Ricardo Vidal

piloto de rally e preparador galego

Ricardo Vidal Rodríguez, nado en Pasarela (Calo, Vimianzo) en 1950,[1] é un ex piloto de rallys e preparador de vehículos galego. Competiu durante anos no Campionato de Galicia de Rally e nos anos 70 fundou o equipo de competición AR Vidal. É pai dos pilotos Amador e Ricardo Vidal e tío do copiloto Francis Lema.

Infotaula de personaRicardo Vidal
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Pasarela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally , empresario , mecánico de automóbiles Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAmador Vidal Cernadas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou traballando nun taller de barcos en Cereixo aos catorce anos de idade e tras traballar noutros talleres da Coruña e estudar formación profesional como torneiro marchou a Suíza. Alí traballou en General Motors e Ford e ao pouco tempo volveu a Galicia.[1] En 1975 comezou a montar en Pasarela AR Vidal, que abriu as súas portas en xaneiro de 1976 como un taller mecánico principalmente de camións e tractores Barreiros e coches Simca e Dodge, e que se foi especializando cos anos na preparación de coches de competición, sendo da marca Peugeot os primeiros.[1][2]

Os coches preparados por Vidal gañaron o Desafío Peugeot do Campionato de España de Rallys nos anos 1994, 1995, 1996 e 1999, pilotados por Sergio Vallejo, Manuel Muniente, Miguel Fuster, e Roberto Solís respectivamente.[1] Nesa época tamén competía el mesmo, principalmente no Campionato de Galicia. Comezou cun Peugeot 205 Rallye e correu tamén cun Peugeot 309 GTI e un Peugeot 106 XSI.[3] Correu tamén no Campionato de Galicia de Autocross, rematando subcampión en 2004.

Nos anos 2000 pasou a preparar coches de Mitsubishi, como os do peruano Ramón Ferreyros ou o portugués Rui Madeira, que competiron no Campionato do Mundo con coches de AR Vidal e lograron varios podios no grupo N.[4][5] Outro dos pilotos que conduciron os coches de Vidal foi o seu fillo Amador, que gañou en 2004 o Desafío Peugeot e que se puxo á fronte do equipo tras a retirada do pai.[6] Amador gañou anos despois o Campionato de España de Rallys de Terra en dúas ocasións, mentres que o seu outro fillo, Ricardo, tamén corre en rallys.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cumbraos, Miguel (Marzo de 2016). "AR Vidal. 40 anos... dinse pronto" (PDF). Sprint Motor (229). Consultado o 6 de agosto de 2020. 
  2. "Equipo". www.arvidalracing.com (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2020. 
  3. "Resultados de Ricardo Vidal". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2020. 
  4. "Rui Madeira, en el Mundial de nuevo con el equipo gallego AR Vidal" (en castelán). 5 de outubro de 2007. Consultado o 6 de agosto de 2020. 
  5. "El equipo AR Vidal, de Vimianzo se sube al podio en el Rally de Cataluña". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de outubro de 2007. Consultado o 6 de agosto de 2020. 
  6. Gómez, Pablo (21 de novembro de 2014). "Una familia que bien vale un Campeonato de España histórico". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar