Subida a Chantada

competición automobilística galega

A Subida a Chantada é unha proba automobilística que se disputa anualmente na Ribeira Sacra chantadina. Xeralmente celébrase a derradeira fin de semana de xullo e está organizada pola Escudería Chantada. Puntúa para o Campionato de España de Montaña e anteriormente tamén o fixo para o Campionato de Galicia de Montaña e para o Campionato de Europa de Montaña.

Modelo:Competición deportivaSubida a Chantada
Imaxe
Tramo da proba na edición de 2012.
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportecarreira de montaña Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónRibeira Sacra 42°23′00″N 7°37′00″O / 42.38333, -7.61667 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1969 – Editar o valor en Wikidata

Percorrido

editar

O tramo ten unha lonxitude de 4,1 quilómetros de distancia, un desnivel de 250 metros e unha pendente media do 7,5 %. É un circuíto rodeado de viñedos que remata preto da vila de Chantada.

A saída sitúase sobre unha ponte sobre o río Miño entre as parroquias de Belesar e Diomondi (O Saviñao). Transcorre por dúas zonas ben diferenciadas, un primeiro tramo da estrada LU-617 estreita e lenta, que combina diferentes tipos curvas e na famosa curva dos cipreses enlaza coa estrada LU-533. Esta segunda parte é un trazado moito máis rápido, no que se alcanzan maiores velocidades.

Programa

editar

A proba realízase en fin de semana, o sábado dende as 09.00 fanse as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.30 horas ábrese o parque pechado na Casa da Cultura. Ás 14.00 horas publícase a lista dos pilotos autorizados a tomar a saída e posteriormente faise a presentación dos pilotos. A saída da primeira manga é ás 15.30.

O domingo ás 08.30 horas faise a presentación dos pilotos, e ás 09.30 horas comeza a saída da segunda manga. Pola tarde, ás 16.15 horas, publícanse os resultados e a continuación a faise a entrega de premios e trofeos. No 2015 este acto celebrouse no novo Auditorio de Chantada.

Récord da proba

editar

En 1998 o piloto Andrés Vilariño cun Osella PA-20 acadou un tempo de 1'46'074.

Edición 2015

editar

A edición do 2015 celebrouse os días 18 e 19 de xullo. Este ano tamén foi puntuable para a Copa Stark Box, que se corre sobre os Seat Marbella. Os resultados [1] dos 3 primeiros clasificados son:

Posto Piloto Automóbil Tempo
José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM 3:47.955
Jacobo Sobral Iglesias SILVER CAR S2 3:54.985
Alexis Vieitez Losada FORMULA OUTEDA 3:56.795

Edición 2014

editar

A edición do 2014 celebrouse os días 19 e 20 de xullo. Os resultados [2] dos 3 primeiros clasificados son:

Posto Piloto Automóbil Tempo
José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM 3:54.395
Jacobo Sobral Iglesias SILVER CAR S2 3:58.108
Jose A. Varela Juan Osella PA 20 /S 3:59.899

Palmarés[3]

editar


Ano Edición Piloto Automóbil
2016 43 Subida a Chantada Manuel Senra Caamaño Peugeot 306 Maxi Kit Car
2015 42 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM
2014 41 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM
2013 40 Subida a Chantada Martín Villar BRC 05 Evo
2012 39 Subida a Chantada Antonio Varela Juan Osella PA 20/S
2011 38 Subida a Chantada Cristóbal Serantes García Formula Ralt RT-34
2010 37 Subida a Chantada Cristóbal Serantes García Formula Ralt RT-34
2009 36 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi A4 ST
2008 35 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi A4 ST
2007 34 Subida a Chantada Oscar Palacios Arias Osella PA-20 S
2006 33 Subida a Chantada Víctor Abraham Gutiérrez Osella PA-20 S
2005 32 Subida a Chantada Víctor Abraham Gutiérrez RALT Honda Fórmula
2004 31 Subida a Chantada Cristóbal Serantes Formula Leiro Sport
2003 30 Subida a Chantada Vivencio Padín RALT BMW
2002 29 Subida a Chantada Andrés Vilariño Formula Reynard
2001 28 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
2000 27 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
1999 26 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
1998 25 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
1997 24 Subida a Chantada Aitor Zabaleta Lola BMW 2000
1996 23 Subida a Chantada Aitor Zabaleta Lola BMW 2000
1995 22 Subida a Chantada Aitor Zabaleta Lola BMW 2000
1994 21 Subida a Chantada Luís Martínez Osella BMW
1993 20 Subida a Chantada José Luís Santos Fórmula Martini
1987 19ª Subida a Chantada Pancho Egozkue Lola BMW 2000
1986 18 Subida a Chantada Jean Vinjes Lola BMW 2000
1985 17 Subida a Chantada Fermín Vélez Lola BMW 2000
1984 16 Subida a Chantada Andrés Vilariño Lola BMW 2000
1983 15 Subida a Chantada Juan Fernández Lola BMW 2000
1982 14 Subida a Chantada Carlos Arenzana Lola BMW 2000
1981 13 Subida a Chantada Juan Fernández Lola BMW 2000
1980 12 Subida a Chantada Jean Claude Lola BMW 2000
1979 11 Subida a Chantada Juan Fernández Lola BMW 2000
1978 10 Subida a Chantada Jean Vinjes Osella BMW 2000
1977 9 Subida a Chantada Juan Fernández Lola BMW 2000
1976 8 Subida a Chantada Beni Fernández BMW 2002 TII
1975 7 Subida a Chantada Robert Giannone Aurora Porsche 2.0
1974 6 Subida a Chantada Luís Quinzán Alpine Renault 1600 S
1973 5 Subida a Chantada Luís Quinzán Alpine Renault 1600 S
1972 4 Subida a Chantada Luís Quinzán Alpine Renault 1600 S
1971 3 Subida a Chantada E. Bing Joch Abartch 2000 OT
1970 2 Subida a Chantada E. Noguerol Alfa Romeo 2.0 GTAM
1969 1 Subida a Chantada Estanislao Reverter Porsche 911 S
  1. "Clasificación final OFICIAL 2015" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2015. 
  2. http://www.temposfga.eu/ (ed.). "Clasificación final OFICIAL 2014" (PDF). Consultado o 20 de xullo de 2015. [Ligazón morta]
  3. "Palmarés da Subida a Chantada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar