Tino Iglesias

piloto galego de automobilismo

Celestino Iglesias Cores, máis coñecido como Tino Iglesias, nado en Ribadumia o 14 de marzo de 1962, é un piloto galego de automobilismo.

Infotaula de personaTino Iglesias

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Ribadumia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally , motorista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally
autoslalom (pt) Traducir
carreira de montaña Editar o valor em Wikidata

Compite habitualmente en varias modalidades e competicións de xeito simultáneo e incluso no mesmo día.[1] É o piloto máis laureado do Campionato de Galicia de Autocross con seis títulos (en 2010, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016) e foi campión de Galicia de slálom en 2010. Corre ininterrompidamente dende o ano 2000 no Campionato de Galicia de Rally, onde foi subcampión na tempada 2014, por detrás de Iván Ares. Ademais rematou outras cinco veces entre os seis primeiros clasificados do campionato, no que suma máis de 120 rallys.

Compite tamén no Campionato de España de Rally de Terra e no Campionato de Galicia de Rallymix. Ten disputado ademais varias probas do Campionato de España de Rallys, do Campionato de Galicia de Montaña e dúas veces o Rally Cataluña, do Campionato do Mundo de Rally.

O seu copiloto habitual é o seu irmán Jorge. É pai do tamén piloto Celestino Iglesias Duarte, alcumado Tinín.

Traxectoria editar

Comezou nos rallys nos anos 90 como copiloto de Jaime Castro, xefe do taller de despece no que traballaba. Despois de montar o seu propio taller comezou a competir como piloto no ano 2000. Debutou no Rally do Albariño dese ano, que pasaba a carón da súa casa.[2]

Dende entón participou en todas as edicións do campionato galego, obtendo os seus mellores resultados na tempada 2014, cando conseguiu os seus primeiros podios (3º no Sur do Condado e 2º no Comarca da Ulloa) e obtivo a súa primeira e única vitoria no campionato, na primeira edición do Rally Eurocidade Tui-Valença.[3] Rematou a competición como subcampión, por detrás de Iván Ares, nunha tempada na que ademais foi campión galego de rally do grupo A, campión galego de rallymix na Agrupación 2, campión galego de rallymix na clase B, campión galego de autocross, campión da Copa Top Ten Driver Pirelli e campión da Copa Elf.[4] Un ano antes participara por segunda vez no Rally Cataluña, do Campionato do Mundo de Rally, quedando en 28ª posición na xeral e campión do grupo 6.[5]

 
Tino e Jorge Iglesias co Citroën Saxo no Rally do Cocido de 2017

Logrou seis títulos do Campionato de Galicia de Autocross, cinco en categoría de máis de 1.600cc e un en menos de 1.600cc, o que o converte no piloto máis laureado do campionato,[6] ademais de numerosos segundos e terceiros postos, en ocasións rematando por detrás do seu fillo Tinín, tres veces campión da modalidade.[7][8] Tamén ten competido no Campionato de España de Autocross, obtendo como mellor resultado un sexto posto na xeral en 2013, cando quedou ademais subcampión da división 2.[9]

Notas editar

  1. Gómez, Pablo (2 de xuño de 2016). "Iglesias, en misa y repicando". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  2. "Constructor, piloto, campeón". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de outubro de 2011. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  3. "Tino Iglesias vence el Rali Eurocidade ante Ricardo Costa, y se proclama Campeón en el Trofeo Driver Pirelli" (en castelán). 9 de novembro de 2014. Consultado o 4 de maio de 2020. 
  4. "EL EQUIPO TINO RACING CONFIRMA SU PARTICIPACION EN EL RALLYMIX. ENTRE ELLOS TINO IGLESIAS “EL HOMBRE EL AÑO 2014 EN EL AUTOMOVILISMO GALLEGO” Y SU HIJO TININ" (en castelán). 17 de setembro de 2015. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  5. "Tino Iglesias voló en Cataluña". Diario de Arousa (en castelán). 29 de outubro de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  6. "REGULAMENTO PARA OS CAMPIONATOS DEGALICIA DE AUTOCROSS-RALLYCROSS 2020" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  7. "Clasificación final Autocross 2017" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  8. "Clasificación final Autocross 2019" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  9. "Clasificacións Campionatos de España de 2013" (PDF). Real Federación Española de Automobilismo (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar