Lexislatura constituínte de España
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
A Lexislatura Constituínte de España comeza o 19 de xuño de 1977, tras a vitoria da maioría simple da UCD nas eleccións xerais.
O novo goberno, presidido por Adolfo Suárez, culmina o proceso de Transición, levado a cabo despois da morte do ditador Francisco Franco, propíciase así a redacción da Constitución española de 1978.
As novas Cortes inauguráronse o 22 de xullo
Economía
editar- Artigo principal: Economía de España.
Durante este período, o PIB aumentou un 3% e a inflación descendeu do 26,4% en 1977 ao 16,5% en 1978
Máis dun millón de españois seguían en paro e o 25 de outubro de 1977, subscribíronse os denominados Pactos da Moncloa. O 11 de novembro creouse o Fondo de Garantía de Depósitos.
Política social
editarO 15 de outubro de 1977 o Consello de Ministros aprobou a Lei de Amnistía
Estado das autonomías
editarAprobáronse os réximes pre-autonómicos de Cataluña e País Vasco.