Abrir o menú principal

Estanislao Reverter

piloto de automobilismo e político galego

Estanislao Reverter Sequeiros, nado en Ourense o 1 de outubro de 1929[1] e finado o 3 de febreiro de 1991, tamén coñecido como Lalao[2], foi un político de UCD, piloto de rally, impulsor do Rally de Ourense, director da Escudería Ourense, construtor do Renault Alpinche e un dos pais do automobilismo en Galicia[3].

Estanislao Reverter
Reverter 2.JPG
Estatua de Colemán e Reverter (esquerda) sentados no Alpinche en Ourense.
Nacemento1 de outubro de 1929
 Ourense
Falecemento3 de febreiro de 1991
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpiloto de rally e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Debutou como piloto de carreiras en 1955 no Trofeo FASA Renault cun Renault 4/4. Competiu durante toda a súa carreira coa Escudería Ourense, que dirixiu entre 1968 e 1980[4], e coa que participou como organizador do Rally de Ourense. Tivo como copilotos a Antonio Colemán, Jorge Glass, Ventura, Eloy Rodríguez, Vázquez, Facas, A. Reverter, José Luis Sala e Luis Reverter.

En 1969 foi elixido concelleiro de Ourense polo terzo familiar, pero o seu nomeamento foi impedido polo gobernador civil por mor das afinidades republicanas da súa familia.

En 1977 foi elixido deputado nas primeiras eleccións xerais, sendo o número 3 na lista da UCD pola provincia de Ourense. En 1979 deixou o seu escano, ao remate da lexislatura, e posteriormente deixou tamén a UCD como consecuencia duns problemas económicos. Tamén foi expulsado pola mesma razón, en 1980, da executiva da Federación Española de Automobilismo[5].

Renault AlpincheEditar

Artigo principal: Alpinche.

O "Alpine-Porsche" foi un vehículo construído por Reverter no seu taller de Ourense, misturando a carrozaría do Alpine A110 e o motor dun Porsche. Foi alcumado nun inicio como "Realpor" (acrónimo de Reverter, Alpine e Porsche), e logo bautizado como Alpinche. Despois da súa primeira versión feita en 1971, contou con catro evolucións diferentes[6], provocadas xeralmente por accidentes ou golpes, e nas que Reverter buscaba sempre melloralo. Foi utilizado en probas de rally por Reverter, José Pavón e Beny Fernández. A súa matrícula era OR-31516.

CarreiraEditar

Campionato de España de RallysEditar

Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 Posición Puntos
1970 Privado Porsche 911 R VNA
10
RBX
2
ESP
5
2VI
4
CDS
2
CLB
1
? ?
1971 Privado Porsche 911 R CBR
3
240
Alpinche PDA
3
RAC
3
BOS
2
1972 Privado Alpinche FIR
7
SHE
3
CLB
1
RBX
1
BOS
3
CDO
1
352,6
1973 Privado Alpinche 5NA
3
RBX
1
ESP
2
12º 178
1974 Privado BMW 2002 FIR
4
CLR
3
CDO
4
ESP
3
2VR
4
330,2
Alpinche CLB
3
5NA
4
1975 Privado BMW 2002 CLB
1
124

=== Resultados === [7]

  • 1955 - Renault 4/4: Trofeo FASA Renault (1ª carreira)
  • 1956 - Seat 1400: San Cristóbal (antecedente do Rally de Ourense) (3º)
  •  ???? - Seat 1400: II rally dos Pireneos, (19º)
  • 1962 - BMW 700S: Rally Montecarlo
  • 1963 - BMW 700S: Rally Montecarlo
  • 1964 - Gogomovil: Rally Rías Baixas
    • Abarth 1000 Biálbero: Rally la Massana
  • 1965 - Abarth 1000 Biálbero. Rally Montecarlo
    • Austin Cooper S: Rally Camiño de Santiago
    • Ford Cortina Lotus: VI Rally Deux Catalognes (1º?)(Campionato de España e Francia)
    • Biálbero: Rally das Camelias (Portugal) (3º), Rally RACE (2º)
  • 1966 - Austin Cooper S: Rally Montecarlo
  • 1967 - Glas 1304 TS: 6 Horas de Barcelona
  • 1969 - Porsche 911R: 12 Horas de Barcelona (8º)
  • 1970 - Porsche 911R: Rally Vasco Navarro, Rally Príncipe de Asturias, Ourense (Accidente), Rally Costa del Sol (2º)
    • Renault 8 Proto: Rally da Coruña (Ret)
    • Abarth OT 2000: Rias Baixas (2º)
  • 1971 - Alpinche: Rías Baixas (3º) Rally RACE, Rally Príncipe de Asturias, Rally de Ourense
  • 1972 - Alpinche: Rally Luis de Baviera, Rally Bosch, Rally Sherry, Rally Príncipe de Asturias (1º)
    • Sport 1600: Rally Montecarlo
  • 1973 - Alpinche: Rally de Ferrol, Rías Baixas, Rally Luis de Baviera
    • Mini Cooper: Montecarlo
  • 1974 - Alpinche: 500 km nocturnos de Alacant;
    • BMW: Rias Baixas (3º)
    • BMW 2002: Rally 2000 virajes

HomenaxesEditar

Foille concedida a medalla de prata ao Mérito Deportivo. Trala súa morte en 1991, o Rally de Ourense pasou a chamarse Rally de Ourense, memorial Estanislao Reverter.

En 2006 inaugurouse en Ourense unha escultura de bronce feita por Ramón Conde Bermúdez en homenaxe a Reverter, Antonio Colemán e o Alpinche. Alí celebraron o título de campións de España de rallys do 2009 Sergio e Diego Vallejo, en homenaxe á Escudería Ourense.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Artigo de Rafael Cid na revista Magazin Motor nº 32 (marzo 2001).
  • Figueiredo Pérez, Javier. Figueiredo Pérez, Javier, ed. Rallye de Orense 1967-2003. 06-01-2004. p. 352. ISBN 84-609-0907-7.  (en castelán)

Ligazóns externasEditar