Rally Cidade de Narón
proba automobilística
(Redirixido desde "Rally de Narón")
O Rally Cidade de Narón é unha proba de rally que se disputa nos arredores de Narón na provincia da Coruña, dende 1988 e forma parte do calendario do Campionato de Galicia de Rally.
O rally é levado a cabo pola escudaría Siroco Team Narón, fundada en 1984 e na que formaba parte da directiva Germán Castrillón, que gañaría posteriormente a proba en cinco ocasións.[1] No seu inicio era unha das probas do Campionato de Galicia de Rallys de Terra, ata que no ano 1994 entrou no calendario do certame sobre asfalto. En 1998 a proba obtén o máximo coeficiente que mantén na actualidade.[1]
O piloto máis laureado da proba é Manuel Senra, con oito vitorias, seguido por Germán Castrillón con cinco e Pedro Burgo con catro.
Palmarés[2]Editar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Historia Rally de Narón". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ "Palmarés". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2012. Consultado o 14 de decembro de 2011.