Teixido, Cedeira
Santo André de Teixido, coñecida popularmente como San Andrés de Lonxe, é unha parroquia situada no leste do concello de Cedeira, na Serra da Capelada, preto dos cantís sobre o mar. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 50 habitantes (33 homes e 17 mulleres).
Teixido | |
---|---|
![]() Santuario de Santo André de Teixido. | |
Concello | Cedeira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°42′31″N 7°59′03″O / 43.708611111111, -7.9841666666667Coordenadas: 43°42′31″N 7°59′03″O / 43.708611111111, -7.9841666666667 |
Poboación | 50 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Neste lugar atópase o santuario de Santo André de Teixido, famoso lugar de peregrinación.
Lugares de intereseEditar
Ademais da capela de Santo André, teñen tamén interese a Fonte do Santo e o miradoiro natural de Vixía de Herbeira, por riba dos cantís que, cos 620 metros de altura, teñen a maior cota sobre o mar de toda Europa.
Curro da CapeladaEditar
O curro da Capelada é unha "rapa das bestas" que se celebra preto de Santo André de Teixido, no Monte da Pena Toxosa, o último domingo de xuño.
Teixido na literatura popularEditar
- Refraneiro
- A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
- A san Andrés van ás veces dous e volven tres.
- Cantigueiro
- A San Andrés de Teixido/ fun coa cesta na cabeza,/ fun por mar e vin por terra/ o santiño mo agradeza [2].
- Fun ó santo San Andrés/ alá no cabo do mundo;/ sólo por te ver, meu santo,/ tres días hai que non durmo [2].
- Fun ó santo San Andrés,/ fun alá e hei volver,/ quedoume a ñima mantilla/ no seu altar por coller [2].
- Fun ó santo San Andrés/ fun coa miña empanada,/ anque o santo é milagreiro/ é amigo da fuliada [2].
- Indo para San Andrés/ seica me veu un agoiro,/ non puiden levar a pedra/ ó primeiro amilladoiro [2].
- Meu divino San Andrés/ este ano alá non vou,/ pola falta de diñeiro/ moita xente se quedou [2].
- Meu divino San Andrés,/ tellas do voso tellado,/ elas de lonxe parecen/ ouro fino amartelado [2].
- Meu señor San Andresiño/ póñano-lo vento en popa/ que somo-los de Cariño,/ traémo-la vela rota [3].
- Meu señor San Andresiño/ que está na alta ribeira,/ véñolle pedir, meu santo,/ a salvación verdadeira [2].
- Meu señor San Andresiño/ que estás na alta montaña,/ este ano vin solteira,/ pro o que vén virei casada [2].
- O divino San Andrés/ mandou empedrar o mar/ para que os seus romeiriños/ o foran a visitar [2].
- O San Andrés de Teixido/ está dereito na porta/ mirando para os romeiros/ como lle baixan a costa [2].
- Pasei a ponte do Porco,/ paseille a man polo lombo,/ meu divino San Andrés/ o voso camiño é longo [4].
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Teixido, Cedeira.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de TeixidoEditar
Lugares da parroquia de Teixido no concello de Cedeira (A Coruña) | |
---|---|
Biduído | A Candocia | Lamelas | Meizoso | Teixidelo |
Parroquias de CedeiraEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Vicente Risco, 405.
- ↑ Lino Lema Bouzas, 13. Cedeira e Cariño son concellos limítrofes.
- ↑ Vicente Risco, 405. Refírese á ponte do Porco, sobre o río Lambre, en Miño (A Coruña) construída por Fernán Pérez de Andrade no século XIV.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
- RISCO, Vicente: "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).
- TORRES, Xohana: Teixido. San Andrés de Lonxe: Mitos e Ritos; Engaiolarte, Vigo, 2017