Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally

tempada deportiva

A tempada 2019 foi a 41ª edición do Campionato de Galicia de Rally. Comezou o 1 de marzo no Rally da Coruña e rematou o 16 de novembro no Rally Mariña Lucense.[1] O vencedor foi Víctor Senra, que gañou o seu terceiro título consecutivo. Os seus principais rivais foron Alberto Meira (2º) e Iago Caamaño (3º).

Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally
Liga Campionato de Galicia de Rally
Deporte Rally
Duración 1 de marzo de 2019 - 16 de novembro de 2019
Posicións finais
Campión Galicia Víctor Senra
Subcampión Galicia Alberto Meira
Tempadas do Campionato de Galicia de Rally
← 2018 2020 →

Calendario editar

N.º Data Rally Resultados
1 1-2 de marzo 23º Rally da Coruña Resultados
2 6-7 de abril 35º Rally de Noia Resultados
3 18-19 de maio 53º Rally Rías Baixas Resultados
4 15-16 de xuño 32º Rally Cidade de Narón Resultados
5 13-14 de xullo 16º Rally Sur do Condado Resultados
6 10-11 de agosto 27º Rally Botafumeiro Resultados
7 21-22 de setembro 8º Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra Resultados
8 26-27 de outubro 41º Rally San Froilán Resultados
9 16 de novembro 1º Rally Mariña Lucense Resultados

Cambios e novidades editar

Vehículos admitidos editar

Os vehículos admitidos dividíronse en cinco agrupacións:[2]

  • Agrupación 1: WRC, R5, S2000, R4, N1, N5, N6, Grupo A (4x4), Grupo N (4x4), Grupo X, GT, RGT, Grupo G, Grupo P, Grupo SCC.
  • Agrupación 2: R3T, R3C, S1600, R2C, N2, Grupo N (2RM), Grupo A (Menos 2.0 cc), Grupo G, Grupo X.
  • Agrupación 3: R3B, R3D, N3, Grupo A (Menos 1.6 cc), Grupo N (Menos 2.0 cc 2RM), Grupo X (Menos 2.000 cc 2RM), Históricos (Máis 1.600 cc, 2RM)
  • Agrupación 4: Grupo N (-1.600 cc), R1A/R1B (Menos 1.600 cc), Grupo X (Menos 1.600 cc), Históricos (Menos 1.600 cc, 2RM)
  • Agrupación 5: Todos o grupos de menos de 1.000 cc, excepto históricos.

Puntuación editar

Sistema de puntuación para a clasificación xeral:

Posición 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Puntos 25 20 15 12 10 8 6 4 2 1

Sistema de puntuación para cada agrupación:

Posición 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Puntos 10 9 8 7 6 5 4 3 2 1

Para definir o total de puntos obtidos por un participante nunha proba debíanse sumar os puntos obtidos na clasificación xeral e na agrupación e logo multiplicalos polo coeficiente da proba.[3]

Equipos editar

Equipo Automóbil Piloto Copiloto Roldas
Ares Racing Hyundai i20 R5 Iván Ares José Antonio Pintor 1
Yacar Racing Citroën C3 R5 Víctor Senra Ramón López 1-2
David Vázquez 3-7
Recalvi Team Alberto Meira José Murado 1-9
Renault Clio N5 Jorge Cagiao Sueiras María Blanco Amelia 1-7
Escuadra Lalín-Deza Ford Fiesta R5 Iago Caamaño Alberto Rodríguez 1-8
Volkswagen Polo GTI R5 9
Galicia Motorsport Renault Clio R3 Maxi Jorge Pérez Oliveira Juan Gándara Fernández 1-2
Avelino Martínez López 3
Renault Clio N5 4-9
SEAT Marbella Ricardo Estévez Cortizo Óscar Otero Blanco 1, 3-4, 6-9
Ignacio Sayáns Riveiro 2
Despezamentos Tino Racing Ford Fiesta N5 Celestino Iglesias Jorge Iglesias 1-8
Vanessa Maquieira 9
Escuadra Miño-Lugo Peugeot 208 R2 Francisco Dorado Vizcaino Roi Torrente 1-5, 7
Peugeot 208 T16 8

Rallys editar

23º Rally da Coruña editar

Artigo principal: Rally da Coruña de 2019.

A tempada comezou por terceiro ano consecutivo co Rally da Coruña. Constou de oito tramos que discorreron polos concellos de Coirós, Aranga, Arteixo, Culleredo, A Laracha e Cerceda, estando situado o parque pechado no Parrote.[4] O primeiro tramo tivo que ser neutralizado pola evacuación dun espectador cun amago de infarto, igual que o sétimo tramo, este por unha saída de pista de Jorge Cagiao, na que a súa copiloto, Amelia Blanco, tivo que ser atendida polas asistencias. Tamén tiveron que atender a Lorena Maroño, copiloto de Manuel González, tras un accidente.[5]

O defensor do título, Víctor Senra, comezou liderando os primeiros tramos co seu novo Citroën C3 R5, pero unha picada de roda no cuarto tramo, en Aranga, decantou a vitoria a favor de Iván Ares, que deste xeito gañou por segundo ano consecutivo a proba coruñesa, que finalmente sería o único rally do campionato galego que disputaría ese ano. Completou o podio do Parrote Iago Caamaño, que gañou o seu duelo particular con Alberto Meira, despois de que este perdera moito tempo ao realizar un trompo e non puidera remontar.[6] Por detrás chegaron o portugués Ricardo Costa, Antonio Fernández e os veteranos Tino Iglesias e Manolo Senra.[7]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Iván Ares   José Pintor Hyundai i20 R5 Ares Racing 46:48.247
2   Víctor Senra   Moncho López Citroën C3 R5 Yacar Racing 47:22.585
3   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Lalín-Deza 48:16.626
4   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 48:28.115
5   Ricardo Costa   Rui Vilaça Citroën DS3 R5 Dona Urraca 50:04.717
6   Antonio Fernández   Alejandro López Mitsubishi Lancer Evo IX Miño-Lugo 51:33.530
7   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta R5 Desguaces Tino Racing 51:38.064
8   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Senra Sport 51:49.966
9   José Manuel Lista   Iván Carmona Mitsubishi Lancer Evo IX J. Lista Competición 52:15.348
10   Jorge Pérez Oliveira   Juan Gándara Renault Clio R3 Evo Max Galicia Motorsport 52:22.264

35º Rally de Noia editar

Artigo principal: Rally de Noia de 2019.

A segunda cita da tempada foi o Rally de Noia, para o que se inscribiron máis de 150 pilotos. Celebrouse a primeira fin de semana de abril e constou de nove tramos que discorreron polos concellos de Noia, Lousame, Outes, Mazaricos e Porto do Son.

Comezou liderando Iago Caamaño tras o tramo do venres, por diante de Alberto Meira e Ricardo Costa. Porén as duras condicións meteorolóxicas do sábado provocaron un gran número de abandonos. Iago Caamaño tivo que abandonar dous quilómetros despois da saída por un problema coa bomba da auga,[8] sorte semellante á que correu Alberto Meira ao pararlle o coche na metade dun tramo.[9] Ao remate dos tramos da mañá Víctor Senra xa ocupaba a primeira posición, por diante de Ricardo Costa e Tino Iglesias. Con todo, na segunda pasada por Mazaricos, Senra saíuse da pista e perdeu 50 segundos, perdendo a primeira posición a favor de Ricardo Costa. Mais recuperou o liderado nos tramos da tarde, marcando o mellor tempo en todos eles e logrando a súa segunda vitoria no Rally de Noia, dous anos despois da primeira. Ademais colocouse primeiro no Campionato.[8] Por detrás chegou Ricardo Costa a 20 segundos de Senra e case dous minutos por riba do terceiro. A terceira praza estivo máis disputada, pasando por varias mans como as de Manolo Senra, Amador Vidal ou Tino Iglesias. Estes dous últimos víronse obrigados a abandonar tamén e Jorge Cagiao logrou subir ao podio en terceira posición, con Senra cuarto.[8]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Víctor Senra   Moncho López Citroën C3 R5 Yacar Racing 57:31.121
2   Ricardo Costa   Rui Vilaça Citroën DS3 R5 Dona Urraca 57:51.168
3   Jorge Cagiao   Amelia Blanco Renault Clio N5 Recalvi Team 59:41.562
4   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Senra Sport 1h00:11.000
5   Antonio Rodríguez   Lara Romero Volkswagen Polo N5 Berberecho 1h00:37.415
6   Alberto Nimo   José Antonio Pintor Mitsubishi Lancer Evo X Lalín-Deza 1h00:41.032
7   Antonio Fernández   Miguel Vidal Mitsubishi Lancer Evo IX Meira 1h01:03.469
8   Jorge Pérez Oliveira   Juan Gándara Renault Clio R3 Evo Max Galicia Motorsport 1h01:44.022
9   Francisco Dorado   Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 1h02:04.029
10   César Gonzalves   Miguel Peña Mitsubishi Lancer Evo IX A Pontenova 1h02:23.677

53º Rally Rías Baixas editar

Artigo principal: Rally Rías Baixas de 2019.

O terceiro rally do calendario foi o Rías Baixas, consistente en 11 treitos entre Vigo, Gondomar, O Porriño e Salceda de Caselas, e que contou coa inscrición de 152 equipos.[10][11]

Tras a disputa dos dous treitos urbanos do venres o portugués Ricardo Costa colocouse líder, con tres décimas de vantaxe sobre o asturiano Óscar Palacio, e un segundo sobre Alberto Meira, terceiro. Víctor Senra sufriu un trompo e perdeu doce segundos co líder, rematando o día en novena posición.[12][13] Con todo, Senra colocouse líder do rally xa no primeiro tramo do sábado, ao sacarlle case 13 segundos ao segundo, Alberto Meira, e máis de 17 a Costa.[14] Perdeu a primeira posición no terceiro treito fronte a Alberto Meira, que marcou o mellor tempo nese tramo e no seguinte, pero un trompo de Meira e outro scratch de Senra, fixeron que este último se colocase de novo na primeira posición tras o TC-5 en Salceda de Caselas. Uns problemas no turbo de Meira fixéronlle perder moito tempo nos seguintes tres treitos, que se adxudicou Senra, e aínda que conseguiu solucionalos e marcar o mellor tempo nas tres últimas pasadas non logrou arrebatarlle a vitoria ao piloto de Dumbría, que lograba así a súa primeira vitoria nesta proba, con Meira segundo e Costa completando o podio.[15][16]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Víctor Senra   Moncho López Citroën C3 R5 Yacar Racing 1h07:27.495
2   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 1h07:48.796
3   Ricardo Costa   Rui Vilaça Citroën DS3 R5 Dona Urraca 1h08:19.547
4   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Lalín Deza 1h08:31.972
5   Manuel Fernández   Alejandro Cid Ford Fiesta R5 T. Martínez Racing 1h08:57.004
6   Óscar Palacio   José Luis Sánchez Ford Fiesta R5 Recalvi Team 1h10:15.633
7   Luis Vilariño   Alfredo Carballo Ford Fiesta N6 Lalín Deza 1h10:31.233
8   David González "Couceiro"   Gustavo Piris Ford Fiesta R5 Rías Baixas 1h10:53.831
9   Jorge Cagiao   Amelia Blanco Renault Clio N5 Recalvi Team 1h11:08.501
10   Pablo Rey   Luis Hernández Suzuki Swift N5 A. Ferrol 1h11:45.810

32º Rally Cidade de Narón editar

Artigo principal: Rally Cidade de Narón de 2019.

Despois das Rías Baixas foi a quenda do Rally Cidade de Narón. 130 pilotos realizaron a súa inscrición para os máis de 100 km programados en 10 treitos.

Víctor Senra foi o máis rápido no tramo especial do venres, por diante de Jorge Cagiao e Iago Caamaño, con Alberto Meira cuarto. Con todo, os problemas mecánicos de Senra e unha roda picada de Meira, fixeron que Iago Caamaño se colocase líder e que tras a primeira pasada aos tres treitos do sábado, xa lle sacase case 9 segundos a Meira e 11 a Senra.[17][18] A vantaxe aumentou aínda máis na segunda pasada e, aínda que Meira conseguiu recortar algo na terceira, non foi suficiente para impedir a vitoria de Caamaño. O triunfo do piloto de Culleredo produciuse 30 anos despois do logrado por seu pai, José Caamaño, que venceu na segunda edición do rally, en 1989.[19][17]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Lalín Deza 52:32.615
2   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 52:39.906
3   Víctor Senra   David Vázquez Citroën C3 R5 Yacar Racing 53:01.346
4   Jorge Cagiao   Amelia Blanco Renault Clio N5 Recalvi Team 54:10.692
11   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 56:08.695
12   Antonio Fernández   Alejandro López Mitsubishi Lancer Evo VIII Meira 56:40.740
5   Jorge Pérez Oliveira   Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 56:53.281
6   Manuel Sandamil   Adrián Varela Suzuki Swift N5 A Pontenova 57:14.518
7   Antonio López   Raquel Rodríguez Peugeot 106 GTI Pontevedra 1984 Team 57:19.194
8   Francisco Dorado   Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 57:32.366
9   Fernando Rico   Lorena Rico BMW M3 E36 A. Ferrol 57:45.231
10   Daniel Castro   Sergio Martínez Peugeot 208 R2 Meira 57:58.038

16º Rally Sur do Condado editar

Artigo principal: Rally Sur do Condado de 2019.

A quinta proba da tempada foi o Rally Sur do Condado, 9 tramos para os que se inscribiron 130 equipos. Alberto Meira comezou liderando, ao marcar os mellores tempos nos dous primeiros treitos, por diante de Iago Caamaño.[20] O máis rápido no terceiro tramo foi Víctor Senra, pero mantendo Meira o liderado, até que un trompo no cuarto tramo, en Ponteareas, deixou ao piloto de Gondomar case sen opcións.[21] Con todo, gañou o quinto treito, mentres que o sexto foi para Iago Caamaño. Pola súa banda, Manuel Fernández Estévez, o máis regular do rally, gañou o sétimo treito e colocouse líder da proba a falta dos dous últimos tramos, aproveitando unha picada de roda de Senra e o abandono de Iago Caamaño tras perder unha roda.[20][22] Meira foi o máis veloz no penúltimo treito, con Fernández segundo, quen deste xeito aumentou a súa vantaxe sobre Senra. Pero o piloto de Dumbría conseguiu vencer no último tramo, con 11 segundos de vantaxe sobre Meira e 18 sobre Fernández,[23] logrando así a súa terceira vitoria da tempada e a primeira neste rally. Manuel Fernández e Alberto Meira acompañárono no podio.[24]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Víctor Senra   Moncho López Citroën C3 R5 Yacar Racing 54:35.658
2   Manuel Fernández   Alejandro Cid Ford Fiesta R5 T. Martínez Racing 54:49.632
3   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 55:06.098
4   Jorge Cagiao   Amelia Blanco Renault Clio N5 Recalvi Team 55:40.184
5   David González "Couceiro"   Gustavo Piris Ford Fiesta R5 Rías Baixas 55:55.651
6   Jorge Pérez Oliveira   Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 57:08.174
7   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 58:32.895
8   Francisco Dorado   Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 59:04.450
9   Jorge Pérez Alonso   Herminio González BMW M3 Barbadás 1h00:08.394
10   Hugo Martínez   Álvaro Vila BMW M3 E36 Desguaces Tino Racing 1h00:34.971

27º Rally Botafumeiro editar

Artigo principal: Rally Botafumeiro de 2019.

A mediados de agosto o campionato desprazouse a Santiago de Compostela para a disputa do Rally Botafumeiro. Víctor Senra, que acumulaba seis vitorias na proba santiaguesa, incluídas as últimas cinco edicións, chegou con 1.192 puntos, por 781 de Alberto Meira e 591 de Iago Caamaño.[25] Foi este último quen comezou liderando o venres nas dúas pasadas ao treito espectáculo de San Lázaro, pero xa no primeiro tramo do sábado Víctor Senra subiu ao primeiro posto da clasificación, que xa non abandonaría até o final da proba.[26] Marcou o mellor tempo en seis dos nove treitos do sábado para rematar con máis de 35 segundos de vantaxe sobre Caamaño, segundo, e case dous minutos sobre o terceiro, o portugués Ricardo Costa.[27] Alberto Meira tivo que retirarse por problemas co embrague. Foi a sétima vitoria de Senra neste rally (a cuarta da tempada) e quedou a un paso do seu terceiro título autonómico, ao dobrar en puntos ao segundo.[26]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Víctor Senra   David Vázquez Citroën C3 R5 Yacar Racing 1h08:55.993
2   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Lalín Deza 1h09:31.935
3   Ricardo Costa   Rui Vilaça Citroën DS3 R5 Dona Urraca 1h10:53.487
4   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h13:31.304
5   Jorge Pérez Oliveira   Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 1h13:41.551
6   Antonio Fernández   Alejandro López Peugeot 208 N5 Miño-Lugo 1h14:26.652
7   Luis Penido   Sergio Cancela Mitsubishi Lancer Evo VI Santiago 1h15:01.041
8   José Manuel Pazos   David Calvo Ford Fiesta R2 Cuntis V.T. 1h15:29.515
9   Celestino Iglesias Duarte   Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing 1h15:31.364
10   Alberto Nimo   José Antonio Pintor Mitsubishi Lancer Evo X Lalín-Deza 1h16:26.069

8º Rally Ourense-Lugo-Ribeira Sacra editar

Entre o 20 e o 21 de setembro celebrouse a oitava edición do Rally Ribeira Sacra, que esta vez incluíu por primeira vez parte do percorrido pola provincia de Lugo, concretamente por Sober, ademais dos habituais concellos de Ourense e Nogueira de Ramuín.[28] Inscribíronse 143 equipos, dos que finalmente foron autorizados a tomar a saída 136.[29] Víctor Senra chegou a este rally con opcións de proclamarse por terceira vez campión de Galicia de Rally bastándolle cun cuarto posto para logralo.[30]

Foi o propio piloto de Dumbría quen marcou o mellor tempo no primeiro treito, mentres que se repartiu con Alberto Meira os seguintes, chegando líder ao último, pero con menos de tres segundos sobre Meira.[30] Con todo, na última pasada do rally, Meira saíuse da pista e Senra alzouse coa vitoria. Iago Caamaño, que estaba asentado comodamente na terceira posición, tamén se saíu da estrada no último tramo, polo que finalmente subiron ao podio Jorge Pérez Oliveira (2º) e Luis Vilariño (3º).[31] Deste xeito Víctor Senra gañou por segunda vez o Rally Ribeira Sacra e proclamouse por terceira vez campión de Galicia de rally a falta de dúas probas por disputarse.

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Víctor Senra   David Vázquez Citroën C3 R5 Yacar Racing 58:43.587
2   Jorge Pérez Oliveira   Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 1h02:34.496
3   Luis Vilariño   Néstor Casal Citroën DS3 R5 Lalín Deza 1h02:35.629
4   Antonio Fernández   Alejandro López Peugeot 208 N5 Meira 1h03:12.835
5   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h03:18.149
6   Javier Martínez   Marcos Fernández Renault 5 GT Turbo Carracedo Competición 1h03:29.813
7   Francisco Dorado   Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 1h03:40.739
8   Celestino Iglesias Duarte   Bárbara Gómez Ford Fiesta R2 Desguaces Tino Racing 1h04:22.653
9   David Rivas   Manuel Raído Citroën C2 RVS Motorsport 1h04:31.608
10   Santiago García   José Pintor Peugeot 208 R2 Senra Sport 1h04:32.811

41º Rally San Froilán editar

Artigo principal: Rally San Froilán de 2019.

Co título autonómico asegurado, Víctor Senra decidiu non participar nas dúas últimas probas do calendario, polo que o interese fixouse na loita polo subcampionato entre Alberto Meira e Iago Caamaño.[32] A penúltima proba do ano foi o Rally San Froilán, a disputar en 8 treitos polos concellos de Outeiro de Rei, Friol, Meira e Pol.[33]

Comezou liderando o rally Alberto Meira ao marcar o mellor tempo en tres dos catro treitos da mañá, en Outeiro de Rei e Friol, con Iago Caamaño gañando o terceiro treito e quedando de segundo nos demais. A diferenza entre os dous era de case cinco segundos e medio ao remate da sesión matinal.[34] Xa no primeiro treito da tarde, en Meira, a vantaxe de Alberto Meira aumentou a 13 segundos, e no seguinte tramo, a máis dun minuto, despois de que Caamaño sufrise problemas mecánicos, que finalmente o fixeron abandonar a proba.[32] Coa nova situación Meira baixou o ritmo para asegurar a vitoria e Adrián Díaz marcou o mellor tempo nos dous treitos finais, subindo finalmente ao podio en segunda posición, por diante de Alberto Otero.[35]

Coa vitoria neste rally Alberto Meira asegurouse a segunda praza do campionato.[36]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 55:26.547
2   Adrián Díaz   Andrea Lamas Nissan Micra N5 Miño-Lugo 57:04.280
3   Alberto Otero   Jordan Vázquez Ford Fiesta N5 Dona Urraca 57:45.449
4   Francisco Dorado   Roi Torrente Peugeot 208 R5 Miño-Lugo 58:07.848
5   Manuel Sandamil   Adrián Varela Suzuki Swift R+N5 A Pontenova 59:13.035
6   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h00:18.541
7   Daniel Álvarez   Adrián Vázquez Peugeot 205 Rallye Galicia Motorsport 1h00:29.561
8   David Rivas   José Viéitez Citroën C2 RVS Motorsport 1h00:30.983
9   Óscar Veiga   Eloy Fernández Subaru Impreza WRX STI A Pontenova 1h02:36.614
10   Iván Raña   Diego Rodríguez Mitsubishi Lancer Evo IX PTC Escuela 1h02:37.071

1º Rally Mariña Lucense editar

A última proba do ano foi o Rally Mariña Lucense, un evento que se estreaba no calendario despois de varios intentos infrutuosos de celebrar un rally na Mariña de Lugo.[37] O parque pechado situouse en Viveiro[38] e os treitos disputáronse polos concellos de Xove, O Vicedo e Cervo.[39]

Iago Caamaño inscribiuse cun Volkswagen Polo R5 propiedade de AR Vidal, en vez de co seu Ford Fiesta R5 co que competira toda a tempada.[40] Foi el mesmo quen comezou á fronte da xeral tras marcar o mellor tempo no primeiro treito, no Vicedo, pero perdeu a posición rapidamente a favor de Alberto Meira que se fixo co mellor tempo nos tres treitos seguintes.[41] Con todo, no quinto treito, correspondente á segunda pasada por Cervo, foi Caamaño o máis rápido, ao igual que en todos os restantes treitos do rally, polo que foi el o piloto que estreou o palmarés do rally lucense. Segundo finalizou Meira e en terceira posición Óscar Veiga, que aproveitou o abandono de Adrián Díaz.[42][43]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Volkswagen Polo R5 Lalín Deza 1h01:42.556
2   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 1h01:48.606
3   Óscar Veiga   Eloy Fernández Subaru Impreza WRX STI A Pontenova 1h05:02.570
4   David Rivas   José Viéitez Citroën C2 RVS Motorsport 1h06:16.178
5   José Manuel Lista   Iván Carmona Mitsubishi Lancer Evo IX J. Lista Competición 1h06:50.961
6   Tino Iglesias   Vanesa Maquieira Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 1h08:13.684
7   Sergio Tabeayo   José Antonio Pintor Citroën C2 GT Lalín-Deza 1h08:16.851
8   José Antonio Otero   Alejandro López Fernández Subaru Impreza WRX STI Congostra Team Sanxenxo 1h08:24.575
9   José Manuel Lamela   Daniel Pérez Torres Peugeot 106 Rallye 1.6 Yacar Racing 1h09:24.300
10   Joaquín Pérez   Adrián Muñiz Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h09:41.764

A tempada rematou con Víctor Senra como claro vencedor con 1.682 puntos, segundo a máis de 400 puntos de distancia Alberto Meira (1.264) e terceiro Iago Caamaño con 1.041 puntos.

Clasificación editar

Campionato de pilotos editar

Pos. Piloto 1

RDC

2

NOI

3

RBX

4

NAR

5

SDC

6

BOT

7

RBS

8

SFR

9

MAL

Pts
1. Víctor Senra 2 1 1 3 1 1 1 1682
2. Alberto Meira 4 Ret 2 2 3 Ret Ret 1 2 1264
3. Iago Caamaño 3 Ret 4 1 Ret 2 Ret Ret 1 1041
4. Jorge Pérez Oliveira 10 8 11 7 6 5 2 Ret Ret 740
5. Celestino Iglesias 7 Ret 12 5 7 4 4 6 6 725
6. Francisco Dorado Vizcaino 12 9 14 10 8 7 4 691
7. Ricardo Estévez Cortizo 71 85 80 75 65 84 59 37 339
8. Jorge Cagiao Sueiras Ret 3 9 4 4 Ret Ret 497
9. Antonio Fernández Valcarcel 6 7 13 6 6 4 Ret 496
10. David Rivas Fuentes Ret Ret 56 15 11 Ret 9 8 4 479
11. Diego Vila Fernández Ret 19 21 Ret 16 22 14 13 11 419
12. Joaquín Pérez Rey 21 17 19 19 12 26 Ret 10 402
13. Rubén López López 20 17 18 20 Ret 19 19 48 19 400
14. Gabriel Rodríguez Gándara 68 81 81 67 68 56 363
15. Jose M. Cabezas Padín 23 20 37 27 20 20 20 15 Ret 333
16. Celestino Iglesias Duarte Ret Ret 22 Ret 12 9 8 Ret 319
17. Raúl Martínez Torres 29 42 22 13 15 21 11 Ret 311
18. Luis Vilariño García Ret Ret 7 Ret Ret Ret 3 Ret 241
19. Juan C. Simaes Iglesias Ret 88 Ret 68 60 Ret 223
20. Rubén Puime Pérez 35 26 35 49 23 23 17 30 184
21. Jorge Garnelo Fernández 25 16 28 Ret Ret 38 Ret 154
22. Pedro Reija Díaz 59 52 Ret Ret 32 40 143
23. Miguel A. Caeiro Villar 31 35 47 30 27 24 32 21 Ret 136
24. Sergio Otero Rodríguez Ret Ret 15 Ret Ret 14 112
25. Carlos Lariño Rios Ret 87 Ret 71 Ret Ret 105
26. Pablo Blanco Alonso Ret Ret 44 38 32 Ret 28 26 13 102
27. Pablo Gómez Gómez 33 28 Ret 28 EXC 25 19 101
28. Diego González Castro 34 Ret 59 39 34 37 37 29 20 52
29. Javier Pérez Lozano Ret 82 67 51 Ret 58 32
30. Marcos Díaz Dias 60 49 24 14 15 Ret 28
31. Javier Eiras Mariño Ret 61 46 Ret 35 39 Ret 0
32. José M. Busto Pardo 54 Ret 61 63 Ret Ret 0
33. Juan G. Fernández García de la Rocha 74 99 84 72 Ret 66 0
34. Mario Rios Sánchez 42 Ret 61 66 44 35 0
35. Manuel Cabado Chorén 67 70 59 60 55 46 0
Non clasificados
Ricardo Costa 5 2 3 Ret 3 660
Manuel Fernández Estévez 5 2 48 360
Iván Ares 1 245
Adrián Díaz Pérez 2 Ret 232
Óscar Veiga Bello 9 3 209
Alberto Otero Ret 3 184

Equipos editar

Pos. Escuadra Pts
1. Galicia Motor Sport 908
2. Yacar Racing 864
3. Recalvi Team 807
4. Miño-Lugo 773
5. Lalin-Deza 757
6. Dona Urraca 568
7. RVS Motor Sport 533
8. PTC Escuela 439
9. Pontevedra 1984 Team 421
10. Desguaces Tino Racing 360

Copilotos editar

Pos. Copiloto Pts
1. David Vázquez Liste 1388
2. José Murado González 1264
3. Alberto Rodríguez González 1041
4. Roi Torrente Pérez 691
5. Jorge Iglesias Cores 627
6. Avelino Martínez López 586
7. José A. Pintor Bouza 511
8. Amealia Blanco García 497
9. Alejandro López Fernández 482
10. Óscar Otero Blanco 431

Agrupación 1 editar

Pos. Piloto Pts
1. Víctor Senra 1682
2. Alberto Meira 1264
3. Iago Caamaño 1041
4. Celestino Iglesias 739
5. Antonio Fernández Valcárcel 510
6. Jorge Pérez Oliveira 499
7. Jorge Cagiao Sueiras 497
8. Luis Vilariño García 241
9. Marcos Díaz Dias 63
10. José M. Busto Pardo 0

Agrupación 2 editar

Pos. Piloto Pts
1. Celestino Iglesias Duarte 912

Agrupación 3 editar

Pos. Piloto Pts
1. Francisco Dorado Vizcaíno 1533
2. Rubén López López 1114
3. David Rivas Fuentes 941
4. Sergio Otero Rodríguez 304

Agrupación 4 editar

Pos. Piloto Pts
1. Diego Vila 1284
2. Joaquín Pérez Rey 1214
3. José M. Cabezas Padín 895
4. Rubén Puime Pérez 469
5. Jorge Garnelo Fernández 425
6. Miguel A. Caeiro Villar 318
7. Pablo Blanco Alonso 262
8. Diego González Castro 119
9. Javier Eiras Mariño 0
10. Manuel Cabado Chorén 0

Agrupación 5 editar

Pos. Piloto Pts
1. Ricardo Estévez Cortizo 1608
2. Gabriel Rodríguez Gándara 1165
3. Juan C. Simaes Iglesias 763
4. Carlos Lariño Rios 285

Marcas pneumáticos editar

Pos. Marca Pts
1. Pirelli 956
2. Michelin 339
3. Hankook 104

Copa Top Ten Pirelli-Driver Top Ten A editar

Pos. Piloto Pts
1. Celestino Iglesias Cores 1454
2. Jorge Pérez Oliveira 1148
3. Antonio Fernández Valcárcel 944
4. Pablo Gómez Gómez 576
5. Mario Rios Sánchez 388

Copa Top Ten Pirelli-Driver Top Ten B editar

Pos. Piloto Pts
1. Francisco Dorado Vizcaino 1275
2. David Rivas Fuentes 918
3. Raúl Martínez Torres 832
4. Celestino Iglesias Duarte 654
5. Miguel A. Caeiro Villar 637

Volante FGA editar

Pos. Piloto Pts
1. Diego Vila Fernández 1490
2. José M. Cabezas Padín 1468
3. Rubén Puime Pérez 1131
4. Diego González Castro 958
5. Pablo Blanco Alonso 901
6. Jorge Garnelo Fernández 683

Copa Pirelli AMF Motorsport editar

Pos. Piloto Pts
1. Rubén López López 1456
2. Joaquín Pérez Rey 1450
3. Sergio Otero Rodríguez 480
4. Javier Eiras Mariño 234
5. Javier Pérez Lozano 234

Copa Iniciación Recalvi editar

Pos. Piloto Pts
1. Ricardo Estévez Cortizo 1177
2. Gabriel Rodríguez Gándara 1163
3. Antonio Solórzano Pintado 613
4. Carlos Lariño Rios 286

Copa Tecnoshock A editar

Pos. Piloto Pts
1. Pablo Gómez Gómez 1110

Copa Tecnoshock B editar

Pos. Piloto Pts
1. Miguel A. Caeiro Villar 1555
2. Manuel Cabado Chorén 1076

Notas editar

  1. "Temporada 2019". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  2. "REGULAMENTO XERAL DO CAMPIONATO DE GALICIA DE RALLYES EN ASFALTO 2019" (PDF). Federación Gallega de Automovilismo. Consultado o 17 de julio de 2019. 
  3. "REGULAMENTO XERAL DO CAMPIONATO DE GALICIA DE RALLYES EN ASFALTO 2019" (PDF). Federación Gallega de Automovilismo. Consultado o 17 de julio de 2019. 
  4. "23º Rally de A Coruña 2019" (en castelán). 2 de marzo de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  5. "Iván Ares prolonga su dominio en el rali de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de marzo de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  6. "Iván Ares y José Pintor se imponen en el 23º Rally de A Coruña 2019" (en castelán). 2 de marzo de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  7. "Clasificación final Rally da Coruña" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Víctor Senra gana un duro XXXV Rali de Noia" (en castelán). 6 de abril de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  9. "Victor Senra consigue el triunfo en el Rali de Noia y lidera la clasificación en el campeonato gallego" (en castelán). 7 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  10. "Mapa do percorrido" (PDF). rallyeriasbaixas.com. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  11. "Lista de inscritos Rías Baixas" (PDF). TemposFGA. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  12. "Hachazo de Ricardo Costa y tropiezo de Víctor Senra en el inicio del rali Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  13. "Clasificación venres" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  14. "Clasificación 3º tramo" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  15. "Víctor Senra gana el Rallye Rías Baixas con permiso de Alberto Meira" (en castelán). 18 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  16. "Senra se lleva el Rías Baixas". La Región (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  17. 17,0 17,1 "Iago Caamaño revive el triunfo de su padre en Narón 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  18. "Clasificación sección 2 Narón" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  19. "De 40 km a 100, del Citroën Visa 1.000 Pistas al Ford Fiesta R5, de la tierra al asfalto…" (en castelán). 27 de xuño de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  20. 20,0 20,1 "Víctor Senra gana el rali Sur do Condado en un final épico". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  21. "Senra se proclama conde" (en castelán). 14 de xullo de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  22. "Clasificación 3ª sección Sur do Condado" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  23. "Clasificación 9º treito Sur do Condado" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  24. "Clasificación final Sur do Condado 2019" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  25. "Senra, Meira y Caamaño, favoritos en el Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de agosto de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  26. 26,0 26,1 "Víctor Senra gana el Rali Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  27. "Clasificación final Botafumeiro 2019" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  28. "[Guía] Tramos, horarios y lista de inscritos Rallye Ribeira Sacra 2019". Pé Á Chapa Racing (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  29. "Autorizados a tomar a saída Ribeira Sacra" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  30. 30,0 30,1 "Víctor Senra gana su tercer campeonato gallego de ralis consecutivo" (en castelán). 22 de outubro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  31. "Victoria y título para Víctor Senra en el Rally Ribeira Sacra". La Región (en castelán). 21 de setembro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  32. 32,0 32,1 "Alberto Meira domina en el Rallye San Froilán". El Progreso (en castelán). 26 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  33. "41º Rally San Froilán 2019". GZRally (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  34. "Clasificación matinal San Froilán" (PDF). TemposFGA. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  35. "Alberto Meira, vencedor del Rali de San Froilán" (en castelán). 26 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  36. "Alberto Meira se impone en el San Froilán y zanja a su favor el subcampeonato" (en castelán). 29 de outubro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  37. "El calendario gallego, un galimatías de fechas". La Región (en castelán). 27 de setembro de 2018. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  38. "El primer Rally da Mariña cerrará este fin de semana el campeonato gallego". El Progreso (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  39. "1º Rally Mariña Lucense 2019". 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  40. "Iago Caamaño con un Polo R5 en el Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán). 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  41. "Victoria para Iago Caamaño en el I Rally Mariña Lucense 2019" (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  42. "Iago Caamaño se impone en el Rallye da Mariña tras una gran remontada". El Progreso (en castelán). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  43. "Iago Caamaño leva o primeiro Rally Mariña Lucense" |url= incorrecto (Axuda). 16 de novembro de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar