Campionato de Galicia de Rallys de Terra

campionato automobilístico

O Campionato de Galicia de Rallys de Terra foi unha competición de rally que se disputou anualmente en Galicia nos anos 80 e 90, organizada pola Federación Galega de Automobilismo.

Campionato de Galicia de Rally
Fundación1986
RexiónGalicia
Máis laureadoGalicia Serafín Oitabén (2)
Galicia Manuel Senra (2)
OrganizadorFederación Galega de Automobilismo
Sitio webfga.es

Historia editar

A primeira tempada comezou en abril de 1986 coa disputa do Rally Ría de Vigo, que foi gañado polo vigués Serafín Oitabén,[1] conducindo un Citroën Visa, que finalmente se proclamou campión ao non se disputaren máis probas.[2] Repetiu triunfo en 1988 (en 1987 non se celebrou), despois de gañar dous dos tres rallys que formaban o campionato.[3]

A edición de 1989 contou con máis probas, incluído o Rally de Terra de Lugo, que puntuou tanto para o campionato de España como para o de Galicia,[4] así como a primeira edición do Rally de Narón. O piloto do Carballiño Andrés González, conducindo un Talbot 1200, foi o vencedor final, nunha tempada na que varios pilotos conseguiron vitorias, entre eles José María Magdaleno, José Caamaño ou Alfonso Pavón e na que tamén se produciu un grave accidente de Tino Lombán no Rally do Carballiño, que o deixou varias semanas en coma.[5][6] En 1990 o dominador foi o portugués João Enes, que gañou o título despois de lograr dúas vitorias e dous segundos postos.[7] Nesta tempada debutou no campionato Manuel Senra, que xunto ao seu copiloto Pepe Maceiras, serían uns dos principais protagonistas do certame nos seguintes anos. Debutaron cun Peugeot 205 GTI na penúltima proba, o 3º Rally de Narón, logrando a vitoria,[8] e repetiron triunfo no seguinte e derradeiro rally, o Rally de Caldas.[9]

Senra logrou outras dúas vitorias en 1991 pero o título foi ese ano para os ourensáns Andrés González e Guillermo Díaz, que pilotaban un Renault 5 GT Turbo.[10] Na tempada 1992 reducíronse as probas disputadas e Ana Barbero deu a sorpresa, alzándose co título, sendo a única muller en logralo.[11] En 1993 continuaron os problemas na organización dos rallys, coa suspensión de varios deles por falta de financiamento e ao que se sumou o acontecido no 6º Rally de Terra do Carballiño, onde varias mulleres de Gabián, no concello de Boborás, cavaron unha gabia nunha parte do percorrido e impediron o paso dos vehículos, debido a un desacordo coa organización.[12][13] Finalmente as dúas probas organizadas polo RACE en Lugo puntuaron para o campionato galego ademais de para o nacional, polo que se conseguiron disputar catro probas en total, resultando gañador Manuel Senra. O piloto de Dumbría repetiu título ao ano seguinte, no que se incluíron varias subidas de montaña en terra.[14][15] Despois da edición de 1995, na que foi José Esturao o vencedor,[16] o campionato deixou de celebrarse.

No ano 2011 houbo un intento por recuperar o certame, organizándose tres rallys, na Gudiña, a Terra Chá e Touro, e resultando vencedor o ourensán Juan Pablo Castro, a bordo dun Subaru Impreza.[17] Con todo, o campionato non tivo continuidade.

Probas editar

Palmarés editar

Ano Piloto Copiloto Automóbil
1986   Serafín Oitabén   Francisco Alonso Citroën Visa
1988   Serafín Oitabén   Francisco Alonso Citroën Visa
1989   Andrés González   Guillermo Díez Talbot 1200 TI
1990   João Enes   Manuel Hermo Renault 11 Turbo
1991   Andrés González   J. Manuel Boimorto Renault 5 GT Turbo
1992   Ana Barbero   Francisco Varela Citroën AX 4x4
1993   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 205 GTI
1994   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 205 GTI
1995   José Esturao   Anxo Álvarez Seat Ibiza GTI
2011   Juan Pablo Castro   Juan Leal Subaru Impreza STi

Notas editar

  1. "Oitaven-Lara, vencedores del rally de tierra «Ría de Vigo»". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de abril de 1986. p. 31. 
  2. "Esta tarde comienza en Narón la Copa de Galicia de rallies de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de abril de 1988. p. 42. 
  3. "Para ganar el título, al final se limitó sencillamente a aguantar y a mantener su ventaja inicial". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de febreiro de 1989. p. 43. 
  4. "Hoy se disputará la prueba gallega del Campeonato de España de Rallies de Tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 1989. p. 53. 
  5. "Tino Lombán, muy grave tras un accidente en el rally de Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de setembro de 1989. 
  6. "El piloto Tino Lombán cumple su quinta semana en coma tras sufrir un gravísimo accidente en una carrera en Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de outubro de 1989. p. 41. 
  7. "El coruñés Senra superó en Caldas al portugués Enes, que ganó el campeonato gallego de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de novembro de 1990. p. 44. 
  8. "Senra y Maceiras no dieron opción a sus más directos rivales en el rally de Narón". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 1990. p. 56. 
  9. "El coruñés Senra superó en Caldas al portugués Enes, que ganó el campeonato gallego de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de novembro de 1990. p. 44. 
  10. "Andrés González confirmado como campeón gallego de rallies de tierra 1991". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de decembro de 1991. p. 50. 
  11. "Ana Barbero gana el gallego de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de decembro de 1992. p. 51. 
  12. "«As mulleres do Gavián»". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de setembro de 1993. 
  13. "Un incendio y protestas de los vecinos en el Rally de Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de setembro de 1993. p. 56. 
  14. Ferreiro, José M. (2 de marzo de 1995). "Manuel Senra revalidó su título en el campeonato gallego de ralli de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 
  15. "Manuel Senra fue proclamado campeón gallego de rallies en tierra". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 1994. 
  16. "Tempada 1995". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  17. Rodríguez, Maite (2 de decembro de 2011). "Ourense Motor Sport triunfa en los ralis gallegos de tierra". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar