Rally de Noia de 1991

proba automobilística

O Rally de Noia de 1991 foi a 8ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 27 de abril de 1991 e o vencedor foi Germán Castrillón sobre un Ford Sierra Cosworth.[1]

Rally de Noia de 1991
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Noia
OrganizadorEscudería Berberecho
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos9
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
Equipo campiónEscudería Berberecho
AnteriorRally de Noia de 1990
SeguinteRally de Noia de 1992

ItinerarioEditar

O trazado do rally foi exactamente igual ao do ano anterior, formado por 11 treitos cronometrados, con tres pasadas polo treito do Tambre e dúas por San Fins, Lesende e Outes.[2]

ResumoEditar

Coa ausencia de "Culebras", gañador da primeira proba da tempada, a lista de favoritos reducíase a Germán Castrillón, Manuel Senra e o piloto local Arturo Rial.[2] Senra, cun Peugeot 205 GTI, marcou o mellor tempo no primeiro treito, pero viuse obrigado a abandonar no segundo, en Lesende. Con isto e cos problemas co carburador de Arturo Rial,[3] Castrillón non tivo problema para gañar o rally comodamente, marcando o mellor tempo en 7 dos nove treitos.[1] Rial, a pesar dos problemas foi segundo, e o berciano Antonio Garrido, terceiro.

ClasificaciónEditar

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth 54'02''
2   Arturo Rial Citroën AX Sport 54'48''
3   Antonio Garrido Ford Sierra Cosworth 55'41''
4   José M. López Parada 55'59''
5   Javier Piñeiro 56'10''
6   José María Magdaleno 56'17''
7   Juan Carlos Táboas 56'35''
8   Jorge Pérez 57'05''
Abandonos
-   Manuel Senra Peugeot 205 GTI -

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Germán Castrillón apenas tuvo oposición en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 1991. p. 53. 
  2. 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (25 de abril de 1991). "Ausente Culebra, Castrillón sólo tendrá a Villanueva y a Senra como rivales en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). p. 53. 
  3. "La Escudería Berberecho y los aficionados también triunfaron en el Rally Ría deNoia". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de abril de 1991. p. 44. 


Predecesor:
Rally do Sil
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1991
Sucesor:
Rally do Lacón