Marcos Burgo

copiloto galego de rallys

Marcos Burgo Vilanova, nado en Lugo o 4 de decembro de 1977, é un copiloto galego de rallys.

Infotaula de personaMarcos Burgo Vilanova

Pedro e Marcos Burgo no Rally de Ourense de 2016
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncopiloto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xunto a seu irmán Pedro Burgo foi tres veces campión de Galicia de Rally (en 2008, 2009 e 2012)[1] e dúas veces subcampión de España (en 2016 e 2017).[2][3] Ademais foi tres veces campión do grupo N do Campionato de España (en 2004, 2006 e 2008).[4][5][6]

En 2020 disputou o Rally Dakar xunto a seu irmán, integrados no equipo Galimplant Team,[7] aínda que non conseguiu finalizar a carreira.[8]

Traxectoria editar

Desafío Peugeot Galicia (1997-1998) editar

É sobriño do piloto lucense dos anos 70 e 80 José Luis Vilanova.[9] En 1997 comezou a competir como copiloto de seu irmán Marcos, que xa levaba uns tres anos correndo rallys. Xunto a el gañou a primeira edición do Desafío Peugeot Galicia,[10] ademais de quedar terceiro na clasificación absoluta e primeiro do grupo N.[11] En 1998 volveron gañar o Desafío Peugeot Galicia, así como o campionato do grupo N e finalizaron segundos o campionato galego por detrás de Germán Castrillón e Estrella Castrillón.[12]

 
Pedro e Marcos Burgo en 2008.

Trofeo Citroën e Copa Renault (1999-2003) editar

En 1999 deron o salto ao Campionato de España, competindo cun Citroën Saxo VTS no Trofeo Citroën, onde finalizaron segundos por detrás de Miguel Fuster.[13] No ano 2000 conseguiron de novo o segundo posto en dita copa, esta vez por detrás de Javier Piñeiro,[14] e ademais lograron a vitoria no Rally de los Oscos do Campionato de Asturias. Repetiron subcampionato do Trofeo Citroën no 2001 por detrás de Rantur[15] e finalmente lograron alzarse co trofeo no 2002.[16]

No ano 2003 pilotaron un Renault Clio Sport co que participaron na Copa Renault nacional, rematando en quinta posición.[17] Ademais disputaron as tres últimas probas do campionato galego a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo VII, quedando cuartos no Rally San Froilán e no Rally de Ferrol e segundos no Botafumeiro, por diante de Manuel Senra e Faustino Suárez e só por detrás de Bamarti e Manuel Campos.

Campión nacional do grupo N e primeiras vitorias (2004-2007) editar

 
Podio do Rally Botafumeiro de 2007 con Víctor Senra e David Vázquez primeiros, Pedro e Marcos Burgo segundos e Luis Vilariño e Moncho López terceiros.

Na seguinte tempada comezaron co mesmo vehículo, que cambiaron logo por un Evo VIII, co que se proclamaron campións de España do grupo N.[18] En decembro lograron a súa primeira vitoria en Galicia, no Rally de Ferrol, por diante de Bamarti e Fernando Rico e unha semana despois fixo historia con seu irmán ao se converteren nos primeiros lucenses en gañar o Rally San Froilán.[19] Na tempada seguinte tiveron numerosos problemas co seu vehículo, polo que non puideron conseguir bos resultados. Con todo, repetiron vitoria en Lugo, superando a Bamarti de novo e aos irmáns Sergio e Diego Vallejo.[20]

En 2006 competiron co Evo VIII en Galicia, co que lograron catro vitorias (Noia, Baixa Limia, San Froilán e Botafumeiro), proclamándose por segunda vez subcampións de Galicia, por detrás só da dupla Bamarti-Campos. Ao mesmo tempo disputaron o Campionato de España cun Mitsubishi Lancer Evo IX, conseguindo a súa primeira vitoria nacional ao gañar o Rally de Ferrol por diante de Sergio e Diego Vallejo e de Rantur e Álex Cid.[21] Rematou como quinto clasificado do nacional, campión da Mitsubishi Evo Cup e campion do grupo N por segunda vez.[22] Na seguinte tempada gañaron os rallys de Noia, Narón e Sur do Condado, rematando o ano como terceiros clasificado do campionato galego, por detrás de Bamarti-Campos e Luis Vilariño-Moncho López. Ademais conseguiron dous terceiros postos no Campionato de España, nos rallys de Cantabria e Rías Baixas, clasificándose como oitavos na xeral final e cuartos do grupo N.[23]

Tricampión de Galicia (2008-2012) editar

 
Pedro e Marcos Burgo no Rally Rías Baixas de 2015

En 2008, xunto a seu irmán Pedro, gañou o seu primeiro Campionato de Galicia de Rally, despois de dominar con absoluta autoridade co Evo VIII, gañando sete dos oito rallys, coa única excepción do Rally do Albariño, onde abandonaron por rotura.[24] Ademais co Evo IX disputaron con bos resultados o Campionato de España, destacando o segundo posto no Rally de Ferrol, e proclamouse campión do grupo N por terceira vez.[25] En 2009 repetiron título no certame galego, de novo con Mitsubishi Lancer Evo VIII, despois de lograr cinco vitorias e rematar con máis de 200 puntos de vantaxe sobre os segundos clasificados, Alberto Meira e Álvaro Bañobre.. En 2010 quedaron segundo no Rally Comarca da Ulloa, por detrás de Meira e Bañobre,[26] centrándose a continuación no Campionato de España, a bordo dun Mistubishi Lancer Evo X. Lograronu gañar na derradeira proba, o Rally Comunidad de Madrid, despois de quedaren segundos en Ferrol, terceiros en Serra Morena e de obter catro cuartos postos. Remataron terceiros absolutos e segundos do grupo N.[27] En 2011 competiron en Galicia, cun Ford Focus. Gañaron os rallys de Narón, San Froilán e Ourense-Baixa Limia e quedaron segundo no Cocido, pero só puideron ser quintos na xeral final, a máis de 800 puntos do campión, Iván Ares. En 2012 gañou o Rally de Noia, o Comarca da Ulloa, o Sur do Condado e a primeira edición do Ribeira Sacra, mentres que quedou segundo no Rally San Froilán, resultados que lle valeron para proclamarse campión galego por terceira vez.[28] En 2013 participou en poucas probas e con numerosos problemas.

Porsche 997 e subcampionatos de España (2014-2017) editar

En 2014 venderon o Focus e adquiriron un Porsche 997.[29] Debutaron con el no 25º Rally Botafumeiro, pero tiveron que retirarse pola rotura da carcasa da caixa de cambios.[30] A continuación abandonaron tamén no 50º Rally Rías Baixas.[31] En xuño quedaron segundos por detrás de Iván Ares, no Rally Cidade de Narón e terceiros no Rally de Ourense. A continuación abandonaron no Rally do Bierzo,[32] subiron ao podio en segunda posición no Rally de Ferrol, e quedaron terceiro sno San Froilán e no Ourense-Ribeira Sacra. Remataron a tempada como sextos no campionato galego e en 13º lugar no campionato de España (4º entre os GT).[33]

 
Pedro e Marcos Burgo co Porsche 997 no Rally de Ourense de 2016.

Comezaron a tempada 2015 nas Illas Canarias, onde disputaron tres rallys seguidos: o Rally Villa de Santa Brígida, o Rally Villa de Adeje e o Rally Illas Canarias, os dous últimos puntuables para o Campionato de España. Remataron segundos nos dous primeiros e terceiros no último.[34][35] A continuación quedaron cuartos no Rally Serra Morena e cuartos tamén no Rías Baixas, nos dous casos por detrás de Miguel Fuster, Iván Ares e Sergio Vallejo nesa orde, e abandonaron no Rally de Ourense por problemas mecánicos.[36] En agosto quedaron terceiro no Rally de Ferrol e non participaron nas tres últimas citas do campionato, polo que remataron na quinta posición final.[37] Na parte final do ano disputaron o Rally Ourense-Ribeira Sacra, rematando en segunda posición tras Iván Ares e Álvaro Bañobre.

No 2016 quedaron terceiros co Porsche nos tres primeiros rallys do campionato español, gañados os tres por Cristian García, mentres que nas seguintes dúas probas levaron un Peugeot 208 T16, quedando quintos en Ferrol e abandonando en Santander logo dunha saída de pista.[38] Volveron ao Porsche no Rally de Ourense, onde volveron subir ao podio en terceira posición, sendo a vitoria para Christian García e o segundo posto para Iván Ares.[39] Na seguinte cita, o Rally Princesa de Asturias, sufriron unha dobre picada de roda, polo que perderon todas as opcións de rematar arriba, quedando finalmente en 36º lugar.[40] A continuación venderon o Porsche 997 e disputaron o Rally Villa de Llanes cun Mitsubishi Lancer Evo X, co que quedaron en sexta posición. Correron o Rally de La Nucía-Mediterráneo, penúltima proba do calendario nacional, de novo co Porsche 997, que lles foi cedido polo equipo ao que llo venderan.[41] Remataron o rally na terceira posición e campionato na segunda.[42][43]

 
Porsche 997 de Pedro e Marcos Burgo no Rally Rías Baixas de 2017.

En 2017 correron a bordo dun Škoda Fabia R5, co que quedaron segundos nos rallys Princesa de Asturias e Santander e terceiros nos de Ourense e Ferrol, resultados que sumados a catro cuartos postos noutros tantos rallys e a outro noveno posto, valéronlle para se proclamaren subcampións de España por segundo ano consecutivo, esta vez por detrás do cambrés Iván Ares e o seu copiloto José Antonio Pintor.[44][45] A principios de 2018 anunciou a súa retirada dos rallys.[46][47]

Rally Dakar (2020) editar

A principios de 2019 anunciou que participaría con seu irmán Pedro na seguinte edición do Rally Dakar. Acudiron a Arabia Saudita da man do Galimplant Team, cun vehículo do fabricante canadense BRP co que competiron na categoría dos SSV. Despois de dúas boas primeiras etapas, coas que se colocaron no 15º lugar da clasificación xeral, sufriron unha avaría no turbo na terceira etapa e non puideron pasar polos puntos de control, polo que quedaron descualificados.[48] Con todo, puideron seguir correndo o rally, aínda que sen contaren os seus tempos para a clasificación. Na sexta etapa falloulles o radiador, polo que tiveron que parar no medio da etapa e pasar a noite no deserto, para finalmente abandonar o rally.[49]

Notas editar

  1. "Regulamento xeral do Campionato de Galicia de Rallyes en Asfalto de 2020" (PDF). FGA. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  2. "Clasificacións nacionais de 2016" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  3. "Clasificacións nacionais de 2017" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  4. "Clasificacións nacionais de 2004" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  5. "Clasificacións nacionais de 2006" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  6. "Clasificacións nacionais de 2008" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  7. "Perfil de Pedro e Marcos Burgo no Dakar". www.dakar.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  8. "Pedro Burgo abandona el Dakar y regresa a Lugo". El Progreso (en castelán). 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  9. "«Tengo un nuevo reto, el Dakar»". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 2019. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  10. "El Rally de Ferrol decidió". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de setembro de 1997. 
  11. "El Instituto Daviña Rey reúne mañana en Monforte a la élite del motor lucense". La Voz de Galicia (en castelán) (Monforte ed.). 4 de decembro de 1997. p. 51. 
  12. Pedro Burgo. revistascratch.com/
  13. "Clasificacións nacionais de 1999" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  14. "Clasificacións nacionais de 2000" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  15. "Clasificacións nacionais 2001" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  16. "Clasificacións nacionais 2002" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  17. "Clasificacións nacionais de 2003" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  18. "Clasificacións nacionais de 2004" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  19. "Burgo hace historia en el San Froilán". La Voz de Galicia (en castelán) (Lugo ed.). 29 de decembro de 2004. p. 50. 
  20. "Pedro Burgo gana, por segundo año consecutivo, el XXVII Rallye Cidade de Lugo" (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  21. "Burgo corona el podio gallego del Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 24 de setembro de 2006. p. 42. 
  22. "Clasificacións nacionais de 2006" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  23. "Clasificacións nacionais de 2007" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  24. "Alberto Meira se adjudica el triunfo y pasa a liderar el campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de maio de 2008. p. 40. 
  25. "Clasificacións nacionais de 2008" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  26. "Rally Comarca da Ulloa de 2010". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  27. "Clasificacións nacionais de 2010" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  28. "Pedro Burgo, campeón gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de outubro de 2012. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  29. "OFICIAL: Pedro Burgo con un Porsche 911 GT3 2010" (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  30. Cachalvite, Andrés H. (24 de maio de 2014). "Iago Silva logra un impresionante podio en el Rally do Botafumeiro". La Región (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  31. "Sergio Vallejo gana el Rías Baixas de los 50 años". El Progreso (en castelán). 31 de maio de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  32. "Una de Cal y otra de arena para el Pedro Burgo Rally Team" (en castelán). 28 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2020. Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  33. "Clasificacións nacionais de 2014" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2020. 
  34. "Pedro Burgo va en serio". El Progreso (en castelán). 19 de abril de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  35. "Fuster, pleno al quince en Canarias" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  36. "Iván Ares vence en el Rallye de Ourense" (en castelán). 13 de xuño de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  37. "Clasificacións nacionais de 2015" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  38. "Cristian García gana el Rallye de Santander y suma cuatro victorias en el Campeonato" (en castelán). 6 de xuño de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  39. "Cristian García se va de vacaciones con su quinta victoria de seis posibles" (en castelán). 18 de xuño de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  40. "Pedro Burgo se despide del Porsche GT3 en el Rally Princesa de Asturias" (en castelán). 11 de setembro de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  41. "Pedro Burgo regresa al Porsche en el Rally de La Nucía" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  42. "Alberto Monarri gana el Rallye La Nucía-Mediterráneo con suspense". Marca (en castelán). 6 de novembro de 2016. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  43. "Clasificacións nacionais de 2016" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  44. "Pedro Burgo y Marcos Burgo, Subcampeones de España de Rallyes" (en castelán). 29 de outubro de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  45. "Clasificacións nacionais de 2017" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  46. de Dios, Marta (9 de marzo de 2018). "Pedro Burgo anuncia su retirada tras 24 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  47. "Pedro y Marcos Burgo anuncian su retirada de los rallyes" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  48. "Pedro Burgo sufre una avería que le impide llegar a meta". El Progreso (en castelán). 7 de xaneiro de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  49. "Pedro Burgo abandona el Dakar y regresa a Lugo". El Progreso (en castelán). 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar