Cerdido

concello da provincia da Coruña

Coordenadas: 43°36′43″N 07°57′17″O / 43.61194, -7.95472

Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 1249 habitantes (1361 no 2010, 1496 no 2006, 1522 no 2005, 1558 no 2004, 1589 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cerdidense».

Cerdido
Escudo de Cerdido
Casa do Concello de Cerdido.JPG
Casa do Concello
Situacion Cerdido.PNG
Situación
Xentilicio[1]cerdidense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Ortegal
Poboación1.060 hab. (2022)[2][3]
Área52,7 km²[3]
Densidade20,11 hab./km²
Entidades de poboación3 parroquias[4]
Capital do concelloAs Felgosas
Política (2019[5])
AlcaldeBenigno Galego Castro (PSdeG-PSOE[6])
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Cerdido
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes89,06%
Na rede
www.cerdido.org
editar datos en Wikidata ]

DemografíaEditar

Censo total 2014 1249 habitantes
Menores de 15 anos 93 (7,44 %)
Entre 15 e 64 anos 683 (54,68 %)
Maiores de 65 anos 473 (37,87 %)
Evolución da poboación de Cerdido   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
3060 3350 3696 2195 1558 1361 1312 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

ToponimiaEditar

O topónimo deriva do latín quercetum, debido á abundancia de carballos da zona, ou de cer(e)setum, neste caso de cerdeiras[8].

XeografíaEditar

O concello sitúase ao norte da provincia da Coruña. Limita ao norte con Cedeira, ao leste con Ortigueira, ao sur coas Somozas e Moeche, e ao oeste con Valdoviño. Ten unha extensión de 52,63 km², cunha altitude media de 240 m. Ten espazo dentro da zona especial de conservación (ZEC) Ortigueira - Mera da Rede Natura 2000.[9]

Atópase entre as serras de Forgoselo e A Faladoira e o val de San Sadurniño. Os diversos ríos e regatos que discorren polo territorio verquen as augas en dúas cuncas: a do río Mera, que desemboca na ría de Ortigueira, e o río Porto do Cabo, que desemboca na ría de Cedeira.

A máxima altura atópase no monte de Francoi (408 m). Outros cumios son o monte Texón (326 m) e o Couto da Forca (356 m), entre os cales está o val do río de Pontellas. Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves.

HistoriaEditar

No castro de Cerdido, preto do lugar da Igrexa, foi atopado en 1840 un torque de ouro moi diferente aos atopados en Galiza, máis parecido aos presentes en Irlanda.

No século VI, durante o reino suevo, foi incluído no condado de Labacengos, pertencente á diocese de Iria Flavia.

O topónimo de Cerdido aparece documentado por vez primeira nun documento do 3 de novembro de 1152, polo cal Fernán Pérez e a súa muller Sancha González, doan os bens da igrexa de San Martiño de Cerdido ao mosteiro de San Martiño de Xuvia.

No século XVII o marqués de San Sadurniño (que tamén posuía o título de vizconde de Cerdido) designaba un xuíz para o concello. Trala división local e provincial do século XIX o concello quedou formado polas parroquias de Cerdido e Os Casás. A Barqueira converteuse en parroquia en 1869, ao formarse un núcleo de certa importancia no barrio de Malados, na estrada entre Ferrol e Viveiro, onde había un mesón e a capela de Santo Antón. A Barqueira era o nome do mesón.

Goberno municipalEditar

Alcalde durante varias décadas, Bernardino Breijo (PP) renunciou a esta condición e á de edil na corporación municipal en abril de 2006, a pouco máis dun ano das seguintes eleccións locais. Entrou no seu lugar, como alcaldesa, Ana Rodríguez Montero.

Nos comicios de maio de 2007, o PP volveu ser o máis votado, pero perdeu un escano, acadando 5 concelleiros. Obtivo maioría absoluta, fronte aos 2 edís do BNG e os outros 2 que recolleu o PSdeG-PSOE. Ana Rodríguez Monteiro repetiu como rexedora.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Cerdido.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerdido

A Barqueira (Santo Antonio) | Os Casás (San Xoán) | Cerdido (San Martiño)

Lugares de CerdidoEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerdido vexa: Lugares de Cerdido.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Cerdido".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Concello de Cerdido na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Navaza Blanco, A. (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 208. ISBN 84-95892-53-7. 
  9. "Ortigueira-Mera Código. ZEC ES1110001. Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-05. 

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.