Rally do Albariño

proba automobilística

O Rally do Albariño foi unha proba de rally, que se celebraba anualmente en Cambados e outros concellos da comarca do Salnés.

Rally do Albariño
Fundación1992
RexiónComarca do Salnés
CopaCampionato de Galicia de Rally
Máis laureadoGalicia Manuel Senra (8)
OrganizadorCaldas Motor
Salnés Motor

A primeira edición celebrouse en 1992 e a última en 2009. Organizábao a escudaría Caldas Motor nos seus inicios e Salnés Motor máis tarde, e era puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. O piloto máis laureado da proba é Manuel Senra, que gañou o rally en oito ocasións.

Historia editar

Naceu en 1992 organizado pola escudaría Caldas Motor. A primeira edición abriu a tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally, substituíndo como proba inaugural ao Rally do Sil. Manuel Senra e o seu copiloto José Maceiras a bordo dun Peugeot 309 GTI 16v dominaron con facilidade aquela primeira edición, por diante do Ford Sierra RS Cosworth de Germán Castrillón e Estrella Castrillón e do Lancia Delta Integrale de José María Magdaleno e Mario Labraña.[1] Tras ese triunfo inicial de Senra, outros catro pilotos diferentes gañaron o rally os catro seguintes anos e todos sobre vehículos da marca Ford: Germán Castrillón,[2] Miguel Dopico,[3] Germán Gómez e Javier Paz, os tres primeiros con Ford Escort e o último cun Ford Sierra.

A edición de 1997 significou a segunda vitoria de Senra, esta vez xa con Fasutino Suárez como copiloto e co seu famoso Peugeot 306 Maxi, vehículo este que sería o gran dominador durante a seguinte década. Só as vitorias de Javier Piñeiro cun Renault Clio Maxi en 1998 e de e Germán Castrillón cun Mitsubishi Lancer Evo VI no ano 2000, se interpuxeron no camiño do Peugeot, que logrou a vitoria con Manuel Senra en 1999 e nas seis edicións consecutivas entre 2001 e 2005, e con Bamarti, que cun coche do mesmo modelo gañou en 2006 e 2007. Na edición de 2005 deuse como gañador inicialmente a Bamarti,[4] que subiu a recoller o trofeo de vencedor ao primeiro caixón do podio, pero unha revisión de tempos posterior confirmou a oitava vitoria de Senra.[5]

O piloto de Vincios Alberto Meira, a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo IX venceu na edición de 2008,[6] mentres que os irmáns Burgo, Pedro e Marcos, foron os últimos en lograr a vitoria na proba cambadesa en 2009, a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo IX e tras unha dura loita con Meira.[7] Dende 2008 celébrase na mesma zona o Rally do Albariño de Clásicos, organizado polo Club Clásicos Salnés.[8]

Palmarés editar

Ano Edición Piloto Copiloto Vehículo Campionato
1992 I Rally do Albariño   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v Galicia
1993 II Rally do Albariño   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Ford Escort RS Cosworth Galicia
1994 III Rally do Albariño   Miguel Dopico   Juan Louro Ford Escort RS Cosworth Galicia
1995 IV Rally do Albariño   Germán Gómez   Juan Barros Ford Escort Cosworth Galicia
1996 V Rally do Albariño   Javier Paz   Moncho Seoane Ford Sierra Cosworth Galicia
1997 VI Rally do Albariño   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
1998 VII Rally do Albariño   Javier Piñeiro   Aida Blanco Renault Clio Maxi Galicia
1999 VIII Rally do Albariño   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2000 IX Rally do Albariño   Germán Castrillón   Estrella Castrillón Mitsubishi Lancer Evo VI Galicia
2001 X Rally do Albariño   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2002 XI Rally do Albariño   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2003 XII Rally do Albariño   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2004 XIII Rally do Albariño   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2005 XIV Rally do Albariño   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Galicia
2006 XV Rally do Albariño   Bamarti   Manuel Campos Peugeot 306 Maxi Galicia
2007 XVI Rally do Albariño   Bamarti   Manuel Campos Peugeot 306 Maxi Galicia
2008 XVII Rally do Albariño   Alberto Meira   Álvaro Bañobre Mitsubishi Lancer Evo IX Galicia
2009 XVIII Rally do Albariño   Pedro Burgo   Marcos Burgo Mitsubishi Lancer Evo VIII Galicia

Notas editar

  1. Arévalo, Fernando (30 de marzo de 1992). "El triunfo de Senra en el Rally do Albariño hace prever un Campeonato Gallego muy disputado". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. Chas, Abeta (28 de marzo de 1993). "Los Castrillón, vencedores del segundo Rally Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55. 
  3. "Dopico, del Siroco Team, vencedor del III Ralli do Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de marzo de 1994. p. 57. 
  4. "Bamarti puede con Senra en el rally do Albariño". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 20055. Consultado o 15 de maio de 2020. 
  5. "Un año en el que todo sigue igual en Galicia" (en castelán). 2005. Consultado o 15 de maio de 2020. 
  6. "Alberto Meira foi o máis rápido no Rally do Albariño". 26 de maio de 2008. Consultado o 15 de maio de 2020. 
  7. Penedo, Pablo (17 de maio de 2009). "Burgo vence en el Rali do Albariño tras un apretado final con Meira" (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2020. 
  8. "Club Clásicos Salnés" (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar