Miguel Dopico

piloto galego de rally

Luis Miguel Dopico Abelleira, nado en Ferrol,[1] é un expiloto galego de rallys. Foi un dos principais pilotos do Campionato de Galicia de Rally dos anos 90, no que se proclamou campión na tempada 1995.[2]

Infotaula de personaMiguel Dopico
Biografía
NacementoFerrol Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciouse nos rallys a mediados dos anos 80 conducindo un Seat Panda. Tras un pequeno paréntese reapareceu en 1988 para disputar o Rally Cidade de Cristal cun Peugeot 205 GTI. Con este coche disputou en 1989 o Desafío Peugeot.[1] En 1991 competiu cun Peugeot 309 GTI 16v co que quedou cuarto no Rally da Coruña[3] e subiu ao podio en terceira posición no Rally Mil Vistas.[4] Na tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally adquiriu un Ford Escort RS Cosworth, co que conseguiu dous podios, quedando terceiro no Rally de Ferrol[5] e segundo no Mil Vistas, só por detrás de Germán Castrillón.[6]

Comezou a tempada 1994 logrando a súa primeira vitoria no primeiro rally do ano, o Albariño.[7] A continuación, tras un abandono en Noia sumou unha nova vitoria, no Rally de Ferrol,[8] e en agosto a terceira, gañando o 5º Rally Mil Vistas,[9] liderando deste xeito o campionato. Na segunda parte da tempada quedou cuarto no Rally Rías Baixas[10] e segundo no Lacón e no Botafumeiro, en ambos casos por detrás de Arturo Rial.[11][12] Con todo, no Rally da Coruña, última proba da tempada, o navarro Javier Azcona conseguiu os puntos necesarios para superalo, polo que Dopico e o seu copiloto Álvaro Louro, remataron como subcampións galegos.[13][1]

Ao ano seguinte gañou o Rally de Noia e o Rally do Lacón, que sumados a outros cinco podios na tempada déronlle os puntos suficientes para proclamarse campión galego por diante de Germán Castrillón.[2] Non puido revalidar o título ao ano seguinte, nunha tempada na que sufriu varios abandonos. Con todo, gañou o Rally Botafumeiro.

Nos seguintes anos competiu con menos sorte cun Seat Ibiza, tendo como mellores resultados dous terceiros postos nos rallys de Narón e Ferrol de 1998, en ambos casos por detrás de Germán Castrillón e Manolo Senra. No ano 2001 disputou case todas as probas do Campionato de España e rematou segundo na Copa Seat Ibiza, a só un punto do campión, Xavier Ezenarro.[14] Tras varios anos sen competir reapareceu en 2006 no Rally de Ferrol a bordo dun Seat León Cupra, co que rematou 10º. En 2007 quedou quinto nos rallys do Cocido e de Narón, conducindo un Subaru Impreza. Logo, tras uns anos sen correr, disputou algúns rallys do campionato galego en 2010 e 2011, cun Ford Fiesta R2 e acompañado por Diego Ernesto Rumbo como copiloto, mais sen grandes resultados.[15]

Palmarés editar

Resultados no Campionato de Galicia editar

Ano Vehículo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Posición Puntos
1991 Peugeot 309 GTI 16v SIL NOI LAC OUR BOT RBX COR
4
VIG SFR RMV
3
FER
1992 Peugeot 309 GTI ALB NOI LAC FER RBX COR
Ret
OUR RMV
1993 Ford Escort RS Cosworth ALB NOI LAC FER
3
OUR SFR RBX BOT COR
Ret
RMV
2
1994 Ford Escort RS Cosworth ALB
1
NOI
Ret
FER
1
OUR SFR RMV
1
NAR
Ret
RBX
4
LAC
2
BOT
2
COR
1995 Ford Escort RS Cosworth ALB NOI
1
LAC
1
OUR
16
BOT
2
NAR
2
RBX
2
SFR
Ret
COR
3
FER
2
1996 Ford Escort RS Cosworth ALB NOI
2
LAC BOT
1
NAR
Ret
OUR
Ret
LAL RBX
Ret
POR FER
Ret
COR
1997 Seat Ibiza Cupra NOI BOT LAC NAR
7
COC ALB FER
1998 Seat Ibiza Cupra NOI BOT COC NAR
3
ALB FER
3
LAC
1999 Seat Ibiza Cupra COC BOT NAR
Ret
ALB
5
LUG FER
5
NOI

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Valencia, José (24 de novembro de 1995). "«Valoro más la cabeza que el pedal»". La Voz de Galicia (en castelán). p. 45. 
  2. 2,0 2,1 Arévalo, F. (19 de novembro de 1995). "Martínez Conde se quedó sin rivales". La Voz de Galicia (en castelán). p. 60. 
  3. Arévalo, Fernando (26 de agosto de 1991). "Alonso obtuvo su segundo triunfo en el Rally de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 37. 
  4. Arévalo, Fernando (4 de novembro de 1991). "El regreso al futuro de Germán Castrillón". La Voz de Galicia (en castelán). p. 50. 
  5. "Los Castrillón cumplieron los pronósticos en el Rally Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 1993. p. 40. 
  6. Arévalo, Fernando (13 de decembro de 1993). "Castrillón se quedó sin rivales". La Voz de Galicia (en castelán). p. 57. 
  7. "Dopico, del Siroco Team, vencedor del III Ralli do Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de marzo de 1994. p. 57. 
  8. "Dopico, el más rápido en Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de maio de 1994. p. 47. 
  9. Caamaño, Abel (7 de agosto de 1994). "Dopico ganó ayer la quinta edición del Rally Mil Vistas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 41. 
  10. Arévalo, F. (24 de setembro de 1994). "Moratal, sin rivales en Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 57. 
  11. Castro, X. R. (31 de outubro de 1994). "Rial aprovechó el Rally do Lacón para lucir su Citroen ZX". La Voz de Galicia (en castelán). p. 64. 
  12. Bermúdez, Santiago T. (13 de novembro de 1994). "Rial gana todos los tramos y se adjudica el Rally do Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). p. 54. 
  13. Arévalo, F. (20 de novembro de 1994). "El piloto navarro Jaime Azcona conquistó el Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55. 
  14. "Resultados nacionais 2001" (PDF) (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2020. 
  15. "Los pilotos locales quieren disfrutar" (PDF). La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 2010. p. 10. Consultado o 5 de xuño de 2020.