José Maceiras
José Maceiras Lago, coñecido como Pepe Maceiras, é un ex copiloto galego de rallys.
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | copiloto |
Foi copiloto de Manuel Senra durante os primeiros anos da carreira deportiva deste, e gañou xunto a el dous títulos do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Competiu tamén no Campionato de Galicia de Rally, logrando varias vitorias e o subcampionato en 1992.
Traxectoria
editarDebutou xunto a Manuel Senra no Rally de Ferrol de 1985, copilotando un Renault 5 GT Turbo e rematando en oitava posición.[1] En 1986 quedaron décimos no Rally Botafumeiro e en 1987 conseguiron subir ao podio na mesma proba.[2] Repetiron terceiro posto na edición de 1988.[3]
En 1990 pasaron a correr cun Peugeot 205 GTI, co que disputaron o galego de asfalto e debutaron no Campionato de Galicia de Rallys de Terra, participando nas dúas últimas probas, o Rally de Narón e o Rally de Caldas, logrando a vitoria en ambas. En 1991 logrou a súa primeira vitoria en asfalto, tras vencer co 205 no 4º Rally de Vigo.
En 1992 lograron tres vitorias no campionato galego de asfalto sobre un Peugeot 309 GTI, e proclamáronse subcampións, por detrás de Germán Castrillón e Estrella Castrillón.[4] Proclamáronse campións galegos de terra na tempada 1993 e revalidaron o título en 1994, en ambos casos co Peugeot 205.[5] Neses anos conseguiron gañar tres veces consecutivas o Rally de Narón, por aquel entón un rally de terra.
Ademais de con Senra, disputou un Rally Botafumeiro con Ricardo Vidal e un Rally de Ourense con Jesús Campos. Deixou os rallys en 1995 por temas persoais.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Entrevista a Pepe Maceiras". De Tramo (en castelán). Abril de 2013.
- ↑ "Germán Castrillón, nuevo líder del Campeonato Gallego, tras el Rally do Botafumeiro, ganado por Marc Etchebers". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de marzo de 1987. p. 42.
- ↑ "En dura pugna con Pavón, Mora ganó el Rally do Botafumeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de febreiro de 1986. p. 29.
- ↑ "Rally do Lacón 1993". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
- ↑ "O olveirense, un campión galego con 150 rallies e 44 gañados". La Voz de Galicia. 13 de xaneiro de 2007. Consultado o 21 de xaneiro de 2020.