Carreira de montaña (motor)

disciplina de automobilismo

A carreira de montaña é unha disciplina de automobilismo e motociclismo que se disputa sobre percorridos curtos de portos de montaña con pendentes elevadas. Cando a chegada está a unha altitude maior que a saída fálase dunha subida ou ascenso de montaña, mentres que cando a meta está por debaixo do inicio dise que a carreira é un descenso ou baixada de montaña .

Un monopraza na carreira de montaña de Prescott, Inglaterra.
Un fórmula competindo na subida ao Fito, Campionato Europeo de Montaña.

Do mesmo xeito que nos rallys, as carreiras teñen un formato contra o reloxo. Os pilotos saen separados entre si varios segundos, de xeito que o piloto se enfronta ao reloxo e non precisa adiantar rivais. Os percorridos, de entre 1 e 10 km de lonxitude, percórrense entre unha e catro veces segundo a normativa da carreira.

A Federación Internacional do Automóbil organiza o Campionato Europeo de Montaña e en varios países europeos hai torneos nacionais e rexionais, en particular os alpinos. Algunhas carreiras de montaña formaron parte do Campionato Mundial de Resistencia. En Europa, este tipo de carreiras realízanse en superficies asfaltadas, mentres que nos Estados Unidos tamén se usan estradas de grava, como o Pikes Peak.

A Real Federación Española de Automobilismo organiza o Campionato de España de Montaña, contando algunhas das súas citas tamén para campionatos internacionais. Pola súa banda, a Federación Galega de Automobilismo organiza o Campionato de Galicia de Montaña.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar