Juan Carlos González Martín

piloto de rally, contrabandista e narcotraficante galego

Juan Carlos González Martín, alcumado "Culebra" ou "Culebras", nado en Vigo c.1938 e finado na mesma cidade o 25 de maio de 2018,[1] foi un piloto de rally, contrabandista de tabaco e narcotraficante galego.

Infotaula de personaJuan Carlos González Martín
Biografía
Nacemento1938 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de maio de 2018 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally , contrabandista , situación penal Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Piloto de rally editar

Competiu en rallys dende os anos 60, gañando o alcume de "Culebra". En 1967, a bordo dun Seat 850 Coupé, rematou quinto no Rally Rías Baixas[2] e na edición do ano seguinte mellorou un posto, conducindo un Renault 8 Gordini.[3] Disputou varios rallys máis a finais dos anos 70 e logrou a súa primeira vitoria no Rally San Froilán de 1979 a bordo dun Seat 1430. Tamén ese ano gañou a VI Subida a Manzaneda.[4] Despois de máis de dez anos sen competir reapareceu no Rally Rías Baixas de 1990, tras mercarlle a Pep Bassas o BMW M3 co que este se proclamara campión de España en 1989. Con este vehículo rematou segundo o rally por detrás de Germán Castrillón.[5] Gañou logo o Rally do Sil de 1991 e o Rías Baixas de 1991 con outro BMW M3 adquirido tamén a Pep Bassas. Sumou un total de tres vitorias no Campionato de Galicia de Rally.

Contrabandista e narcotraficante editar

Dedicouse ao contrabando de tabaco dende a súa xuventude, sendo detido e sancionado varias veces durante os anos 60 e 70.[6][7][8] Posteriormente pasou ao narcotráfico e en 1996 foi detido por intentar vender 800 quilogramos de haxix a uns clientes que resultaron ser axentes encubertos. Foi condenado en 1999 e pasou catro anos no cárcere.[9][10] No ano 2008 foi detido con toda a súa familia no marco da Operación Malpolón,[11] na que se lle incautaron numerosos bens e propiedades, entre eles 6 millóns de euros que tiña nun banco en Portugal, outros 13 millóns invertidos a través de sociedades, 32 inmobles, nove vehículos, un iate, obras de arte e xoias.[12] En 2015 foi condenado a seis anos de cárcere e a pagar unha multa de 56 millóns de euros por branqueo de capitais.[13] Segundo a sentenza, a rede encabezada por el e da que tamén formaban parte varios membros da familia, branqueou máis de 20 millóns de euros procedentes do narcotráfico, a través de decenas de operacións mercantís.[14] Ademais foron condenados a penas de entre 3 e 5 anos de prisión a súa muller, os seus tres fillos, dúas sobriñas e unha antiga compañeira sentimental, ademais de varias persoas máis con diferentes penas.[14] Mentres que os membros da súa familia entraron na prisión para cumprir as súas condenas,[15] o "Culebra" alegou problemas de saúde nunha serie de recursos que foron retardando o seu ingreso, ata que faleceu en 2018 sen pisar o cárcere.[16]

Notas editar

  1. Foces, Ujué (30 de maio de 2018). "Muere sin entrar en prisión "El Culebra", líder de la mayor red de blanqueo de Vigo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  2. "Bernard Tramont, gran triunfador". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de agosto de 1967. Consultado o 20 de maio de 2020. 
  3. "Juan Fernández triunfó en el 6º Rally a las Rías Bajas". El Pueblo Gallego (en castelán). 20 de agosto de 1968. Consultado o 20 de maio de 2020. 
  4. ""Culebras" primer triunfador de la temporada". El Pueblo Gallego (en castelán). 14 de febreiro de 1979. Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  5. "Castrillón, el más rápido en los tramos nocturnos, venció en el Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xullo de 1990. p. 25. 
  6. "Se aclara la aparición de tabaco rubio en las playas de Avilés". El Pueblo Gallego (en castelán). 8 de marzo de 1962. Consultado o 20 de maio de 2020. 
  7. "Aprehensión de importantes contrabandos". El Pueblo Gallego (en castelán). 25 de xaneiro de 1973. Consultado o 20 de maio de 2020. 
  8. "Sanciones por contrabando". El Pueblo Gallego (en castelán). 30 de marzo de 1975. Consultado o 20 de maio de 2020. 
  9. Pita, E. V. (3 de xullo de 2007). "El misterio de la fortuna del Culebras". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de maio de 2020. 
  10. "La gran fortuna de un pensionista" (en castelán). 13 de marzo de 2015. Consultado o 20 de maio de 2020. 
  11. "Detenido en Vigo el histórico narco "Culebras" y otras 10 personas por blanqueo de capitales". Faro de Vigo (en castelán). 30 de xaneiro de 2008. Consultado o 22 de maio de 2020. 
  12. "El emporio de Culebras, un ex piloto de ralis, fue confiscado por su posible origen en el narcotráfico". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xuño de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  13. "La Audiencia de Pontevedra condena a 50 años de prisión y 160 millones en multas a la red del ‘Culebras’ por blanqueo de capitales" (en castelán). 12 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 22 de maio de 2020. 
  14. 14,0 14,1 "Condenada la red del 'Culebras' a 50 años de prisión y 160 millones en multas". El Correo Gallego (en castelán). 11 de marzo de 2015. Consultado o 20 de maio de 2020. 
  15. "El culebras, el único en la calle tras entrar en prisión su mujer y su hija". El Correo Gallego (en castelán). 5 de outubro de 2017. Consultado o 20 de maio de 2020. 
  16. "Muere un narco gallego sin cumplir la condena que llevó a su familia a la cárcel". El País (en castelán). 29 de maio de 2018. Consultado o 20 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar