Rally do Albariño de 1993

proba automobilística

O Rally do Albariño de 1993 foi a segunda edición de dito rally e a primeira proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 27 de marzo de 1993 e o vencedor foi Germán Castrillón, sobre un Ford Escort RS Cosworth.

Rally do Albariño de 1993
CategoríaGalicia Galicia
LocalizaciónComarca do Salnés
OrganizadorCaldas Motor
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
Participantes
Pilotos33
AnteriorRally do Albariño de 1992
SeguinteRally do Albariño de 1994

ItinerarioEditar

A saída e a chegada situouse en Cambados, diante do Pazo de Fefiñáns. O percorrido constou de dez treitos cronometrados sobre catro trazados diferentes,[1] repetíndose só o primeiro deles respecto ao ano anterior.[2] O percorrido do rally sumou 55,3 km cronometrados (203,395 sumando os enlaces).[2]

ResumoEditar

Coa ausencia do campión da edición anterior, Manuel Senra, máis centrado no Campionato de Galicia de Rallys de Terra, os claros favoritos eran o equipo formado por Germán Castrillón e Estrella Castrillón.[1] As previsións cumpríronse e os Castrillón gañaron sen apuros, por diante de Arturo Rial, segundo, e Juan Carlos Táboas, terceiro.

ClasificaciónEditar

# Piloto Copiloto Automóbil Tempo
1   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Escort RS Cosworth 35:58
2   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport 36:41
3   Juan Carlos Táboas   Luis Fernández González Citroën AX Sport 38:20
4   Javier Paz   Manuel García Ford Sierra Cosworth 38:23
5   Manuel Varela   Herminio González Peugeot 205 Rallye
6   Pedro Luis Castañón Pérez Castuera Citroën AX Sport
7 Santos Vázquez Ríos Buceta Peugeot 205 GTI
8   Bamarti   Fojo Cascallar Citroën AX GT
9   Ricardo Vidal   Juan Carlos Souto Peugeot 309 GTI 16v
10   Germán Gómez   Juan Barros Citroën AX Sport

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Arévalo, F. (27 de marzo de 1993). "Los Castrillón son otra vez favoritos en el Campeonato Gallego de rallies". La Voz de Galicia (en castelán). p. 56. 
  2. 2,0 2,1 Chas, Abeta (28 de marzo de 1993). "Los Castrillón, vencedores del segundo Rally Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55. 


Predecesor:
-
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1993
Sucesor:
Rally de Noia