David Vázquez Liste

copiloto galego de rally

David Vázquez Liste, nado na Estrada o 6 de outubro de 1976, é un copiloto galego de rally.

David Vázquez Liste
Nacemento6 de outubro de 1976
Lugar de nacementoA Estrada
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncopiloto
editar datos en Wikidata ]

Foi seis veces campión de Galicia de Rally, a primeira delas con Alberto Meira (2016) e as cinco seguintes con Víctor Senra (2017, 2018, 2019, 2020 e 2023). Ademais foi dúas veces subcampión de España, guiando a Meira en 2017 e a Iván Ares en 2019.

Fóra dos rallys traballa como técnico do servizo de emerxencias da Estrada.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar