Federación Galega de Automobilismo

institución deportiva

A Federación Galega de Automobilismo (FGA) é o organismo reitor do automobilismo en Galicia. Forma parte da Real Federación Española de Automobilismo.

Federación Galega de Automobilismo
DeporteAutomobilismo
NomeFederación Galega de Automobilismo
ÁmbitoGalicia Galicia
SedeOurense
PresidenteGalicia Gloria de Burgos Pousa
Webhttp://www.fga.es/

Organiza distintas competicións de motor en Galicia, destacando o Campionato de Galicia de Rally e o Campionato de Galicia de Montaña.

HistoriaEditar

Fundouse como Federación Noroeste de Automobilismo, pasando a chamarse en 1981 Federación Territorial Noroeste de Automobilismo e adoptando máis tarde o nome actual.[1] En 1961 Pedro López Sors foi elixido presidente,[2] e entre 1977 e 1981 o cargo foi ocupado por Estanislao Reverter, sendo substituído por José Luis Arias Gayoso, que foi presidente ata a súa dimisión en 1984, momento no que comezou a presidir a Federación Iván Corral.[3]

En 1975 a Federación deu o seu visto e prace á idea dun Campionato Galego de Automobilismo, proposta e deseñada por Estanislao Reverter, Javier García Sánchez e Gonzalo Belay.[4] O campionato combinaba rallys con subidas de montaña e disputábase de xeito paralelo ao Campionato de Galicia de Montaña.[5] Posteriormente creouse o Campionato de Galicia de Rally e pouco despois o campionato combinado desapareceu.

Actualmente, a Federación é presidida por Gloria de Burgos Pousa debido á inhabilitación do anterior presidente Iván Corral.[6]

CompeticiónsEditar

A Federación Galega de Automobilismo organiza e regula os seguintes campionatos:

NotasEditar

  1. "Elecciones en la Federación Noroeste". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 1981. p. 54. 
  2. "Los señores López Sors y Sáez Chas, presidente y vicepresidente de la Federación Noroeste de automovilismo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de marzo de 1961. p. 5. 
  3. "Eugenio Eiranova: «Rebajamos en medio millón la deuda con la Española»". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de marzo de 1984. p. 46. 
  4. "Primer campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xaneiro de 1975. p. 41. 
  5. Martínez Moratinos, M. (4 de febreiro de 1975). "En marcha el Campeonato Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). p. 23. 
  6. "La FGA cobrará por la inhabilitación de Iván Corral". La Región (en castelán). 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de abril de 2021. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar