimos pertencentes á Copa de España, na que rematou como terceiro clasificado, por detrás de Chus Puras e Carlos Alonso-Lamberti.[23] Na tempada 1988, o ferrolán Humberto González como copiloto, logrou varios podios na Copa de España, entre eles dúas vitorias (no Rally Cidade de Cristal e no de Cantabria) e proclamouse por segunda vez subcampión da Copa.[24] Ademais gañou por segunda vez consecutiva o Rally Botafumeiro, por diante de Alfonso Pavón e de Manuel Senra.

Últimos anos

editar

En 1989 adquiriu un Ford Sierra RS Cosworth co que sumou dous abandonos na Costa de Almería e o Rally Cidade de Cristal. Con este coche e con Humberto González como copiloto disputou varias probas da tempada 1990 do Campionato de Galicia, logrando a vitoria no 7º Rally de Noia e no 5º Botafumeiro e quedando terceiro no Rías Baixas, por detrás de Germán Castrillón e Culebra. En 1992 rematou cuarto no 28º Rally Rías Baixas e sexto no 10º Rally da Coruña. En 1995 participou en Francia no Rally Nacional do País Vasco, obtendo o noveno posto.[2]

Resultados

editar

Campionato de España

editar
Ano Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 Pos. Puntos
1969 NSU 1000 TTS CBR VCN
7
OUR RBX OVI RES
Porsche 911 S FIR
1
2VI BAN CDS
1970 Porsche 911 T CBR FLL VCN
1
CLB PIK 500 OUR RBX OVI RES 2VI BAN
Alpine-Renault A110 1600 FIR
3
CDS
1971 Porsche 911 S FLL CBR VCN
3
CGU CLB GIJ 500 RIO OUR FIR
3
BAN 2VI CDS
5
BMW 2002 Ti CID
4
RBX
8
BOS OVI SHE RES
1972 BMW 2002 Ti FLL CBR RLA VCN
3
GUI FIR
6
CAV
2
RBE CLB 500
5
RIO
Porsche 911 S RBX
3
BOS
2
OVI SHE AER
1
RES 2VI BAN VEA CDS
1973 Porsche 911 S CBR RVN
3
FLL CMG FIR
3
RBE 500
2
CLB CDR CAN RBX
2
SHE RES
4
2VI CAT
3
CDS
1974 Porsche 911 Carrera RS CBR VCN
1
FLL
2
CMG
1
FIR CLB
1
500 CDR OUR
1
CAN OVI RES 2VI
2
CAT
1
CDS
1
483,6
1975 Porsche 911 Carrera CBR FLL
3
CMG
6
VCN
1
OUR
1
CAN OVI SHE
Ret
FER
1
2VI
1
CAT
3
CDS
1
394
BMW 2002 Tii FIR
4
CLB
4
RES
5
1976 Porsche 911 Carrera CBR VCN
1
CMG
Ret
FIR FLL
1
500
1
CLB CDR OUR CAN FER
1
RES 2VI
1
CAT CDS
1
318,6
1977 Porsche 911 Carrera RSR MON MAS CBR VCN
1
CMG
3
FLL
3
FIR 500 CLB CDR
1
24I OUR
2
POL FER
2
SMC CHI RES 2VI CAT
Ret
CDS
Ret
273,2
1978 Porsche 911 Carrera RS CBR VCN
2
CMG MAS FLL
3
500
1
CLB CDR
2
OUR
3
POL FER
3
RES 2VI CAT
4
CDS
2
225
1979 Porsche 911 Carrera VCN
1
CBR MAS CMG FLL
2
FIR 500
1
CLB CDR
2
OUR FER
1
SAC RBX
1
MAZ PDA ECI
1
IDT RES 2VI
1
CAT SHA 366
1980 Porsche 911 SC CBR VCN
1
CMG
EXC
SAC
1
500
2
MAS CLB
2
SMO
Ret
OUR RIO RCS FLL RBX
1
FER
1
MAZ PDA IDT ECI
1
RES 2VI
1
CAT SHA 321
1981 Porsche 924 Turbo CBR CMG RES MAS
4
RCS
Ret
FLL CLB
3
SMO OUR
3
RIO
Ret
PDA ECI
9
10º 140
Opel Ascona 2000 IDT
5
Porsche 911 SC SAC
4
CAT SHA
1982 Porsche 911 SC CBR VCN RES
5
CMG GNH TLV SMO
1
CSC MAS FLL GIB CLB VAR
2
VLL OUR
Ret
RCS CDR
2
RBX
2
SAN PDA ECI
5
IDT 500 SVM
1
2VI CAT SHA CDS
1
9158
1983 Porsche 911 SC CBR RES FLL
3
CMG SMO VCN
1
CLB OUR VLL
2
GIB CDR
2
SAN PDA
2
IDT ECI CAT TLV GIR SHA 653
1984 Porsche 911 SC CBR RES CMG SMO CLB VLL SAN PDA CAT ECI
3
VCN GIR

Copa de España

editar
Ano Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1984 Porsche 911 S IDT GIB CSC OUR RBX
2
SFR CAN VAL CDS
1985 Porsche 911 S IDT CAN
1
MAD OUR
1
CMR CAJ
2
LEO
2
CDS
2
2VI VIL
2
1986 Porsche 911 S XIX CAN
2
CAJ
Ret
RBX CDS LEO 2VI
5
VIL
1987 Porsche 911 S IDT XIX CAN
4
OUR
1
RBX SAN OSO 2VI CDS
1
1988 Porsche 911 S IDT IGC PAL CAN
1
OUR
2
CDC
1
MAS RBX OSO CDS
2
2VI
1989 Ford Sierra RS Cosworth PAL IGC MAS IDT CDS
Ret
SAN CDC
Ret
RBX SFR 2VI

Campionato de Galicia

editar
Ano Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1979 Porsche 911 Carrera FER
1
RBX
1
1980 Porsche 911 SC FER
1
RBX
1
1981 Porsche 924 Carrera GTS PAZ CON LAC FER OUR
3
RBX COR SMA
1982 Porsche 911 SC PAZ CON LAC FER OUR
Ret
PON RBX
2
VEN LUG COR POR
1984 Porsche 911 SC RBX
2
COR
Ret
1985 Porsche 911 SC OUR
1
1987 Porsche 911 SC BOT
1
OUR
1
1988 Porsche 911 SC VIG BOT
1
NOI LAC OUR
2
CDC
1
RBX FER COR
1990 Ford Sierra RS Cosworth VIG NOI
1
LAC OUR BOT
1
RBX
3
CRI SFR COR FER
Ret
1992 Ford Sierra RS Cosworth ALB NOI LAC FER RBX
4
COR
6
OUR RMV SFR RMV FER
  1. 1,0 1,1 "Caso Español" (en castelán). 2011. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 ewrc-results.com. "Marc Etchebers". Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  3. "Resultados nacionais de 1969" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  4. "Clasificacións nacionais de 1971" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  5. "Clasificacións finais de 1972" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  6. "1. Vuelta Automovilista a España-Excmo. Ayuntamiento de Almería 1973". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  7. "Clasificacións nacionais de 1974" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  8. "Clasifiacións nacionais de 1975" (PDF). RFEDA. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  9. "Rally de Portugal de 1975". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  10. "Clasificacións nacionais de 1976" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  11. "Clasificacións nacionais de 1977" (PDF). RFEDA (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  12. "Clasificacións nacionais de 1978" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  13. "Clasificacións nacionais de 1979" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  14. "Zanini se impuso en el durísimo Guilleries". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de marzo de 1980. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  15. "Clasificacións nacionais de 1980" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  16. "Clasificación final do Rally CS de 1981". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  17. "Clasificación final Luis de Baviera 1981". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  18. "Clasificacións nacionais de 1982" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  19. "Clasificacións nacionais de 1983" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  20. "Clasificacións nacionais de 1985" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  21. "Clasificación final Rally de Cantabria de 1986". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  22. "Clasificación final do Rally Vasco Navarro de 1986". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  23. "Clasificacións nacionais de 1987" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  24. "Clasificacións nacionais de 1988" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020.