Esteiro, Cedeira

parroquia civil do concello de Cedeira

Coordenadas: 43°38′35″N 8°03′34″O / 43.6429955, -8.0593354

San Fiz de Esteiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 562 habitantes (284 homes e 278 mulleres), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 588 habitantes.

Esteiro
Igrexa de San Fiz.jpg
Igrexa de San Fiz
Mapa Esteiro.PNG
ConcelloCedeira
Poboación497 hab. (2017)
Entidades de poboación31

XeografíaEditar

A parroquia de Esteiro esténdese pola ribeira sur da ría de Cedeira e na marxe dereita do río Porto do Cabo. Ten como lindes polo norte a parroquia de Piñeiro separada polo regato de Cordobelas e o alto da Trabe; polo sur limita coas terras do concello de Cerdido no río Porto do Cabo, e polo oeste o mesmo río sepáraa das do concello de Valdoviño.

A estrada de Ferrol a Cedeira atravesa esta parroquia de norte a sur bordeando a ría polos lugares de Lamestra, Sáa, Campo da Cruz e Cordobelas. Dende esta sae outra que vai até San Román de Montoxo polos lugares de Vilela, Laxe, Sisalde e Noval

PatrimonioEditar

Na beira dereita do río Lamestra ao pe da estrada que vai até San Román de Montoxo érguese a igrexa parroquial na honra de San Fiz.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de EsteiroEditar

Lugares da parroquia de Esteiro no concello de Cedeira

Ardeón | O Barral | Campelo | Campo da Cruz | Cordobelas | Corveiral | A Costa | Os Edreiros | Fontefría | Os Freires | A Laboreña | A Laxe | Os Loureiros | A Madalena | Noval | Pedralba | As Pedras | A Pedreira | As Penas | O Peneiro | O Porto do Cabo | A Poza | Redemuíños | Saa | San Miguel | Santallamar | Santo Isidro | Sisalde Cativo | Sisalde Maior | Vilarcai | Vilela


Parroquias de CedeiraEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar