Rally de Ourense de 1994

27.ª edición do Rally de Ourense

O Rally de Ourense de 1994 foi a 27ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse entre o 24 e o 26 de xuño[1] e o vencedor foi por segundo ano consecutivo o piloto catalán Mia Bardolet.[2]

Modelo:Competición deportivaRally de Ourense de 1994
Tipoedición de rally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally de Ourense, Tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally e Tempada 1995 do Campionato de España de Rally Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición27  (1994) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoMia Bardolet Editar o valor em Wikidata

1993 Editar o valor em Wikidata
1995 Editar o valor em Wikidata

Itinerario

editar

Constou de 168 quilómetros cronometrados, divididos en dúas seccións e 16 treitos (8 percorridos distintos a dúas pasadas cada un). Tanto a saída como a chegada situáronse no Parque de San Lázaro.[3]

Resumo

editar

Comezou liderando a carreira José María Bardolet, pero pouco despois colocouse primeiro Oriol Gómez. Con todo, Gómez viuse obrigado a abandonar a falta de 8 treitos, polo que Bardolet recuperou a primeira praza, que xa non perdeu até o final. Detrás del cruzou a meta Luís Climent, de xeito cómodo tras o abandono de Borja Moratal, e en terceira posición rematou Germán Castrillón, que remontou posicións nos últimos treitos, despois de que nos primeiros rompese a dirección e picase unha roda.[2]

Clasificación final

editar
Pos Piloto Copiloto Automóbil Tempo
1   Josep Maria Bardolet   Alex Romaní Opel Astra GSI 16v 1:54:23
2   Luís Climent   José Antonio Muñoz Opel Astra GSI 16v 1:54:53
3   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Escort Cosworth 1:59:30
4   Miguel Martínez-Conde   Felipe Alonso Renault Clio Williams 1:59:39
5   David Guixeras   Jordi Albadalejo Peugeot 106 Rallye 1:59:42
6   Jaime Azcona   Julius Billmaier Peugeot 106 Rallye 2:00:38
7   Christine Driano   Salvador Belzunces Citroën AX GTI 2:00:51
8   Antonio Garrido   José Alfredo Álvarez Ford Sierra Cosworth 2:02:06
9   Javier Paz   Manuel García Ford Sierra Cosworth 2:02:15
10   Javier Azcona   Juan Louro Ford Sierra Cosworth 2:02:56
Abandonos
-   Oriol Gómez   Marc Martí Renault Clio Williams -
-   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport -
-   Borja Moratal   Alfredo Rodríguez Peugeot 306 S16 -
-   Germán Gómez   Juan Barros Ford Escort Cosworth -
  1. Javier Figueiredo Pérez. "Rallye de Ourense 1967-2003". 
  2. 2,0 2,1 Arévalo, F. (27 de xuño de 1994). "Doblete de los Opel en Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). p. 38. 
  3. Arévalo, F. (25 de xuño de 1994). "Un mano a mano Climent-Oriol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55. 


Predecesor:
Rally de Ferrol
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1994
Sucesor:
Rally San Froilán