Rally de Ourense

competición automobilística galega

O Rally de Ourense é un evento automobilístico que se leva a cabo cada ano no mes de xuño na comarca de Ourense dende o ano 1967, organizado pola Escudería Ourense.

Modelo:Competición deportivaRally de Ourense
Imaxe
Tipocarreira automobilística Editar o valor en Wikidata
Deporterally Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónOurense (provincia de Ourense) 42°20′08″N 7°51′51″O / 42.33556, -7.86406 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1967 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata


Escultura de Estanislao Reverter, Antonio Colemán e o Alpinche na cidade de Ourense (Ramón Conde, 2006).
Rally 2003.
Vehículos participantes no rally 2022, no xardín do Posío.

O rally naceu por iniciativa do piloto ourensán Estanislao Reverter, que quería que en Galicia houbese unha proba como as que el disputaba no campionato europeo. Esta proba é puntuable para o Campionato de España de Rallys de asfalto dende a primeira edición de 1967, coas únicas excepcións da edición de 1973 e as de 1984 a 1988. A edición número 43 do Rally de Ourense que se disputou en 2010 foi premiada pola Federación Española de Automovilismo como a proba mellor organizada do Campionato de España de Rallys.[1]

Historia

editar

Anos 60

editar

A primeira edición levouse a cabo grazas á comisión de festas da cidade de Ourense e a Estanislao Reverter, que axudou a facela puntuable para o Campionato de España. Non se lle concedeu o carácter internacional por ser a primeira edición, pero aínda así houbo pilotos estranxeiros: portugueses e italianos. Os coches que se inscribiron foron os pertencentes á categoría de Gran Turismo (preparación lixeira) e Turismo (sen preparación).[2] Corenta e dous participantes partiron da Praza Maior da cidade, todos cunha insignia na solapa consistente nunha roda de afiar enmarcada nun volante, unha imaxe que se convertería ao longo dos anos nun símbolo da proba. O percorrido incluía oito tramos destacando o Alto do Barón, Carballiño-Cea, O Alto do Rodicio, Viana-A Gudiña.[3] Realizouse un reagrupamento no Parador de Monterrei para iniciar posteriormente a segunda etapa, consistente en dous tramos dos que se cancelou un deles por dous accidentes.[4] Despois da chegada a Ourense celebrouse a terceira etapa cunha subida e un slálom final, ambos os dous fóra da cidade. O gañador foi Bernard Tramont, co seu copiloto Ricardo Muñoz, que lideraron boa parte da proba cun Alpine 1300. Segundos chegaron Manuel Juncosa e Artemi Eche, cun Fiat Abarth, e terceiros Jorge e Alberto Ruiz-Giménez.[5]

A segunda edición comezou xa coa Escudería Ourense creada, que foi a encargada de organizar o evento. O itinerario contou con once tramos, algúns novos, dous deles en terra e cunha etapa nocturna. Admitíronse vehículos das categorías Sport e Turismo e inscribíronse 56 participantes, que tomaron a saída no parque de San Lázaro, entre eles Bernard Tramont, Eladio Doncel, Alberto Ruiz-Giménez ou Manuel Juncosa.[6] Os continuos abandonos provocaron moita alternancia no liderado da proba. Despois do último tramo ,cunha subida ao Alto do Cumial, fíxose un slálom de exhibición. Os gañadores finais foron Doncel-Llagostera, cun Porsche 911 S, segundos os italianos Ceo Filippi e Sergio Lipizer cun Lancia Fulvia HF, mentres que terceiros remataron Juncosa-Artemi, repetindo podio co Fiat Abarth 1000. Tramont, gañador o ano anterior, tivo que abandonar cando lideraba o rally.[7]

A terceira edición contou con cincuenta e oito vehículos que tomaron a saída desde o pavillón de deportes.[8] O itinerario contou con 14 tramos, destacando varias subidas como o Alto do Rodicio, o Alto do Couso, o Alto do Paraño, o Alto do Cumial ou o Alto de Allariz, de novo cunha etapa nocturna. A carreira foi unha loita entre o ourensán José Pavón e José María Palomo, que foron marcando os mellores tempos. Un dos tramos tivo que neutralizarse tras o accidente de Jorge Bäbler co seu BMW 2002 e finalmente foi Palomo quen logrou a vitoria por diante de Pavón, ambos cun Porsche 911 R. O terceiro foi Bernard Tramont co Alpine A-110, mentres que Eladio Doncel, gañador do ano anterior, só puido ser undécimo, de novo co Fulvia.[9]

Anos 70

editar

A cuarta edición celebrouse en xuño de 1970 e contou con quince tramos, o último deles disputado no circuíto do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, coincidindo coa celebración da Copa Renault 8 TS. A carreira celebrouse por primeira e única vez en domingo e luns por mor dunha festividade local e nela púxose en marcha un campionato nacional de vehículos con preparación de serie realizado por SEAT. O rally comezou co dominio inicial de José Pavón a bordo dun Porsche 911 R ata que sufriu un grave accidente no tramo Rodicio-Couso que o obrigou a abandonar, sendo trasladado ao hospital con dúas costelas rotas. A partir de aí, Ruiz Giménez liderou a proba ata o último tramo, disputado no circuíto de San Cibrao, onde trinta e un pilotos correron as tres mangas previstas. O vencedor do mesmo foi Tramont, co que se asegurou a segunda posición do rally, mentres que Juncosa foi terceiro e a vitoria foi para Ruiz Giménez.[10][11] En 1971 celebrouse a quinta edición e ofrecéuselle a Presidencia de Honra ao príncipe Xoán Carlos, que a aceptou. O itinerario constou de quince tramos, algúns deles en terra, sendo o primeiro o celebrado no Alto do Rodicio, de onde partiron corenta e oito pilotos. Eladio Doncel, piloto da Escudería Repsol, foi o dominador da proba, mentres que o seu compañeiro Ruiz Giménez (cun Porsche 911 S ao igual que Doncel) tivo que conformarse co segundo posto a pesar de marcar o mellor tempo nos últimos tramos. O terceiro posto foi para o francés Tramont co Alpine A-110.

En 1972 a organización sufriu problemas coa puntuación da proba (sendo excluída do campionato de España), que sumado a outros relacionados co peche das estradas fixo que non se levara a cabo o rally. A sexta edición celebrouse polo tanto en 1973 e por primeira vez sen puntuar para o certame nacional. Este feito fixo que só se inscribisen trinta e seis vehículos dos que só vinte e dous tomaron a saída. Algúns pilotos negáronse a acudir ao saber que se disputarían tres tramos en terra. Con todo, houbo participantes do Simca Challenge e do equipo oficial FASA Renault.[12] Na primeira etapa, José Pavón lideraba a carreira, tras unha penalización a Juan Ignacio Villacieros que o relegou ao segundo posto. Dezaoito vehículos chegaron ao reagrupamento para comezar posteriormente a segunda etapa, na que de novo houbo baixas debido á dureza dos tramos de terra e só doce participantes remataron a proba. Villacieros rompeu un palier polo que tivo que abandonar, sendo a vitoria final para Pavón. O piloto ourensán converteuse no primeiro piloto local en gañar o rally, mentres que segundo foi Luis Portela cun Lancia Fulvia HF e terceiro Juan Carlos Oñoro cun Simca 1200.[13]

En 1974 a proba volveu ao calendario do Campionato de España e na lista de inscritos estaban os pilotos oficiais de SEAT, Juan Carlos Pradera e Antonio Zanini. Nos primeiros compases cos tramos mollados pola choiva da noite anterior, Marc Etchebers marcou os mellores tempos e liderou a carreira. Nas seccións de terra, Zanini e Pradera foron algo superiores. Na etapa nocturna Etchebers aumentou a súa vantaxe sobre os seus rivais pero volveuna perder coa choiva no tramo de Avión-Beiro. Con todo, o piloto francés mantivo o liderado e levou a vitoria co seu Porsche Carrera por diante dos SEAT 1430 de Zanini e Pradera que quedaron segundo e terceiro respectivamente.[14][15] En 1975 a proba tivo un itinerario de dezaseis tramos, todos sobre asfalto e eliminando todos os de terra. Corenta e seis pilotos tomaron a saída, con Etchebers liderando dende o principio e producíndose o primeiro abandono importante, o de Pradera, que bateu o seu Alpine contra unha pedra, mentres Jorge de Bagration co seu Lancia Stratos se consolidaba na segunda posición. Na terceira etapa só vinte e tres pilotos tomaron a saída e Etchebers levou finalmente a vitoria, seguido de Bagration e Juan Carlos Oñoro.[16]

En 1977 o rally celebrou a súa décima edición e contou cunha lista de só trinta e cinco pilotos inscritos e coas ausencias do equipo SEAT (Zanini e Cañellas). Ese ano, Estanislao Reverter marcouse o obxectivo de incluír a proba no Campionato de Europa e ademais aliñou a un equipo formado por Beny Fernández, Antonio Freire "Ventura", "Peitos" e Pío Alonso. O itinerario tiña vinte e catro tramos sendo Beny quen marcou os mellores tempos nos primeiros dezaoito polo que liderou a carreira con certa comodidade. Despois da etapa nocturna enfrontáronse á terceira e última onde só saíron vinte coches e onde o Ford Escort de Beny Fernández comezou a sufrir problemas e a perder perdeu medio minuto en cada tramo, pero logrou rematar os últimos cinco tramos e chegar ao final como gañador cunha diferenza mínima respecto a Marc Etchebers, segundo. A terceira posición correspondeu a Rafa Cid, cun Renault Alpine.[17] En 1978 a proba foi preinscrición para o Campionato Europeo e contou coa presenza dun federativo italiano. O percorrido constou de vinte e cinco tramos e a saída realizouse dende o Estadio do Couto. Jorge de Bagratión foi o dominador da maioría dos tramos seguido de Pablo de Sousa, que logrou marcar o mellor tempo nalgunhas pero sen recortar moito tempo. Na terceira posición situábase Etchebers e os tres afrontaron a terceira etapa con certa tranquilidade e sen arriscar polo que alcanzaron a meta nas mesmas posicións.[18]

Campionato de Europa

editar

En 1979 entrou no calendario do Campionato de Europa de Rallys. Para aumentar a participación, a organización ofreceu axudas, como bonos para os participantes que viaxaban dende lonxe, presentou a proba en Porto e a inscrición foi gratuíta. Inicialmente o rally foi un duelo entre Beny Fernández e Jorge de Bagratión ata que o primeiro se saíu da estrada na segunda etapa a só 300 m da meta dun dos tramos deixando vía libre a Bagratión que dominou a carreira ata o final. O podio completouno Ricardo Muñoz cun Porsche 911 SC e Eugenio Ortiz, cun Simca 1200 TI.[19] Ao ano seguinte, e por segundo ano o rally volve ser puntuable para o campionato europeo e contou coa presenza do equipo Ford que participou con dous Ford Fiesta 1600 do grupo 2 para Salvador Serviá e Juan Ignacio Canela. Ese ano a organización sopesaba se seguir formando parte ou non do certame europeo debido á escasa presenza de equipos estranxeiros e á maior quilometraxe requirida. Na primeira etapa produciuse o abandono de Bagratión por perda de aceite no seu Lancia Stratos, mentres que Beny Fernández sufriu problemas no seu Opel Ascona 2000. A carreira estivo marcada polo duelo entre Eduardo Balcázar e Salvador Serviá, que fixeron os mellores tempos na maioría dos tramos, sendo finalmente a vitoria para Balcázar, que conducía un Lancia Stratos. Segundo foi Serviá e terceiro Pablo de Sousa, cun Seat 124-2000.[20]

Gañadores

editar


Edición Resultados
2022
2021
2020
2019[21]
2018[22]
2017[23]
2016[24]
2015[25]
2014[26]
2013[27]
  • 1º - Luís Monzón / Jose Carlos Deniz - Mini John Cooper Works WRC
  • 2º - Miguel Fuster / Ignacio Aviñó - Porsche 997 GT3
  • 3º - Xavi Pons / Xavier Amigó - Mitsubishi Lancer Evo X
2012[28]
2011[29]
2010[30]
2009[31]
  • 1º - Sergio Vallejo / Diego Vallejo - Porsche 911 GT3
  • 2º - Xavi Pons / Alex Haro - Mitsubishi Lancer Evolution X
  • 3º - Jorge González Rantur / Alejandro Cid - Mitsubishi Lancer Evolution X
2008[32]
2007[33]
2006[34]
2005[35]
  • 1º - Alberto Hevia / Alberto Iglesias - Renault Clio S1600
  • 2º - Miguel Fuster / José Vicente Medina - Renault Clio S1600
  • 3º - Vinyes / Xavi Lorza - Peugeot 206 S1600
2004[36]
  • 1º - Alberto Hevia / Alberto Iglesias - Renault Clio S1600
  • 2º - Jose Piñón / Rogelio Peñate - Renault Clio S1600
  • 3º - Sergio Vallejo / Diego Vallejo - Fiat Punto S1600
2003[37]
2002[38]
  • 1º - Jesús Puras / C. Del Barrio - Citroen Xsara WRC
  • 2º - Jorge González Rantur / Roberto González - Citroen Saxo Kit Car
  • 3º - Santiago Concepción / Victor Del Rosario - Mitsubishi Lancer Evo VI
2001[39]
  • 1º - Salvador Cañellas / Alberto Sanchís - Seat Córdoba WRC
  • 2º - Dani Solá / David Morena - Citroen Saxo Kit Car
  • 3º - Manuel Cabo / Juan A. Castillo - Citroen Saxo Kit Car
2000
1999
1998
  • 1º - Jesús Puras / Carlos del Barrio - Citroën Xsara Kit Car
  • 2º - Manuel Muniente / J. V. Medina - Peugeot 306 Maxi
  • 3º - Luis Climent / J. A. Muñoz - Renault Maxi Mègane
1997
  • 1º - Jesús Puras / Carlos del Barrio - Citroën ZX Kit Car.
  • 2º - M. Martínez Conde / Felipe López - Renault Máxi Mègane
  • 3º - Jaime Azcona / Julius Billmaier - Peugeot 306 Máxi
1996
  • 1º -Luís Climent / Muñoz - Citroën ZX 16 V.
  • 2º -Martínez Conde / López - Renault Clio Williams
  • 3º -Oriol Gómez / Marc Martí - Renault Máxi Mègane
1995
  • 1º - Borja Moratal / Alfredo Rodríguez - Peugeot 306 S16
  • 2º - Jesús Puras / Carlos del Barrio - Citroën ZX 16V
  • 3º - Miguel Martínez Conde / Miguel Gallar - Renault Clio Williams
1994
1993
1992
1991
  • 1º - Gustavo Trelles / Ivetich - Lancia Delta Integrale 16V
  • 2º - Luís Monzón / Morales - Ford Sierra Cosworth 4X4
  • 3º - Borja Moratal / Fernández - Opel Kadett GSI 16 V
1990
  • 1º - Pep Bassas / Rodríguez - BMW M3
  • 2º - Jose María Bardotel / Ferrer - Ford Sierra RS Cosworth
  • 3º - Borja Moratal / Rodríguez - Opel Kadett GSI 16 V
1989
  • 1º - Jesús Puras / Aguado - Ford Sierra RS Cosworth
  • 2º - Pep Bassas / Rodríguez - BMW M3
  • 3º - Jose María Bardotel / Autet - Ford Sierra Cosworth
1988
  • 1º - Medardo Pérez / Yáñez - Lancia 037 Rallye
  • 2º - Marc Etchebers / González - Porsche 911 SC/RS
  • 3º - "Carlos" / Molina - BMW 635 CSI
1987
  • 1º - Marc Etchebers / Iglesias - Porsche 911 SC/RS
  • 2º - Carlos Piñero / Orozo - Opel Manta 400
  • 3º - "Peitos" / Salgueiro - Alfa Romeo GTV 2500
1986
1985
1984
  • 1º - Beny Fernández / Jose Luís Sala - Porsche 911 SC/RS
  • 2º - "Chano" Carrera / Ogando - Opel Ascona 2000
  • 3º - Cabanes / Sempere - Opel Manta GTE
1983
1982
  • 1º - "Peitos" / "Facas" - Ford Escord RS 2000
  • 2º - Piñero / Orozo - Porsche 911 SC
  • 3º - "Cleherc"/ Marquina - Porsche 911 SC
1981
1980
  • 1º - Balcazar / Molina - Lancia Stratos
  • 2º - Salvador Serviá / Brustenga - Ford Fiesta 1600
  • 3º - Pablo de Sousa / Sanz - Seat 124-2000
1979
1978
1977
  • 1º - Beny Fernández / Jose Luís Sala - BMW 2002 Tl i
  • 2º - Marc Etchebers / Cristine - Porsche 911
  • 3º - Rafa Cid / González - Renault Alpine 1800
1976
  • 1º - Beny Fernández / Jose Luís Sala - BMW 2002 TI i
  • 2º - Traboda / Serrano - Seat 124-1800
  • 3º - Rosende / Pardo - Seat 1430-1800
1975
  • 1º - Marc Etchebers / Cristine - Porsche Carrera
  • 2º - Bagration / Ignacio Lewin - Lancia Stratos
  • 3º - Oñoro / Lacalle - Simca 1000 S
1974
1973
  • 1º - Pavón / González - Renault 8 TS
  • 2º - Portela / Zea - Lancia HF Fulvia
  • 3º - Oñoro / Valverde - Simca 1200
1972
  • 1º - Non se disputou
  • 2º - -
  • 3º - -
1971
  • 1º - Doncel Conde / Castañeda - Porsche 911 S
  • 2º - Ruiz Giménez / Bueno - Porsche 911 S
  • 3º - Bernard Tramont / Antolín - Renault Alpine A-110
1970
  • 1º - Ruiz Giménez / Castañeda - Porsche 911 S
  • 2º - Bernard Tramont / Segovia - Renault Alpine 1600
  • 3º - Juncosa / Artemi - Fiat Abarth 2000
1969
  • 1º - Palomo / Seara - Porsche 911 S
  • 2º - Pavón / Tejelo - Porsche 911 R
  • 3º - Bernard Tramont / Antolín - Renault Alpine 1400
1968
  • 1º - Doncel / Llagoster - Porsche 911S
  • 2º - Filippe / Lipicier - Lancia HF Fulvia
  • 3º - Juncosa / Artemi - Fiat Abarth
1967
  • 1º - Bernard Tramont / Muñoz - Renault Alpine 1300
  • 2º - Juncosa / Artemi - Fiat Abarth
  • 3º - Bagration / Ruiz Giménez - Renault 8 GT

En azul, as edicións nas que a proba foi puntuable para o Campionato de España de Rallys

  1. Díaz, José Luís (12 de xaneiro de 2011). "El rally más reconocido". La Región (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  2. Figueiredo Pérez 2004, p. 45.
  3. Figueiredo Pérez 2004, p. 47.
  4. Figueiredo Pérez 2004, p. 48.
  5. Figueiredo Pérez 2004, p. 49.
  6. Figueiredo Pérez 2004, p. 53.
  7. Figueiredo Pérez 2004, p. 55.
  8. Figueiredo Pérez 2004, p. 59.
  9. Figueiredo Pérez 2004, p. 64.
  10. Figueiredo Pérez 2004, p. 67.
  11. Figueiredo Pérez 2004, p. 71.
  12. Figueiredo Pérez 2004, p. 83.
  13. Figueiredo Pérez 2004, p. 85.
  14. Figueiredo Pérez 2004, p. 89.
  15. Figueiredo Pérez 2004, p. 93.
  16. Figueiredo Pérez 2004, p. 100.
  17. Figueiredo Pérez 2004, pp. 133, 116.
  18. Figueiredo Pérez 2004, p. 121.
  19. Figueiredo Pérez 2004, pp. 127-129, 132.
  20. Figueiredo Pérez 2004, pp. 135-140.
  21. "Resultados da edición de 2019". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  22. "Resultados da edición de 2018". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  23. "Resultados da edición de 2017". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  24. "Resultados da edición de 2016". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  25. "Resultados da edición de 2015". www.ewrc-results.com/ (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  26. "Resultados da edición de 2014". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  27. "Resultados da edición de 2013". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  28. "Resultados da edición de 2012". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  29. "Resultados edición de 2011". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  30. "Resultados edición 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  31. "Resultados edición 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  32. "Resultados edición 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  33. "Resultados edición 2007". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  34. "Resultados edición 2006". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  35. "Resultados edición 2005". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  36. "Resultados edición 2004". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  37. "Resultados edición 2003". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  38. "Resultados edición 2002". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  39. "Resultados edición 2001". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar