Cedeira

concello da comarca de Ferrol, na provincia da Coruña

Cedeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 7.147 habitantes (7.465 no 2009, 7.443 no 2006, 7.429 no 2005, 7.477 no 2004, 7.498 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cedeirense» ou «cedeirés».

Modelo:Xeografía políticaCedeira
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°39′N 8°03′O / 43.65, -8.05
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalCedeira Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación6.529 (2023) Editar o valor en Wikidata (76,04 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie85,86 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude137 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataPablo Moreda Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Cedeira Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15350/15357 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15022 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcedeira.es Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

O concello de Cedeira, de 84 km², limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao sur con Cerdido e Valdoviño e ao oeste con Cariño e Ortigueira. O seu territorio está delimitado pola serra do Eixil e a serra da Capelada, formando os vales fluviais do río Condomiñas, que desemboca na ría de Cedeira, e do río Mestas, que forma o estuario de Esteiro antes de desembocar no océano en Vilarrube.

Está comunicado a través da estrada C-646 que vai cara a Ferrol, e da C-642, que vai cara a Ortigueira.

Poboación

editar

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, 1857-2011

Evolución da poboación de Cedeira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.219 7.430 7.709 8.074 7.477 7.254
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 2014 7.147 habitantes
Menores de 15 anos 769 (10.76 %)
Entre 15 e 64 anos 4.381 (61.3 %)
Maiores de 65 anos 1.997 (27.94 %)

Goberno municipal

editar

Alcaldes democráticos de Cedeira foron: Manuel Fernández Freijeiro, Leopoldo Rubido Ramonde, Xoán Xosé Rodríguez, Xosé Luis Vergara e Luís Rubido.[Cómpre referencia]

Na etapa democrática o popular Leopoldo Rubido estivo na alcaldía desde 1979 ata 1999.

Tras unha paréntese de catro anos de goberno liderado polo BNG, Rubido volveu ser alcalde entre 2003 e 2007.

Dende xuño de 2007, o socialista José Luis Vergara foi alcalde de Cedeira tras un pacto de goberno entre PSdeG-PSOE, BNG e TEGA.

De novo no ano 2011 volveu a soster o bastón municipal Leopoldo Rubido sendo substituído por Luís Rubido.

Desde o 2015 Pablo Moreda é o alcalde de Cedeira polo PSOE co apoio do BNG e mais ANOVA.

Historia

editar

Hai restos da Idade de Bronce, como machados de pedra pulimentada atopados en Régoa, Montoxo e Piñeiro.

Durante o período castrexo a zona estaba habitada polos lapatiancos (ou labacenos). Hai restos de poboados castrexos en zonas altas (como o castro das Croas, na península Robaleira), castros de ribeira (como o castro de Santalla de Cervo) ou sobre un esporón (como o castro das Alcaiás, en Montoxo, no que se atopou un torque de ouro).

Trala romanización deuse ao lugar o topónimo latino de Cetaria, rada costeira cara onde os pescadores dirixían os grandes animais mariños, (atúns, baleas...) para facilitar a súa captura[Cómpre referencia].

No século XII as terras pertencían ao conde de Traba. No século seguinte Fernando III confirmou varias doazóns de terras ao mosteiro de Oseira. No século XIV pasou a ser propiedade do conde de Lemos, que por concesión de Henrique II nomeaba os alcaldes e xuíces da zona. Até 1811, en que se suprimiron os señoríos, as terras seguiron pertencendo aos Lemos, que no século XVI se xuntaran cos Andrade. A zona pertencía á provincia de Betanzos do reino de Galicia, até que en 1834 se fixo a distribución provincial actual.

No século XVIII construíuse nun outeiro a carón do porto o castelo da Concepción, do que se conservan as murallas, levantado para a defensa naval. Na actualidade é museo comarcal e miradoiro turístico.

Fronte a el sitúase a ermida de Santo Antón de Corveiro, do século XVII.

O centro histórico de Cedeira, situado á beira dereita do río Condomiñas, estivo amurallado no medievo. Nalgunhas das casas consérvanse os escudos nobiliarios dos antigos propietarios, como os Andrade, Montenegro, Pardo ou Pieiro.

Entre 1883 e 1886 editouse en Cedeira o periódico El Horizonte. Xa no século XX apareceron Nueva Cedeira (1924-1936) e La Antorcha (1930-1931).

Lugares de interese

editar

Neste concello está o santuario de Santo André de Teixido e os cantís máis altos da Europa continental, a Vixía Herbeira.

As murallas que rodeaban a antiga vila desapareceron na súa maior parte, aínda que se conserva algún resto dela. Aínda así manteuse o seu pasado medieval, que se pode ver no paseo polas súas estreitas e empinadas rúas. Nalgunha das súas construcións aparecen escudos de armas das familias que habitaron as súas casas. Entre as antigas construcións podemos ver algunha casa con galerías, xa pertencentes aos séculos XVIII e XIX. Arredor do río Condomiñas medrou a nova Cedeira. Na zona intermedia do paseo marítimo atópase, sobre unha rocha, o monumento á muller do pescador. O porto é un dos máis importantes das Rías Altas galegas, grazas ás capturas de especies como a pescada, o rapante, a lagosta ou os percebes.[Cómpre referencia]

 
Fachada e torre da igrexa parroquial.
  • Igrexa parroquial de Santa María do Mar. Atópase na parte alta da do centro histórico. É de estilo gótico mariñeiro con planta basilical orixinal e ábsida rectangular. A súa construción data do século XV. Consta de tres corpos con cuberta de madeira e unha capela maior. Diversas reformas posteriores á súa construción engadíronlle dous corpos laterais, que lle deron aspecto cruciforme. A fachada é sinxela, cun arco de medio punto. A torre lateral foi engadida en 1839. No interior, está o sepulcro xacente do cabaleiro Alonso de Pyñeiro, con data de 1450. Tamén son de interese as imaxes da Virxe do Parto (século XVI) e a Velilla (século XVII), renacentista unha e barroca a outra. A imaxe da Virxe do Mar, patroa da vila, é obra do escultor José Rivas en 1917.
  • Priorato de Regoa.
  • Igrexa de Piñeiro.
  • Igrexa de Esteiro.
  • Capela de Reboredo.
  • Castelo da Concepción. Na zona final do porto, sobre un cantil, atópase o castelo da Concepción, construído no século XVIII para protexer a costa de incursións marítimas, que destruíran as antigas fortificacións de defensa. Con axuda da poboación, construíuse o actual, que chegou a ter trinta homes ao coidado doutros tantos canóns. O edificio é de planta hexagonal, cunha gran vista panorámica da entrada da ría de Cedeira e das praias da Magdalena e de Pantín, xa no veciño concello de Valdoviño. No edificio pódense visitar as antigas dependencias e almacéns para a vida dos soldados.
 
Ermida e cruceiro de San Antonio de Corveiro.
  • Capela de Santo Antón de Corveiro. A ermida de Santo Antón de Corveiro comezouse a construír en 1661. Está situada nunha contorna dende a que se contempla unha panorámica da entrada da ría. No interior, destaca o retablo barroco, procedente da igrexa parroquial. No campo que arrodea á ermida atópase un cruceiro de pedra sepentina, que foi levado alí dende o antigo cemiterio de Cedeira.
  • Garita da Herbeira. Con 620 m sobre o nivel do mar son os acantilados máis altos de Europa.
  • Restos da antiga muralla. Cedeira estaba rodeada por unha muralla que xa está desaparecida case na súa totalidade. Aínda queda unha parte pequena que pode ser visitada e que pode dar idea do que era a Cedeira medieval.
  • Campo do Castro. Aquí podemos ver un antigo castro que está situado sobre uns acantilados defensivos. Apréciase moi ben o antigo foxo. Tamén hai unhas antigas baterías que facían un conxunto coa fortaleza da Magdalena. Até hai pouco aínda se podía ver un canón. A atalaia é un miradoiro natural da ria de Cedeira.
  • Arquitectura mariñeira. Aínda poden atoparse edificios de tipoloxía mariñeira, como unha casa con soportal no empezo da rúa Fernando Lago/Praza da Reitoral e dúas casas con balconada, Arriba da Ponte.
  • Casas con galería. A vila de Cedeira foise estirando en liña coa beiramar e o río Condomiñas ata formar un paseo de casas con galería no dique do porto, que antes da construción do porto pesqueiro servía para o atraque de trincados e para a realización de traballos pesqueiros e a estiba de mercadorías.
  • Escolas Indianas. Nas parroquias de Piñeiro e Esteiro a emigración transoceánica cedeirense en Cuba creou asociacións benéfico-asistenciais que financiaron no primeiro terzo do século XX tres escolas. Estas fundacións naceron da convicción de que a educación servía para a mellora económica e social e para a rexeneración da vida política.
  • Praza do Peixe. Hoxe convertida en aparcadoiro. Sitio de venda do peixe ó lado do dique do porto. Lugar onde tamén se celebraba a festa da Padroa ata que foi trasladada á parroquia veciña de Piñeiro no medio dunha gran contestación social dos veciños da vila ó berro de "Queremos a festa na Praza do Peixe".[Cómpre referencia]
  • Fonte da Pixana. Cunha estatua alegórica do verán.
  • Fonte de Fernando Lago.
  • Praza da Vila. Nesta praza encontrábase o tinglado e mais a casa reitoral coa súa fonte pública. Nos anos sesenta a praza e maila reitoral foron destruídas para construír un mercado que posteriormente tamén foi derruído.[Cómpre referencia]
  • Praia da Magdalena.

Economía

editar

A economía de Cedeira está ligada ao mar a á transformación e comercialización de servizos. Ten importancia na zona o sector forestal na explotación madeireira de eucaliptos. En 2008 iniciouse a construción do Parque empresarial A Trabe.

Festas

editar

Cedeira celebra as seguintes festas:[Cómpre referencia]

  • Maio: Romaría e Festa de San Isidro.
  • Xuño : Romaria de Santo Antón de Corveiro patrón da Ribeira.
  • Xullo: Curro da Capelada e Festa do Percebe. Carme de Regoa. San Fiz de Esteiro.
  • Agosto: A Patroa, festa maior de Cedeira na honra da Virxe do Mar. San Roque de Reboredo. Lugnasad.
  • Setembro. Festa en San Román. Festas de Santo André de Teixido.
  • Novembro: Todos os Santos.
editar
  • Meu señor San Andresiño/ póñano-lo vento en popa/ que somo-los de Cariño,/ traémo-la vela rota [1].
  • Para peixe fresco Vigo,/ para chocos, Redondela, / para camaróns Moaña,/ para marisco Cedeira.

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Cedeira.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Lugares de Cedeira

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cedeira vexa: Lugares de Cedeira.

  1. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13. Santo André de Teixido é unha parroquia do concello de Cedeira, concello que linda ó leste co de Cariño.
  2. DECRETO 414/2009, do 12 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cedeira, A Coruña.

Véxase tamén

editar