Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally

13ª edición do Campionato de Galicia de Rally

A tempada 1991 foi a 13ª edición do Campionato de Galicia de Rally. O vencedor foi o noiés Arturo Rial, sobre un Citroën AX Sport. Foi o segundo dos tres títulos que gañou.

Modelo:Competición deportivaTempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally
TipoCampionato de Galicia de Rally Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Galega de Automobilismo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo6 de abril de 1991 – 1 de decembro de 1991 Editar o valor en Wikidata
Número de edición13  (1991) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoArturo Rial Tubío Editar o valor en Wikidata

1990 Editar o valor en Wikidata
1992 Editar o valor en Wikidata

Calendario

editar
Data Rally Notas
1 6 de abril 7º Rally do Sil Resultados
2 27 de abril 8º Rally de Noia Resultados
3 18 de maio 25º Rally do Lacón Resultados
4 16 de xuño 24º Rally de Ourense Resultados
5 6 de xullo 6º Rally Botafumeiro Resultados
6 28 de xullo 27º Rally Rías Baixas Resultados
7 25 de agosto 9º Rally da Coruña Resultados
8 15 de setembro 4º Rally de Vigo Resultados
9 6 de outubro 13º Rally San Froilán Resultados
10 2 de novembro 2º Rally Mil Vistas Resultados
11 30 de novembro 22º Rally de Ferrol Resultados

Resumo

editar

Tras a vitoria de "Culebra" no Rally do Sil, que abría a tempada,[1] Germán Castrillón dominou con comoididade en Noia[2] e no Rally do Lacón,[3] mentres que quedou sexto en Ourense, proba puntuable tamén para o Campionato de España.[4] Con todo, a súa boa xeira de resultados cortouse na quinta proba, o Rally Botafumeiro, onde abandonou tras unha saída da estrada no último treito cando estaba líder,[5] e estragouse completamente no seguinte rally, o Rías Baixas, no que sufriu un duro accidente, tras o que o seu Ford Sierra Cosworth comezou a arder quedando totalmente calcinado. A copiloto Estrella Castrillón sufriu queimaduras de segundo e terceiro grao, sendo ingresada no hospital e perdéndose case todas as restantes carreiras, nas que foi substituída polo seu sobriño José Manuel López Castrillón.[6]

Deste xeito, Arturo Rial, que gañou o Rally Botafumeiro e quedou segundo en Noia e no San Froilán,[7] chegou á penúltima proba, o Rally Mil Vistas, co título case no peto, pois só o berciano Antonio Garrido conservaba unhas mínimas posibilidades de quitarlle o título. Dado que este último non participou finalmente no rally, o título foi directamente para Rial, a pesar de acabar co coche no río.[8] O reaparecido Germán Castrillón venceu esa proba así como a última, o Rally de Ferrol, para rematar a tempada con catro vitorias.[9]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Vehículo 1
SIL
2
NOI
3
LAC
4
OUR
5
BOT
6
RBX
7
COR
8
VIG
9
SFR
10
RMV
11
FER
1   Arturo Rial   Mario Pazos Citroën AX Sport 9 2 13 1 7 Ret 4 2 Ret
  Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth 1 1 6 Ret Ret 1 1
  Antonio Garrido   Humberto González Ford Sierra Cosworth 2 3 Ret 2 2 3
  Juan Carlos González "Culebra"   Gustavo Piñeiro BMW M3 1 1
  Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 205 GTI 4 Ret Ret 2 Ret 1
Peugeot 309 GTI 16v Ret Ret
  Sergio Vallejo   Diego Vallejo Peugeot 205 GTI 3 9 4 3
  Juan Carlos Táboas   Manuel Gilsanz Citroën AX Sport 7 5 8 Ret 2
  Javier Piñeiro   Carlos Cascallar Renault Clio 16v 6 5 9 2 5 2
  José María Magdaleno   Mario Labraña Lancia Delta Integrale 6 2 4
  Javier Paz   Manuel García Citroën AX Sport 3 6 4
  Jorge Pérez   Luis Pérez Renault Clio 16v 8 3 4
  Miguel Dopico   Álvaro Louro Peugeot 309 GTI 16v 4 3
  Urbano Villanueva   José Alonso Peugeot 205 GTI 3
  José Manuel López Parada   José Valcárcel Renault 5 GT Turbo 5 4
  1. "Juan Carlos González «Culebra», de 52 años, se impuso con facilidad en el Rally do Sil, primero del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de abril de 1991. p. 37. 
  2. "Germán Castrillón apenas tuvo oposición en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 1991. p. 53. 
  3. "Castrillón y su Sierra Cosworth dominaron de principio a fin". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1991. p. 59. 
  4. Arévalo, Fernando (17 de xuño de 1991). "Gustavo Trelles resolvió un apretado final del Rally de Orense y es nuevo líder del campeonato". La Voz de Galicia (en castelán). p. 28. 
  5. "Rial aprovechó un error de Castrillón en el Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 1991. p. 27. 
  6. "«Culebras» salió victorioso de su lucha contra Villanueva y de la amenaza de una penalización". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 1991. p. 27. 
  7. "El Mercedes de Carlos inalcanzable en Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 1991. p. 37. 
  8. Arévalo, Fernando (4 de novembro de 1991). "El regreso al futuro de Germán Castrillón". La Voz de Galicia (en castelán). p. 50. 
  9. Arévalo, Fernando (2 de decembro de 1991). "Los Castrillón, inalcanzables en "su" rally". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar