Germán Castrillón

político e piloto galego

Germán Castrillón Permuy, nado en 1959, é un expiloto de rallys, empresario e político galego do PPdeG.

Infotaula de personaGermán Castrillón
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Provincia da Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cabanas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , piloto de rally Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi piloto de rallys e membro da escudaría Siroco Team Narón,[1][2] organizadora do Rally Cidade de Narón[3]. Participou no Campionato de Galicia de Rallys, obtendo 38 vitorias e o campionato de pilotos en seis ocasións: 1990, 1992, 1996, 1998, 1999 e 2000. No momento da súa retirada era o piloto máis laureado da historia do certame autonómico, récord que mantivo durante máis de dúas décadas ata que foi superado por Víctor Senra, tanto en títulos como en vitorias en rallys.[4] Tamén participou en probas puntuables para o Campionato de Europa e o Campionato de España coma o Rally da Coruña ou o Rally Príncipe de Asturias[5].

Política editar

Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cabanas e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, agora con maioría absoluta. En 2011 foi inhabilitado para ocupar cargos en organizacións deportivas por organizar o 39º Rally de Ferrol (2008) sen contar co permiso da Federación Galega de Automobilismo[6]. Dimitiu como alcalde en febreiro de 2019 e nas eleccións municipais dese ano encabezou a lista do PP á alcaldía de Narón.[7][8] Obtivo o 25% dos votos e 6 concelleiros, catro menos que Terra Galega.[9] Dende entón é concelleiro de Narón.[10]


Predecesor:
José Rey García
  
Alcalde de Cabanas
 
2007 - 2019
Sucesor:
Manuel González López


Predecesor:
Arturo Rial
 Campión de Galicia de Rallys 
1990
Sucesor:
Arturo Rial
Predecesor:
Arturo Rial
 Campión de Galicia de Rallys 
1992
Sucesor:
Arturo Rial
Predecesor:
Miguel Dopico
 Campión de Galicia de Rallys 
1996
Sucesor:
Javier Piñeiro
Predecesor:
Javier Piñeiro
 Campión de Galicia de Rallys 
1998-2000
Sucesor:
Manuel Senra

Notas editar

  1. "Germán Castrillón - rally profile eWRC-results.com". eWRC-results.com (en inglés). Consultado o 2022-06-10. 
  2. "'Fichajes' internacionales, expilotos de rallys, exsacerdotes e incluso un par de gemelos, las alcaldías gallegas más famosas". Diario de Pontevedra (en castelán). 2013-05-11. Consultado o 2022-06-10. 
  3. "Historia Rally de Narón". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2011. 
  4. Figueirido, Javier (2013). Alfredo Bárcena, ed. "Buscamos al hombre récord del gallego de ralis". Cronomotor (en castelán) (290): 26–31. ISBN 9775764106. 
  5. Germán Castrillón. rallybase.nl
  6. El Superior ratifica la inhabilitación de Castrillón para ocupar cargos deportivos
  7. "Germán Castrillón presenta su renuncia a la alcaldía de Cabanas". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  8. "El PP naronés dio a conocer su candidatura a las municipales del mes de mayo" (en castelán). 24 de abril de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  9. "Eleccións municipais de 2019 en Narón". Faro de Vigo. Consultado o 11 de xuño de 2020. 
  10. "Concelleiros de Narón". www.naron.es. Consultado o 11 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar