Javier Piñeiro

piloto galego de rally

Javier Piñeiro Pérez, nado en Caldas de Reis, é un expiloto galego de rally. Foi campión de Galicia de rally na tempada 1997.[1] Competiu tamén no Campionato de España, onde gañou o Trofeo Citroën no ano 2000.[2]

Javier Piñeiro
Nacementoséculo XX
 Caldas de Reis
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de rally
editar datos en Wikidata ]

É irmán do tamén expiloto Fernando Piñeiro.[3]

TraxectoriaEditar

Comezou a destacar na tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally, pilotando un Peugeot 205. En 1991, cun Renault Clio 16V, logrou dous segundos postos, no Rally de Vigo e o Rally Mil Vistas, e gañou a Copa Renault Clio.[4] En 1992 correu cun Lancia Delta Integrale 16V e en 1994 logrou no Rally de Noia a súa primeira vitoria, conducindo un Clio.

Tamén cun Clio proclamouse campión galego en 1997 despois de lograr catro vitorias e un segundo posto nas cinco primeiras carreiras. Na tempada seguinte disputou o Campionato de España co mesmo vehículo e en 1999 fixo o propio cun Citroën Saxo VTS.[5]

PalmarésEditar

Resultados no Campionato de GaliciaEditar

Ano Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Posición Puntos
1991 Renault Clio 16V SIL
6
NOI
5
LAC OUR BOT RBX
9
COR VIG
2
SFR
5
RMV
2
FER
1992 Lancia Delta Integrale 16V ALB
4
NOI
4
LAC FER RBX
2
COR
4
OUR
Ret
RMV
1994 Renault Clio Williams ALB NOI
1
FER
4
OUR
Ret
SFR
9
RMV NAR
Ret
RBX
Ret
LAC
6
BOT COR
1995 Citroën ZX 16V ALB
2
NOI
3
LAC
4
OUR
28
BOT
5
NAR
7
RBX
3
SFR COR FER
1997 Renault Maxi Clio NOI
1
BOT
1
LAC
2
NAR
1
COC
1
ALB
3
FER
1998 Renault Maxi Clio NOI BOT COC NAR ALB
1
FER LAC
1999 Citroën Saxo VTS COC BOT
2
NAR ALB LUG FER NOI

NotasEditar

  1. "Piñeiro, campeón". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de agosto de 1997. p. 56. 
  2. "Clasificacións nacionais de 2000" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  3. "El «rompe-medias»" (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  4. "El joven piloto de rallies Javier Piñero presentó ayer a su equipo oficial". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de maio de 1992. 
  5. "Resultados de Javier Piñeiro". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 4 de agosto de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar