Rally do Sil de 1991

proba automobilística

O Rally do Sil de 1991 foi a sétima edición de dito rally e a primeira proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Disputouse o 6 de abril de 1991 e o vencedor foi Juan Carlos González "Culebras", sobre un BMW M3.[1]

Rally do Sil de 1992
CategoríaGalicia
LocalizaciónO Bierzo
Rubiá
OrganizadorTeam Gran Hotel
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Terra
Tramos11
Gañadores
Piloto campiónGalicia Juan Carlos González "Culebra"
Participantes
Pilotos18
AnteriorRally do Sil de 1990
SeguinteRally do Bierzo de 2000

Itinerario editar

A proba constou de once treitos por cinco trazados diferentes, tres deles na comarca do Bierzo (Corullón, Friera e Ponferrada, este último sobre terra) e outros dous no concello de Rubiá, na provincia de Ourense (A Veiga de Cascallá e Quereño).[2]

Resumo editar

O BMW M3 de 300CV de Juan Carlos González "Culebras" (co que Pep Bassas correra o Campionato de España) non tivo oposición e marcou o mellor tempo en todos os treitos da proba. Detrás del e a máis dun minuto chegou á meta o piloto local Antonio Garrido cun Ford Sierra Cosworth e bastante máis atrasado entrou en terceira posición Sergio Vallejo. Tanto Manuel Senra como Arturo Rial tiveron sendas saídas de pista que os apartaron dos postos de cabeza. Senra debutaba cun Peugeot 205 GTI e tras a saída de pista e a pesar dunha boa remontada, só puido chegar cuarto. Pola súa parte, a saída de Rial, coa que rompeu o parabrisas traseiro, atrasouno ata a novena posición final.[1]

Clasificación editar

Pos Piloto Vehículo Tempo
1   Juan Carlos González "Culebras" BMW M3 1h00'38''
2   Antonio Garrido Ford Sierra Cosworth 1h01'42''
3   Sergio Vallejo Peugeot 205 GTI 1h03'08''
4   Manuel Senra Peugeot 205 GTI 1h03'19''
5   José Manuel López Parada Renault 5 GT Turbo 1h04'08''
6   Javier Piñeiro Peugeot 205 Rallye
7   Godoy Aller Renault 5 GT Turbo
8   Ignacio Biain Peugeot 205 Rallye
9   Arturo Rial Citroën AX Sport
10   Vicente Pastor Peugeot 205 Rallye


Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Juan Carlos González «Culebra», de 52 años, se impuso con facilidad en el Rally do Sil, primero del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de abril de 1991. p. 37. 
  2. "Germán Castríllón, ausente en el Rally do Sil, primero del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de abril de 1991. 


Predecesor:
'
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1991
Sucesor:
Rally de Noia