Rally Cidade de Narón de 2019

proba automobilística

O Rally Cidade de Narón de 2019 foi a 32ª edición de dito rally e a cuarta proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 15 e o 16 de xuño de 2019 e o vencedor foi Iago Caamaño.

Rally Cidade de Narón de 2019
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Narón
OrganizadorEscudería Siroco Narón
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Tramos10
Distancia tramos101,5 km
Gañadores
Piloto campiónGalicia Iago Caamaño
Equipo campiónGalicia Lalín Deza
Participantes
Pilotos130
AnteriorRally Cidade de Narón de 2018
SeguinteRally Cidade de Narón de 2020

Itinerario

editar

Constou de dez tramos que sumaron 101,5 km, estando situado o parque pechado a carón do Centro Comercial Odeón.[1] O venres 16 realizouse unha superespecial de pouco máis dun quilómetro nas inmediacións do Pazo da Cultura de Narón, mentres que o sábado corréronse os treitos de Cerdido, A Queiroga e Ferreira, con tres pasadas por cada un deles.[2]

Inscritos

editar

Inscribíronse 130 pilotos, entre eles o líder do campionato, Víctor Senra, así como os seus máximos rivais, Alberto Meira e Iago Caamaño.[3] Finalmente foron 128 os pilotos autorizados a tomar a saída.[4]

Resumo

editar

Víctor Senra foi o máis rápido no tramo especial do venres, por diante de Jorge Cagiao e Iago Caamaño, con Alberto Meira cuarto. Con todo, os problemas mecánicos de Senra e unha roda picada de Meira, fixeron que Iago Caamaño se colocase líder e que tras a primeira pasada aos tres treitos do sábado, xa lle sacase case 9 segundos a Meira e 11 a Senra.[5][6] A vantaxe aumentou aínda máis na segunda pasada e, aínda que Meira conseguiu recortar algo na terceira, non foi suficiente para impedir a vitoria de Caamaño. O triunfo do piloto de Culleredo produciuse 30 anos despois do logrado por seu pai, José Caamaño, que venceu na segunda edición do rally, en 1989.[7][5]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Lalín Deza 52:32.615
2   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 52:39.906
3   Víctor Senra   David Vázquez Citroën C3 R5 Yacar Racing 53:01.346
4   Jorge Cagiao   Amelia Blanco Renault Clio N5 Recalvi Team 54:10.692
5   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta N5 Desguaces Tino Racing 56:08.695
6   Antonio Fernández   Alejandro López Mitsubishi Lancer Evo VIII Meira 56:40.740
7   Jorge Pérez Oliveira   Avelino Martínez Renault Clio N5 Galicia Motorsport 56:53.281
8   Manuel Sandamil   Adrián Varela Suzuki Swift N5 A Pontenova 57:14.518
9   Antonio López   Raquel Rodríguez Peugeot 106 GTI Pontevedra 1984 Team 57:19.194
10   Francisco Dorado   Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 57:32.366
11   Fernando Rico   Lorena Rico BMW M3 E36 A. Ferrol 57:45.231
12   Daniel Castro   Sergio Martínez Peugeot 208 R2 Meira 57:58.038
13   César Gonzalves   Miguel Peña Mitsubishi Lancer Evo IX A Pontenova 58:15.268
14   Daniel Berdomás   Brais Mirón Citroën Saxo VTS One Seven 58:16.072
15   David Rivas   José Viéitez Citroën C2 R2 RVS Motorsport 58:36.880
16   José Manuel Lista   Iván Carmona Mitsubishi Lancer Evo IX J. Lista Competición 58:37.847
17   Pablo Aneiros   Rubén López Citroën Saxo VTS Moeche 59:22.012
18   Manuel Trevín   Juan Antonio Mechoso BMW Compact E36 Senra Sport 59:41.014
19   Joaquín Pérez   Adrián Muñiz Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 1h00:05.116
20   Rubén López   Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 1h00:08.842
21   Aitor Pico   Manuel Fresco Peugeot 106 GTI Scratch Fene 1h00:13.885
22   Raúl Martínez   Óscar Martínez Citroën C2 GT Congostra Team Sanxenxo 1h00:14.341
23   Rubén Gandoy   Sergio Meizoso Peugeot 206 XS Siroco Narón 1h00:17.516
24   Ignacio Sanesteban   Cristóbal Vergara Renault Clio Sport Scratch Fene 1h00:45.721
25   Juan Ricardo Costoya   Toni Soto Ford Sierra Cosworth 4x4 Siroco Narón 1h00:57.880
26   Roberto Rendal   Francisco García Ford Fiesta N5 RVS Motorsport 1h01:05.397
27   José Manuel Cabezas   Luis Miguel Prego Peugeot 106 GTI RVS Motorsport 1h01:18.459
28   Pablo Gómez   Manuel Barreiro BMW 318 E30 Berberecho 1h01:28.388
29   David Busto   Óscar García Ford Fiesta ST Berberecho 1h01:28.773
30   Miguel Ángel Caeiro   Miguel Raído Peugeot 106 S16 Cuntis V.T. 1h01:36.223
31   Antonio Amor   Marcos López Seat 1430-1800 Moeche 1h01:36.876
32   José Rubén Teijeiro   Eloy Calvo Citroën C2 R2 Siroco Narón 1h01:38.368
33   Daniel Gandoy   María Sueiras Peugeot 106 GTI Siroco Narón 1h01:43.162
34   Rubén López   Carlos González BMW 320i E36 Siroco Narón 1h01:53.536
35   Alejandro Martínez   Nicolás Meizoso Renault Clio Sport A. Ferrol 1h02:01.330
36   Fernando Vilela   Roberto Carlos Bouza Opel Corsa GSI Moeche 1h02:59.032
37   Delfino Ramos   Joaquín Carril Citroën AX GTI Melide Motorsport 1h03:00.244
38   Pedro Blanco   Ian Quintana Peugeot 106 GTI Ourense 1h03:01.818
39   Diego González   Diego García Díaz Citroën Saxo VTS Moeche 1h03:32.833
40   Manuel Souto   Diego Vázquez Citroën Saxo VTS Santiago 1h03:43.451
  1. "Regulamento particular" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xuño de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  2. "Tramos, horarios y lista de inscritos Rallye de Narón 2019" (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  3. "Lista de inscritos" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xuño de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  4. "Autorizados a tomar a saída" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xuño de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Iago Caamaño revive el triunfo de su padre en Narón 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  6. "Clasificación sección 2 Narón" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  7. "De 40 km a 100, del Citroën Visa 1.000 Pistas al Ford Fiesta R5, de la tierra al asfalto…" (en castelán). 27 de xuño de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Rally Rías Baixas
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally Sur do Condado